Oscar Jack Piastri, nado en Melbourne o 6 de abril de 2001, é un piloto de carreiras australiano que compite actualmente na Fórmula Un para McLaren, antes foi o piloto de reserva do Alpine F1 Team na tempada 2022, xa que estivo anteriormente no academia de pilotos do equipo. Gañou a Formula Renault Eurocup de 2019 con R-ace GP, e gañou o Campionato de FIA de Formula 3 de 2020 e o Campionato de Fórmula 2 de 2021 con Prema Racing. Só é o sexto piloto que gaña o campionato de GP2/Fórmula 2 na súa tempada de novato, e o quinto piloto que gaña o campionato de GP3/Fórmula 3 e o Campionato de GP2/Fórmula 2 en tempadas consecutivas. Fixo o seu debut na Fórmula 1 no 2023 pilotando para McLaren.

Modelo:BiografíaOscar Piastri

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en-au) Oscar Jack Piastri Editar o valor en Wikidata
6 de abril de 2001 Editar o valor en Wikidata (23 anos)
Melbourne, Australia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de carreiras, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaAustralia Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata

Facebook: OscarPiastriRacing Twitter: OscarPiastri Instagram: oscarpiastri Editar o valor en Wikidata

Vida persoal

editar

Oscar Piastri é fillo de Chris e Nicole (de solteira MacFadyen) Piastri en Melbourne, Australia. Asistiu ao Haileybury College Melbourne e ao Haileybury College do Reino Unido como alumno de internado cunha bolsa deportiva.[1][2][3] Chris Piastri serviu como mecánico do seu fillo durante os primeiros anos de Oscar nas carreiras en Australia e agora é o fundador e propietario de HP Tuners, unha empresa de software de diagnóstico de vehículos para automóbiles.[4] Oscar ten tres irmás.[5] Ten devanceiros italianos, iugoslavos e chineses.[6][7][8]

Inicios nas carreiras

editar

Karting

editar

Piastri comezou a correr con coches teledirixidos a nivel nacional antes de comezar a súa carreira de karting en 2011.[9] Despois de ser profesional e competir en varias carreiras e campionatos australianos en 2014,[10] Piastri comezou a competir en Europa e outros campionatos de karting sancionados pola CIK-FIA con Ricky Flynn Motorsport ao ano seguinte. Trasladouse ao Reino Unido para avanzar na súa carreira como pilotor en 2016, rematando sexto no Campionato do Mundo de 2016 en Bahrain.[11][12][13]

Fórmula 4

editar
 
Piastri correndo no British F4 en 2017

A principios de 2016, Piastri conseguiu o seu primeiro patrocinio importante, HP Tuners (fundado e propiedade do seu pai), que axudou a financiar a súa andaina nas carreiras. Amosouno no seu traxe de carreiras e no seu coche durante as tempadas da serie GP3, F3 e F2. Máis tarde, en 2016, Piastri fixo o seu debut nun monopraza en roldas seleccionadas do Campionato de Fórmula 4 dos EAU con Dragon F4, logrando dous podios para ocupar o sexto lugar do campionato.[14]

En 2017 Piastri foi elixido como parte da formación do TRS Arden Junior Racing Team para o campionato británico Británico de F4.[15] Alí logrou seis vitorias e seis pole positions para rematar como subcampión de Jamie Caroline.[16][17]

Serie GP3

editar

En decembro de 2018, Piastri participou na proba de postempada en Yas Marina con Trident.[18]

Fórmula Renault Eurocup

editar
 
Piastri correndo en Monza no Campionato Formula Renault Eurocup de 2018

En 2018, Piastri fixo o seu debut no campionato, reencontrándose con Arden.[19] Conseguindo tres podios, cunha segunda posición na segunda carreira en Hockenheim, rematou a tempada noveno no campionato.[20]

En decembro de 2018, anunciouse que Piastri cambiaría aos vixentes campións por equipos R-ace GP para o campionato 2019.[21] Obtivo a súa primeira vitoria na serie en Silverstone[22] e repetiu cunha segunda vitoria no mesmo circuíto un día despois.[23] Converteuse no primeiro piloto en gañar tres carreiras en 2019 tras conseguir a vitoria en Spa-Francorchamps en xullo,[24] e converteuse no campión tras lograr unha vitoria e o cuarto posto na rolda final en Yas Marina.[25]

Campionato da FIA de Fórmula 3

editar

Competiu no Campionato da FIA Fórmula 3 de 2020 co equipo Prema Racing. Gañou a súa carreira de debut na categoría en Austria. Subiu ao podio tres veces seguidas nas roldas 3 e 4, e volveu gañar na 2ª carreira de Barcelona. Subiu ao podio por última vez na 1ª carreira de Monza. Na última rolda, Piastri terminou sétimo na 2ª carreira, o que lle permitiu coroarse campión por tres puntos, por diante de Théo Pourchaire e o seu compañeiro Logan Sargeant.[26]

Fórmula 2

editar
 
Piastri pilotando para PREMA Racing na Fórmula 2 2021.

En 2021 continuou en Prema para competir no Campionato da FIA de Fórmula 2.[27] A súa primeira vitoria na categoría foi na 2ª carreira da primeira rolda.[28] Grazas aos bos resultados que inclúen dous podios en Mónaco, un en Bakú e outro en Silverstone, Piastri tomou o liderado do campionato despois da cuarta rolda, superando a Guanyu Zhou, o seu compañeiro de equipo na Academia Alpine.[29] Nas últimas catro xornadas logrou catro pole positions e cinco vitorias que lle permitiron facerse co título na última xornada do ano.[30]

Fórmula Un

editar

Piastri uniuse á Renault Sport Academy en xaneiro de 2020.[31][32] Despois de gañar o Campionato da FIA de Fórmula 3 no 2020, participou na súa primeira proba de Fórmula 1 en outubro co Renault F1 Team, conducindo o Renault R.S.18 no Circuíto Internacional de Bahrain xunto aos pilotos compañeiros na académia Christian Lundgaard e Zhou Guanyu.[33] Seguiu sendo parte da agora rebautizada Academia Alpine en 2021 e pilotou o Alpine A521 na proba de novos pilotos de postemporada no Circuíto de Yas Marina en decembro.[34]


Despois da súa vitoria na Fórmula 2, Piastri foi nomeado piloto de reserva do Alpine F1 Team para a tempada 2022.[35] Tamén estivo dispoñible como piloto reserva para McLaren tras un acordo entre os dous equipos.[36] Participou en máis sesións de probas no Alpine A521 durante toda a tempada, incluíndo o Circuíto das Américas, Circuíto Internacional de Losail e Circuíto de Silverstone.[37][38][39]

Alpine e Piastri chegaron a un acordo para finalizar o contrato de Piastri con Alpine o 12 de novembro de 2022, o que lle permitiu pilotar para McLaren na sesión de probas do Gran Premio de Abu Zabi.[40]

McLaren (2023–)

editar

Tempada 2023

editar

Piastri correu para McLaren no 2023 xunto a Lando Norris.[41][42] Alpine acordou rescindir o contrato de Piastri antes de tempo para permitir que Piastri se una a McLaren na sesión de probas de postempada inmediatamente despois do Gran Premio de Abu Zabi de 2022.[43] Na súa primeira carreira no Gran Premio de Bahrain, Piastri foi o primeiro retirarse da carreira na volta 14, onde o seu coche non se reiniciou tras un cambio de volante.[44]

Rexistro de carreiras

editar

Traxectoria profesional

editar
Tempada Series Equipo Carreiras Vitorias Poles V/Rápidas Podios Puntos Posición
2016–17 Formula 4 UAE Championship Dragon F4 11 0 0 0 2 94
2017 F4 British Championship TRS Arden Junior Team 30 6 6 5 13 376.5
Formula Renault NEC Arden Motorsport 2 0 0 0 0 26 21º
2018 Formula Renault Eurocup Arden Motorsport 20 0 0 0 3 110
Formula Renault NEC 8 0 0 0 0 0 NC†
2019 Formula Renault Eurocup R-ace GP 19 7 5 6 11 320
2020 FIA Formula 3 Championship Prema Racing 18 2 0 4 6 164
2021 FIA Formula 2 Championship Prema Racing 23 6 5 6 11 252.5
2022 Fórmula 1 BWT Alpine Formula One Team Piloto de reserva
McLaren F1 Team
2023 Fórmula 1 McLaren F1 Team 22 0 0 2 2 99 9º*
2024 Fórmula 1 McLaren F1 Team 18 2 0 1 7 237* 4º*

Como Piastri era un piloto invitado, non podía puntuar.

Resultados completos do Campionato de Fórmula 3 da FIA

editar

(clave) (As carreiras en negra indican a pole position; as carreiras en cursiva indican puntos para a volta rápida dos dez primeiros clasificados)

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Pos. Puntos
2020 Prema Racing RBR
FEA

1
RBR
SPR

8
RBR
FEA

4‡
RBR
SPR

5
HUN
FEA

2
HUN
SPR

2
SIL
FEA

2
SIL
SPR

Ret
SIL
FEA

7
SIL
SPR

6
CAT
FEA

6
CAT
SPR

1
SPA
FEA

5
SPA
SPR

6
MNZ
FEA

3
MNZ
SPR

Ret
MUG
FEA

11
MUG
SPR

7
164

> Outorgáronse a metade de puntos xa que se completou menos do 75 % da distancia da carreira.

Resultados completos do Campionato de Fórmula 2 da FIA

editar

(key) (Carreiras en negra indican pole position) (Carreiras en itálica indican puntos pola volta rápida para os dez primeiros clasificados)

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 Pos. Puntos
2021 Prema Racing BHR
SP1

5
BHR
SP2

1
BHR
FEA

19
MON
SP1

8
MON
SP2

2
MON
FEA

2
BAK
SP1

Ret
BAK
SP2

8
BAK
FEA

2
SIL
SP1

6
SIL
SP2

4
SIL
FEA

3
MNZ
SP1

4
MNZ
SP2

7
MNZ
FEA

1
SOC
SP1

9
SOC
SP2

C
SOC
FEA

1
JED
SP1

8
JED
SP2

1
JED
FEA

1‡
YMC
SP1

3
YMC
SP2

Ret
YMC
FEA

1
252.5

O piloto non rematou a carreira, pero clasificouse xa que completou máis do 90 % da distancia da carreira.
Outorgáronse a metade de puntos xa que se completou menos do 75 % da distancia da carreira.

Resultados completos na Fórmula 1

editar

(Chave) (carreiras en letra grosa indican pole position; carreiras en itálica indican volta rápida)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 Pos. Puntos
2024 McLaren F1 Team McLaren MCL61 Mercedes F1 M14 E Performance
1.6 V6 t
BHR
8
SAU
4
AUS
4
XAP
8
CHN
87
MIA
136
EMI
4
MON
2
CAN
5
ESP
7
AUT
22
GBR
4
HUN
1
BEL
2
NED
4
ITA
2
ACE
1
SGP
3
USA
MEX
BRA
LVG
QAT
ABU
4º* 237*
2023 McLaren F1 Team McLaren MCL60 Mercedes F1 M14 E Performance
1.6 V6 t
BHR
Ret
SAU
15
AUS
8
ACE
11
MIA
19
EMI
C
MON
10
ESP
13
CAN
11
AUT
16
GBR
4
HUN
5
BEL
Ret2
NED
9
ITA
12
SGP
7
XAP
3
QAT
21
USA
Ret
MEX
8
BRA
14
LVE
10
ABU
5
99
  1. "Oscar Piastri (OH 2019) wins Formula 3 World Championship". Old Haileyburians Association. Consultado o 8 de novembro de 2023. 
  2. "Issuu.com". Issuu.com. Consultado o 8 de novembro de 2023. 
  3. "Moving to Europe and taking titles: Oscar Piastri on the moments that made him". fiaformula2.com. 12 de xullo de 2021. Consultado o 8 de novembro de 2023. 
  4. "Behind the visor of Oscar Piastri". www.mclaren.com (en inglés). Consultado o 2024-01-02. 
  5. Mae, Ellie (2020-11-22). "Oscar Piastri: I knew straight away that I won the Championship.". elliedoesf1 (en inglés). Consultado o 2024-01-02. 
  6. "McLaren Racing's Lando Norris and Oscar Piastri play 'Fact or Phish?'". Consultado o 2024-01-02. 
  7. "Violet Wong Individual Records - Ancestry®". www.ancestry.com (en inglés). Consultado o 2024-01-02. 
  8. "PIASTRI (Wong), Violet Evelyn Rose". My Tributes (en inglés). Consultado o 2024-01-02. 
  9. "Young Aussie Oscar Piastri on the brink of F1 career". 
  10. "Oscar Piastri – Young Drivers – British Racing Drivers' Club". Consultado o 21 de decembro de 2018. 
  11. "OSCAR PIASTRI JOINS RICKY FLYNN MOTORSPORT IN 2016". 2016. Consultado o 21 de decembro de 2018. 
  12. "OSCAR PIASTRI SIXTH IN WORLD CHAMPIONSHIP". 2016. Consultado o 21 de decembro de 2018. 
  13. Wood, Elliot (30 de agosto de 2017). "Scout Report: Oscar Piastri". FormulaScout. Consultado o 21 de decembro de 2018. 
  14. "OSCAR PIASTRI JOINS DRAGON F4 FOR F4UAE CHAMPIONSHIP". 2016. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2022. Consultado o 21 de decembro de 2018. 
  15. Jackson, Connor (8 de febreiro de 2017). "TRS ARDEN ANNOUNCE 2017 ALL-YRDA BRITISH F4 LINE UP". The Checkered Flag. Consultado o 21 de decembro de 2018. 
  16. "BRITISH F4 THRILLS AT OULTON COME RAIN OR SHINE". 22 de maio de 2017. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2018. Consultado o 21 de decembro de 2018. 
  17. "Oscar Piastri runner-up in British F4 Championships". 2 de outubro de 2017. Consultado o 21 de decembro de 2018. 
  18. "OSCAR PIASTRI TO TEST GP3 IN ABU DHABI". 28 November 2018. Consultado o 21 de decembro de 2018. 
  19. Wood, Elliot (20 de decembro de 2017). "British F4 runner-up Oscar Piastri to step up to FR2.0 Eurocup with Arden Motorsport". FormulaScout. Consultado o 21 de decembro de 2018. 
  20. "Double Podium for Piastri at Hockenheim Formula Renault Eurocup". 24 de setembro de 2018. Consultado o 21 de decembro de 2018. 
  21. "OSCAR PIASTRI SIGNS WITH FORMULA RENAULT CHAMPIONS". 21 de decembro de 2018. Consultado o 21 de decembro de 2018. 
  22. "Maiden victory for Oscar Piastri at Silverstone". Formule Renault. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2021. Consultado o 12 de novembro de 2022. 
  23. "Silverstone double for Oscar Piastri". Formule Renault. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2021. Consultado o 12 de novembro de 2022. 
  24. "Oscar Piastri takes care of business". Formule Renault. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2021. Consultado o 12 de novembro de 2022. 
  25. "The win for Victor Martins, the title for Oscar Piastri!". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2021. Consultado o 12 de novembro de 2022. 
  26. Suttill, Josh (13 de setembro de 2020). "Mugello F3: Piastri se lleva el título en final dramático". lat.motorsport.com. Consultado o 13 de setembro de 2020. 
  27. "Piastri promoted to Formula 2 in 2021 with PREMA". Fórmula 2 (en inglés). FIA Formula 2 Championship Limited. 1 de decembro de 2020. Consultado o 1 de decembro de 2020. 
  28. "Piastri gana en el caos de la segunda carrera de F2 en Bahréin". lat.motorsport.com (en castelán). Consultado o 2021-07-22. 
  29. "El chino Zhou se lleva la carrera de F2 en Silverstone". Mundo Deportivo (en castelán). 2021-07-18. Consultado o 2021-07-22. 
  30. [https:// www.marca.com/motor/formula1/gp-abu-dhabi/2021/12/11/61b47d4ae2704e69228b45c1.html "Oscar Piastri, novo campión de Fórmula 2"] |url= incorrecto (Axuda). Brand. 11 de decembro de 2021.  Parámetro descoñecido |dataacceso2= ignorado (Axuda)
  31. "Piastri combines with Prema for FIA Formula 3 Championship and joins Renault Sport Academy". 26 de xaneiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2022. Consultado o 27 de xaneiro de 2020. 
  32. Thoughts of A Champion- Oscar Piastri, FIA Formula 3 Championship (24 de setembro de 2020). "Thoughts of A Champion- Oscar Piastri". FIA Formula 3 Championship. 
  33. "PIASTRI COMPLETES FIRST F1 TEST IN BAHRAIN". 31 de outubro de 2020. Consultado o 31 de outubro de 2020. 
  34. Graham, Brett (15 de decembro de 2021). "Australia's Oscar Piastri sets blistering pace in first official Formula 1 test". nine.com.au. Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  35. "Australian F2 racer Oscar Piastri joins Alpine as reserve driver for 2022". 16 de novembro de 2021. Consultado o 16 de novembro de 2021. 
  36. Smith, Luke (12 de marzo de 2022). "Piastri joins pool of McLaren F1 reserves for 2022 season". autosport.com. Consultado o 3 de setembro de 2022. 
  37. Valantine, Henry (14 de xuño de 2022). "Piastri runs extra Alpine test; Caldwell to make debut". planetf1.com. Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  38. "PIASTRI TESTS F1 AT COTA". 22 de abril de 2022. Consultado o 8 de maio de 2022. 
  39. "EXCLUSIVE: Oscar Piastri 'very clear' he expects a race seat with Alpine in 2023". 25 de febreiro de 2022. Consultado o 8 de maio de 2022. 
  40. "Alpine agrees to early contract exit for Piastri". www.motorsport.com (en inglés). Consultado o 2022-11-12. 
  41. McClure, Michael (2022-09-02). "Piastri to join McLaren in 2023 after Alpine snub". F1 Feeder Series (en inglés). Consultado o 2022-09-02. 
  42. "2021 FIA F2 CHAMPION OSCAR PIASTRI TO JOIN McLAREN RACING IN 2023". www.mclaren.com. McLaren Group. Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  43. Cooper, Adam (12 de novembro de 2022). "Alpine agrees to early contract exit for Piastri". www.motorsport.com. Consultado o 12 de novembro de 2022. 
  44. Rayson, Zac (6 de marzo de 2023). "'Oh my god': Piastri reacts to 'miserable' F1 debut as Bahrain disaster exposes McLaren hole". Fox Sports Australia. Consultado o 6 de marzo de 2023. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar