Lando Norris
Lando Norris (23 anos) | |
---|---|
![]() Norris en 2020 | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | ![]() |
Monopraza número | 4 |
Escudería actual | McLaren-Mercedes[1] |
Escudería no 2024 | |
Grandes Premios disputados | 85 |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 0 |
Podios | 6 |
Pole positions | 1 |
Voltas rápidas | 5 |
Primeiro Grand Prix | Gran Premio de Australia de 2019 |
Posición no 2023 | 8º (8 ptos.) |
Na rede
| |
https://landonorris.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Lando Norris, nado en Bristol o 13 de novembro de 1999, é un piloto de carreiras inglés. Compite na Fórmula 2, para Carlin Motorsport. Gañou o Campionato de Fórmula MSA en 2015, e a Toyota Racing Series, Eurocup Formula Renault 2.0 e Fórmula Renault 2.0 Copa do Norte de Europa en 2016. Tamén recibiu o McLaren Autosport BRDC Award ese ano. Posteriormente gañou o Campionato Europeo de Fórmula 3 de 2017. É membro do programa de pilotos novos de McLaren, e pilota para McLaren desde 2019.
TraxectoriaEditar
O seu pai é Adam Norris, un xestor de pensións xubilado.[2] Norris educouse na Millfield School en Street, Somerset, despois coa súa familia se trasladou a Glastonbury.
Despois de mostrar interese nas carreiras de motocicletas, a atención de Norris cambiou das dúas rodas ás catro despois de que o seu pai o levase a el e ao seu irmán a ver unha rolda do Campionato nacional de Super Kart 1 no pista local de karts.[3] Comezou a súa carreira de carreira aos sete anos cando logrou a pole position no seu primeiro evento nacional. En 2013, Norris gañou o Campionato do mundo de Karting celebrado en Bahrain, a WSK Euro Series e os títulos europeos de CIK-FIA e CIK-FIA Supercup. Ao ano seguinte gañou o Campionato Mundial CIK-FIA KF, o que o converte no campión de karting máis novo do mundo.
En 2014, Norris fixo o seu debut no Campionato Ginetta Junior, unha serie de apoio do BTCC onde terminou en terceiro lugar, gañando a Rookie Cup no seu primeiro ano sen karts. en 2015, Norris asinou con Carlin Motorsport para conducir na serie recentemente creada Fórmula MSA. Norris gañou a serie con oito vitorias, dez pole positions e 14 podios. Tamén fixo aparicións ocasionais no Campionato ADAC de Fórmula 4 e no Campionato de Italia de Fórmula 4 con Mücke Motorsport onde gozou de máis éxitos, logrando seis podios de oito no primeiro e un só podio no último.
Para o 2016, anunciouse que Norris estaría pilotando para M2 Competition nas Toyota Racing Series en Nova Zelandia. Norris conseguiu seis vitorias ao longo da tempada, incluíndo o Gran Premio de Nova Zelandia e gañou o campionato no seu primeiro intento. Norris participou na Fórmula Renault 2.0 Eurocup e na Fórmula Renault 2.0 NEC pilotando para Josef Kaufmann Racing nas que terminou primeiro en ambas series. Ademais de embarcarse nunha campaña no BRDC British Formula 3 Championship con Carlin, onde terminou oitavo cunha participación parcial. Tamén participou na última rolda do Campionato de Europa de Fórmula 3 e no Gran Premio de Macau de 2016 con Carlin, terminando undécimo na final.
Norris pilotou a tempo completo con Carlin no Campionato de Europa de Fórmula 3 de 2017.[4] Logrou o título na primeira das tres carreiras na final de Hockenheimring e terminou 53 puntos por diante do subcampión Joel Eriksson.
Fórmula UnEditar
En febreiro de 2017, Norris foi contratado como piloto júnior de McLaren.[5] En agosto de 2017, o británico probou para McLaren F1 nunha proba programada a mediados da tempada. Fixo a segunda volta rápida no segundo día de probas en Hungaroring.[6] En novembro de 2017, Norris converteuse no piloto oficial de probas e reserva de McLaren para a tempada de F1 de 2018.[7] O 24 de agosto de 2018, Norris participou na 1ª práctica libre no Gran Premio de Bélxica co McLaren, pilotando o automóbil #47. Pilotou 26 voltas na sesión e rematou a sesión na décimo sexta posición de 20 autos, superando tamén o mellor tempo de volta do outro coche de McLaren, pilotado polo piloto titular de McLaren Stoffel Vandoorne.
O 3 de setembro de 2018, anunciouse que Norris pilotara para McLaren para no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2019, como compañeiro de Carlos Sainz.[8]
McLaren (2019–)Editar
2019Editar
2020Editar
2021Editar
Rexistro de carreirasEditar
Traxectoria profesionalEditar
† como Norris era un piloto invitado, non podía puntuar.
* Tempada en progreso.
Resultados completos do campionato da FIA de Fórmula 3Editar
(key) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida)
Ano | Equipo | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | Pos | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2016 | Carlin | Volkswagen | LEC 1 |
LEC 2 |
LEC 3 |
HUN 1 |
HUN 2 |
HUN 3 |
PAU 1 |
PAU 2 |
PAU 3 |
RBR 1 |
RBR 2 |
RBR 3 |
NOR 1 |
NOR 2 |
NOR 3 |
ZAN 1 |
ZAN 2 |
ZAN 3 |
SPA 1 |
SPA 2 |
SPA 3 |
NÜR 1 |
NÜR 2 |
NÜR 3 |
IMO 1 |
IMO 2 |
IMO 3 |
HOC 1 Ret |
HOC 2 16 |
HOC 3 16 |
NC‡ | 0‡ |
2017 | Carlin | Volkswagen | SIL 1 1 |
SIL 2 9 |
SIL 3 3 |
MNZ 1 1 |
MNZ 2 2 |
MNZ 3 2 |
PAU 1 2 |
PAU 2 2 |
PAU 3 Ret |
HUN 1 8 |
HUN 2 14 |
HUN 3 3 |
NOR 1 11 |
NOR 2 1 |
NOR 3 3 |
SPA 1 1 |
SPA 2 Ret |
SPA 3 1 |
ZAN 1 1 |
ZAN 2 3 |
ZAN 3 1 |
NÜR 1 1 |
NÜR 2 2 |
NÜR 3 1 |
RBR 1 4 |
RBR 2 2 |
RBR 3 17† |
HOC 1 2 |
HOC 2 11 |
HOC 3 4 |
1º | 441 |
† Piloto que non finalizou a carreira, pero clasificouse ao completar máis do 90% da distancia de carreira. ‡ Como Norris era un piloto invitado, non podía puntuar.
Resultados completos no campionato mundial de Fórmula 2Editar
(clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (carreiras en itálica indican volta rápida)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2017 | Campos Racing | BHR FEA |
BHR SPR |
CAT FEA |
CAT SPR |
MON FEA |
MON SPR |
BAK FEA |
BAK SPR |
RBR FEA |
RBR SPR |
SIL FEA |
SIL SPR |
HUN FEA |
HUN SPR |
SPA FEA |
SPA SPR |
MNZ FEA |
MNZ SPR |
XER FEA |
XER SPR |
YMC FEA Ret |
YMC SPR 13 |
25º | 0 | ||
2018 | Carlin | BHR FEA 1 |
BHR SPR 4 |
BAK FEA 6 |
BAK SPR 4 |
CAT FEA 3 |
CAT SPR 3 |
MON FEA 6 |
MON SPR 3 |
LEC FEA 16 |
LEC SPR 5 |
RBR FEA 2 |
RBR SPR 11 |
SIL FEA 10 |
SIL SPR 3 |
HUN FEA 2 |
HUN SPR 4 |
SPA FEA 4 |
SPA SPR 2 |
MNZ FEA 6 |
MNZ SPR 5 |
SOC FEA |
SOC SPR |
YMC FEA |
YMC SPR |
2º* | 197* |
* Tempada en progreso.
Resultados completos na Fórmula 1Editar
(Chave) (carreiras en letra grosa indican pole position; carreiras en itálica indican volta rápida)
* Tempada en progreso.
Resultados completos no campionato WeatherTech SportsCarEditar
Ano | Equipo | Clase | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | Ranq | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2018 | United Autosports | P | Ligier JS P217 | Gibson GK428 4.2 L V8 | DAY 13 |
SEB | LBH | MDO | DET | WGL | MOS | ELK | LGA | PET | 44º* | 18* |
* Tempada en progreso.
Resultados nas 24 Horas de DaytonaEditar
Ano | Equipo | Co-pilotos | Coche | Clase | Voltas | Pos. | Clase pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|
2018 | United Autosports | Philip Hanson Fernando Alonso |
Ligier JS P217-Gibson | P | 718 | 38º | 13º |
NotasEditar
- ↑ "2022 FIA Formula One World Championship – Entry List". Fédération Internationale de l'Automobile. 7 de decembro de 2021. Consultado o 7 de decembro de 2021.
- ↑ Cooper, Marc (19 de outubro de 2016). "Bristol Rich List 2016 revealed: Who is worth the most money this year". bristolpost.co.uk. Consultado o 9 de abril de 2018.
- ↑ Stuart, Greg (6 de decembro de 2016). "Lando Norris' tips on how to get into karting". Red Bull. Consultado o 28 de xullo de 2018.
- ↑ Simmons, Marcus (8 de decembro de 2016). "McLaren Autosport BRDC Award winner Lando Norris to European F3". Autosport. Consultado o 8 de dcembro de 2016.
- ↑ Khorounzhiy, Valentin (22 de febreiro de 2017). "McLaren F1 team signs Lando Norris to its junior programme". Autosport. Consultado o 22 de febreiro de 2017.
- ↑ "Kubica fourth fastest on return as Vettel sets testing pace". ESPN F1. 2 de agosto de 2017. Consultado o 2 de agosto de 2017.
- ↑ "McLaren Formula 1 - Lando Norris becomes official McLaren test and reserve driver for 2018" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2018. Consultado o 6 de novembro de 2017.
- ↑ "Lando Norris to drive for McLaren in 2019". McLaren. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2018. Consultado o 3 de setembro de 2018.
Véxase taménEditar
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lando Norris |
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial de Lando Norris
- Lando Norris career summary at DriverDB.com