Gran Premio do Canadá de 2024

Gran Premio do Canadá de 2024 (coñecido oficialmente como Formula 1 AWS Grand Prix du Canada 2024) é unha carreira de motor de Fórmula 1, que celebrouse o 9 de xuño de 2024 no Circuíto Gilles Villeneuve en Montreal, Quebec, Canadá. Foi a novena proba do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024.

Gran Premio de Canadá de 2024
Detalles da carreira[1]
Carreira 9 de 24 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024.
Trazado do circuíto Gilles Villeneuve.
Trazado do circuíto Gilles Villeneuve.
Data 9 de xuño de 2024
Nome oficial Formula 1 AWS Grand Prix du Canada 2024
Localización Circuíto Gilles Villeneuve
Montreal, Canadá
Percorrido Circuíto urbano
4´361 km
Distancia 70 voltas, 305´27 km
ClimaChuvia no inicio, logo seco
Pole position
Piloto George Russell Mercedes
Tempo 1:12.000
Volta rápida
Piloto Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:14.856 na volta 70
Podio
Primeiro Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT
Segundo Lando Norris McLaren-Mercedes
Terceiro George Russell Mercedes

Antecedentes

editar

O evento tivo lugar no Circuíto Gilles Villeneuve de Montreal por 43ª vez na historia do circuíto, durante a fin de semana do 7 ao 9 de xuño.[2] O Gran Premio foi a novena proba do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024 e a 53ª edición do Gran Premio do Canadá como unha proba do Campionato do Mundo de Fórmula Un.[3]

Clasificación do campionato antes da carreira

editar

Max Verstappen lideraba o Campionato de Pilotos con 169 puntos, 31 puntos por diante de Charles Leclerc segundo e 56 por diante do seu compañeiro Sergio Pérez Mendoza en terceiro lugar. Red Bull Racing, con 276 puntos, lideraba o Campionato de Construtores por diante de Ferrari e McLaren, segundo e terceiro con 252 e 184 puntos, respectivamente.[4]

Pneus dispoñibles

editar
Artigo principal: Pneumáticos de Fórmula 1.

O provedor de pneumáticos Pirelli levou os compostos de pneumáticos C3, C4 e C5 (os tres máis brandos da súa gama) designados como duro, medio e brando, respectivamente, para que os equipos os usaran no evento.[5]

Pneus dispoñibles para Montreal
Pneus para pista seca Pneus para chuvia
 
Duros (Tipo C3)
 
sans_cadre
Medios (Tipo C4)
 
Brandos (Tipo C5)
     
Intermedios
    
      Chuvia

Sancións

editar

Esteban Ocon de Alpine ten unha sanción na grella de cinco postos por causar unha colisión co seu compañeiro de equipo Pierre Gasly no anterior Gran Premio de Mónaco.[6]

Práctica

editar

Para o evento celebráronse tres sesións de adestramentos libres. A primeira sesión de adestramentos libres celebrouse o 7 de xuño de 2024, ás 13:30 hora local (UTC−4), e foi encabezada por Lando Norris de McLaren por diante de Carlos Sainz Vázquez de Castro. de Ferrari e o seu compañeiro de equipo Charles Leclerc. A segunda sesión de adestramentos libres celebrouse o mesmo día, ás 17:00 hora local, e encabezouna Fernando Alonso de Aston Martin por diante de George Russell de Mercedes e o compañeiro de equipo de Alonso Lance Stroll. A terceira sesión de adestramentos libres celebrouse o 8 de xuño de 2024, ás 12:30 hora local, e encabezouna Lewis Hamilton de Mercedes por diante de Max Verstappen de Red Bull Racing e o compañeiro de equipo de Hamilton, Russell.[1]

Cualificación

editar

A cualificación celebrouse o 8 de xuño de 2024, ás 16:00 hora local (UTC−4).[1]

Informe da cualificación

editar

George Russell marcou un tempo idéntico a Max Verstappen na Q3 pero logrou a pole position en virtude de marcar a súa volta antes, [7] foi a segunda vez que a pole position se decidiu dese xeito desde que a Fórmula Un adoptou o sistema de cronometraxe de tres decimais despois do Gran Premio de Europa de 1997.[8]

Clasificación da cualificación

editar
Pos. Piloto Construtor Tempos cualificación Grella
Q1 Q2 Q3
1 63   George Russell Mercedes 1:13.013 1:11.742 1:12.000 1[9]
2 1   Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT 1:12.360 1:12.549 1:12.000 2[9]
3 4   Lando Norris McLaren-Mercedes 1:12.959 1:12.201 1:12.021 3
4 81   Oscar Piastri McLaren-Mercedes 1:12.907 1:12.462 1:12.103 4
5 3   Daniel Ricciardo RB-Honda RBPT 1:13.240 1:12.572 1:12.178 5
6 14   Fernando Alonso Aston Martin Aramco-Mercedes 1:13.117 1:12.635 1:12.228 6
7 44   Lewis Hamilton Mercedes 1:12.851 1:11.979 1:12.280 7
8 22   Yuki Tsunoda RB-Honda RBPT 1:12.748 1:12.303 1:12.414 8
9 18   Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 1:13.088 1:12.659 1:12.701 9
10 23   Alexander Albon Williams-Mercedes 1:12.896 1:12.485 1:12.976 10
11 16   Charles Leclerc Ferrari 1:13.107 1:12.691 11
12 55   Carlos Sainz Ferrari 1:13.038 1:12.728 12
13 2   Logan Sargeant Williams-Mercedes 1:13.063 1:12.736 13
14 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:13.217 1:12.916 14
15 10   Pierre Gasly Alpine-Renault 1:13.289 1:12.940 15
16 11   Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda RBPT 1:13.326 16
17 77   Valtteri Bottas Kick Sauber-Ferrari 1:13.366 17
18 31   Esteban Ocon Alpine-Renault 1:13.435 20[10]
19 27   Nico Hülkenberg Haas-Ferrari 1:13.978 18
20 24   Guanyu Zhou Kick Sauber-Ferrari 1:14.292 19
107% tempo: 1:17.425
Fonte:[11][12]

Carreira

editar

A carreira celebrouse o 9 de xuño de 2024, ás 14:00 hora local (UTC−4), e disputouse durante 70 voltas.[1]

Informe da carreira

editar

Os Saubers cambiaron as súas ás traseiras durante o parque pechado, relegándoos a unha saída desde boxes. A carreira declarouse en mollado, o que cambiou as estratexias de carreira, a maioria dos pilotos montaron pneumáticos intermedios, pero Haas optou por arrancar os seus pilotos con pneumáticos de mollado. Na saída baixo a chuvia, George Russell mantivo o liderado, Kevin Magnussen beneficiouse de inmediato dos pneumáticos para mollado, e subiu ata o cuarto lugar mentres Nico Hülkenberg abríuse camiño ata os puntos. Charles Leclerc, que gañara a carreira anterior en Mónaco, notou problemas no motor do seu Ferrari SF-24, reducindo o seu ritmo. Quedou atrapado no medio do grupo durante a maior parte da carreira.[13]

Na oitava volta, as condicións comezaron a cambiar. A choiva estaba aclarando, polo que os pilotos pasaron aos intermedios. Magnussen tivo problemas cando o seu equipo de boxes non tiña preparados os pneumáticos intermedios. Lando Norris superou a Max Verstappen co DRS na volta 20, o que o levou á cabeza. Logan Sargeant trompeou na chicana das curvas 3 e 4 e bateu contra o muro, retirouse provocando o primeiro coche de seguridade. Norris entrou a boxes demasiado tarde para cambiar os pneumáticos, polo que outros pilotos, incluído Verstappen, gañaron unha vantaxe ao cambiar antes os pneumáticos. Norris caeu ao terceiro posto por detrás de Verstappen e Russell.[13]

O coche de seguridade retirouse da pista na volta 29. Leclerc, que xa sufría problemas de motor, cambiou a pneumáticos duros, caendo ao último lugar. Leclerc pronto retiraríase da carreira, os problemas da unidade de potencia persistían. Na reanudación, Verstappen mantivo a vantaxe por diante de Russell. Mentres tanto, Alexander Albon adiantou a Daniel Ricciardo e a Esteban Ocon na ültima curva, pero víu como Carlos Sainz trompeou camiño da curva 7. Non puido evitar ao Ferrari, levouno por diante, e él e Sainz víronse obrigados a retirarse. Ferrari non conseguiu puntos por primeira vez desde o Gran Premio de Australia de 2023. Esta foi a primeira retirada de Ferrari da tempada, e a súa primeira retirada dobre desde o Gran Premio de Acerbaixán de 2022.[13][14] Sergio Pérez, que quedara eliminado na Q1 por segundo fin de semana consecutivo, non puido rematar unha vez máis despois de trompear e bater contra o muro na curva seis, logo de facer aquaplaning, golpeando o alerón traseiro do seu RB20 e destruíndoo. O seu equipo recomendoulle que volvese aos boxes para retirarse, xa que deixar o coche na pista provocaría un coche de seguridade. Non obstante, o incidente de Albon-Sainz provocou o segundo e último período de safety car.[13]

O período do coche de seguridade permitiu aos pilotos cambiar de novo os pneumáticos. Estes pilotos incluían a Russell e o seu compañeiro de equipo Lewis Hamilton, quen irían roda con roda con Russell gañando finalmente. Russell tamén loitou contra Oscar Piastri, este último mantivo o seu coche na pista mentres que Russell víuse forzado a saírse da pista nun incidente que finalmente foi considerado polos comisarios como un incidente de carreira. Yuki Tsunoda perdeu o control do seu RB e trompeou a través da pista, deixándoo nunha posición perigosa na pista da que case non puido escapar. Isto deixou a Tsunoda fóra dos puntos. Verstappen cruzou a liña de meta, gañando a carreira, a súa sexta vitoria, por diante de Norris e Russell. O terceiro posto de Russell foi o primeiro podio de Mercedes da tempada, e o seu compañeiro de equipo Hamilton anotou a volta rápida.[13]

Pérez recibiu unha sanción de perda de tres postos na grella para o seguinte Gran Premio de España. Seguindo o consello do equipo, para evitar unha situación de coche de seguridade, volveu renqueando aos boxes nun estado inseguro: o seu alerón traseiro xa estaba destruído, esparexendo restos na pista. Red Bull recibiu unha sanción de 25.000 polo incidente.[15]

Clasificación da carreira

editar
Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1   Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT 70 1:45:47.927 2 25
2 4   Lando Norris McLaren-Mercedes 70 +3.869 3 18
3 63   George Russell Mercedes 70 +4.317 1 15
4 44   Lewis Hamilton Mercedes 70 +4.915 7 13[16]
5 81   Oscar Piastri McLaren-Mercedes 70 +10.199 4 10
6 14   Fernando Alonso Aston Martin Aramco-Mercedes 70 +17.510 6 8
7 8   Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 70 +23.625 9 6
8 3   Daniel Ricciardo RB-Honda RBPT 70 +28.672 5 4
9 10   Pierre Gasly Alpine-Renault 70 +30.021 15 2
10 31   Esteban Ocon Alpine-Renault 70 +30.313 18 1
11 27   Nico Hülkenberg Haas-Ferrari 70 +30.824 17
12 20   Kevin Magnussen}} Haas-Ferrari 70 +31.253 14
13 77   Valtteri Bottas Kick Sauber-Ferrari 70 +40.487 PL
14 22   Yuki Tsunoda RB-Honda RBPT 70 +52.694 8
15 24   Guanyu Zhou Kick Sauber-Ferrari 69 +1 volta PL
Ret 55   Carlos Sainz Ferrari 52 Colisión 12
Ret 23   Alexander Albon Williams-Mercedes 52 Colisión 10
Ret 11   Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda RBPT 51 Accidente 16
Ret 16   Charles Leclerc Ferrari 40 Motor 11
Ret 2   Logan Sargeant Williams-Mercedes 23 Accidente 13
Volta rápida:   Lewis Hamilton (Mercedes) – 1:14.856 (volta 70)
Fonte:[12][17][18][19]

Notes

  • ^1 – Includes one point for fastest lap.[18]


Posicións logo da carreira

editar
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "2024 Canadian Grand Prix". Formula 1. 31 de maio de 2024. Consultado o 31 de maio de 2024. 
  2. "Montreal". StatsF1.com. Consultado o 1 de xuño de 2024. 
  3. "Montreal". StatsF1.com. Consultado o 1 de xuño de 2024. 
  4. "Monaco 2024 – Championship". Stats F1. 26 Maio de 2024. Consultado o 26 de maio de 2024. 
  5. "Same ”soft” trio for Imola, Monaco and Montreal". pirelli.com. 23 de abril de 2024. Consultado o 23 de abril de 2024. 
  6. "Ocon to take five-place grid drop at Canadian GP after dramatic first-lap clash with team mate Gasly in Monaco". Formula 1. 26 de maio de 2024. Consultado o 4 de xuño de 2024. 
  7. "‘I’ve missed this feeling!’ – Russell hails Mercedes progress after Canada pole as he vows to ‘go for it’ on race day". Formula 1. 9 June 2024. Consultado o 9 de xuño de 2024. 
  8. Kelly, Sean (9 de xuño de 2024). "Facts and stats: Verstappen eyes up a fourth straight win when starting P2 as Perez records back-to-back Q1 eliminations". Formula 1. Consultado o 9 de xuño de 2024. 
  9. 9,0 9,1 George Russell e Max Verstappen marcaron idénticos tempos de volta na Q3. Russell conseguiu a pole position,xa que foi o primeiro en acador o tempo.
  10. Esteban Ocon recibiu unha penalización de cinco postos na grella por causar unha colisión co seu compañeiro de equipo Pierre Gasly na rolda anterior.
  11. "Formula 1 AWS Grand Prix du Canada 2024 – Qualifying". Formula 1. 8 de xuño de 2024. Consultado o 8 de xuño de 2024. 
  12. 12,0 12,1 "Formula 1 AWS Grand Prix du Canada 2024 – Starting Grid". Formula 1. 8 Jde xuño de 2024. Consultado o 8 de xuño de 2024. 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 "Verstappen beats Norris to victory in thrilling wet/dry Canadian GP". Formula1.com. 9 de xuño de 2024. Consultado o 10 de xuño de 2024. 
  14. Nixon, Toby (11 de xuño de 2024). "This is why Ferrari's team principal feels under threat from McLaren". GPblog.com (en inglés). Consultado o 12 June 2024. 
  15. "Perez hit with three-place grid penalty for Spanish GP after infringement in Canada". Formula1.com. 9 June 2024. Consultado o 10 de xuño de 2024. 
  16. Inclúe un punto pola volta rápida
  17. "Formula 1 AWS Grand Prix du Canada 2024 – Race Result". Formula 1. 9 de xuño de 2024. Consultado o 9 de xuño de 2024. 
  18. 18,0 18,1 "Formula 1 AWS Grand Prix du Canada 2024 – Fastest Laps". Formula 1. 9 de xuño de 2024. Consultado o 9 de xuño de 2024. 
  19. "Canada 2024 – Result". Statsf1.com. Consultado o 9 de xuño de 2024. 
  20. 20,0 20,1 "Canada 2024 – Championship". Stats F1. 9 de xuño de 2024. Consultado o 9 de xuño de 2024. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar


Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 2024
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2024
Carreira seguinte:
Gran Premio de España de 2024
Carreira anterior:
Gran Premio do Canadá de 2023
Gran Premio do Canadá Carreira seguinte:
Gran Premio do Canadá de 2025