Gran Premio de Mónaco de 2023

O Gran Premio de Mónaco de 2023 (oficialmente Formula 1 Grand Prix de Monaco 2023) é unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 28 de maio de 2023 no Circuíto de Mónaco, Monte Carlo, un circuíto urbano que atravesa o Principado de Mónaco. Foi a sétima rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023, a 80ª vez que se celebrou o Gran Premio de Mónaco.

Gran Premio de Mónaco de 2023
Detalles da carreira
Carreira 7 de 23 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Data 28 de maio de 2023
Nome oficial Formula 1 Grand Prix de Monaco 2023
Localización Circuíto de Mónaco
La Condamine e Monte Carlo, Mónaco
Percorrido Percorrido permanente de carreira
3,337 km
Distancia 78 voltas, 260,286 km
Pole position
Piloto Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT
Tempo 1:11.365
Volta rápida
Piloto Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:15.650 na volta 33
Podio
Primeiro Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT
Segundo España Fernando Alonso Aston Martin
Terceiro Francia Esteban Ocon Renault

Antecedentes editar

O evento celebrarase durante a fin de semana do 26 ao 28 de maio de 2023.[1] Foi a sexta proba do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023. O Gran Premio da Emilia-Romaña previamente programado cancelouse debido ás inundacións na rexión.[2][3]

O MCL60 de McLaren correrá cunha decoración especial para celebrar o 60º aniversario do logro de McLaren da Tripla coroa do automobilismo, sendo McLaren o único equipo de automobilismo que a acadou ata 2023. Esta librea tamén correrá na próxima carreira en España.[4] O coche pintouse en tres segmentos para conmemorar a primeira vitoria de McLaren en cada unha das carreiras. A parte traseira do coche de cor papaia en referencia ao McLaren M16C/D co que Johnny Rutherford gañou as 500 Millas de Indianápolis de 1974, no medio a cor branca en homenaxe ao McLaren MP4/2 que conducía Alain Prost cando gañou o Gran Premio de Mónaco de 1984, e a parte dianteira de cor negra en recoñecemento ao McLaren F1 GTR co que JJ Lehto, Yannick Dalmas e Masanori Sekiya conseguiron a vitoria nas 24 Horas de Le Mans de 1995.[5][6] Mentres que a librea que McLaren presentou para as 500 Millas de Indianápolis de 2023 utiliza os mesmos aspectos de deseño en tres coches diferentes,[7] a librea utilizada no MCL60 combina os tres deseños separados nun só.

Clasificación do campionato antes da carreira editar

De cara á fin de semana, Max Verstappen lidera o Campionato do Mundo de Pilotos con 119 puntos, 14 puntos por diante do seu compañeiro de equipo Sergio Pérez Mendoza en segundo lugar e 44 por diante de Fernando Alonso en terceiro lugar. Red Bull Racing, con 224 puntos, lidera o Campionato de Construtores por diante de Aston Martin e Mercedes, que son segundo e terceiro con 102 e 96 puntos, respectivamente.[8]


Pneus dispoñibles editar

Artigo principal: Pneumáticos de Fórmula 1.

O provedor de pneumáticos Pirelli trouxo os compostos de pneumáticos C3, C4 e C5 (designados como duro, medio e brando, respectivamente) para que os equipos os utilicen no evento.[9]

Pneus dispoñibles para Mónaco
Pneus para pista seca Pneus para chuvia
 
Duros
(Tipo C3)
 
sans_cadre
Medios
(Tipo C4)
 
Brandos
(Tipo C5)
     
Intermedios
    
      Chuvia

Clasificación editar

A clasificación celebrouse o 27 de maio de 2023 ás 16:00 hora local (UTC+2).[1]

Informe de cualificación editar

Max Verstappen estableceu o tempo máis rápido nas tres sesións. Durante a primeira quenda, o tempo de Carlos Sainzr na súa primeira volta eliminouse debido a que superaba os límites da pista. Sergio Pérez saíuse na curva inicial de St. Devote, marcando con bandeira vermella a quenda e danando o seu coche. Debido a isto, comezará na última posición. Non é a primeira vez que Pérez se estrela na clasificación, fixérao durante a carreira de Mónaco o ano anterior, así como en Melbourne a principios da tempada. O seu compañeiro de equipo Verstappen golpeou o muro tras o reinicio, pero non rexistrou danos. Ao final da primeira quenda, Logan Sargeant, o dúo Haas de Kevin Magnussen e Nico Hülkenberg, Guanyu Zhou e Pérez quedaron eliminados.

Durante a segunda quenda, Lando Norris golpeou o muro da chicana Tabac, causando danos leves ao seu coche. Con todo, pasou a terceira quenda, o seu compañeiro de equipo Oscar Piastri non o faría. Xuntáronse a el Nyck de Vries, Alexander Albon, Lance Stroll e Valtteri Bottas.

Durante a terceira e última quenda, Norris sairía máis tarde despois de reparar rapidamente o seu coche, aínda que non puido vencer a Yuki Tsunoda ata a liña. A quenda resultou ser a máis apertada da fin de semana xa que Verstappen fixo a volta rápida durante os últimos minutos da sesión. Xusto antes de que rematase a sesión e antes de que Verstappen marcase a súa pole, Fernando Alonso (en segundo lugar), Esteban Ocon (en cuarta) e Charles Leclerc (en terceira cunha breve investigación por estorbar a Norris) todos marcaron volta rápida. Leclerc mostrouse insatisfeito co resultado, dicindo que "loitou moito co coche", mentres que Verstappen dixo que "na cualificación hai que dar todo e arriscar todo". Mentres tanto, Lewis Hamilton, Pierre Gasly e George Russell ocuparon a sexta, sétima e oitava posición respectivamente.[10][11]

Leclerc caeu ao sexto lugar despois de que os comisarios investigasen a súa obstaculación a Norris na Q3.[12]

Cualificación clasificatoria editar

Pos. Piloto Construtor Tempos cualificación Grella
Q1 Q2 Q3
1 1   Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT 1:12.386 1:11.908 1:11.365 1
2 14   Fernando Alonso Aston Martin Aramco-Mercedes 1:12.886 1:12.107 1:11.449 2
3 16   Charles Leclerc Ferrari 1:12.912 1:12.103 1:11.471 6[13]
4 31   Esteban Ocon Alpine-Renault 1:12.967 1:12.248 1:11.553 3
5 55   Carlos Sainz Ferrari 1:12.717 1:12.210 1:11.630 4
6 44   Lewis Hamilton Mercedes 1:12.872 1:12.156 1:11.725 5
7 10   Pierre Gasly Alpine-Renault 1:13.033 1:12.169 1:11.933 7
8 63   George Russell Mercedes 1:12.769 1:12.151 1:11.964 8
9 22   Yuki Tsunoda AlphaTauri-Honda RBPT 1:12.642 1:12.249 1:12.082 9
10 4   Lando Norris McLaren-Mercedes 1:12.877 1:12.377 1:12.254 10
11 81   Oscar Piastri McLaren-Mercedes 1:13.006 1:12.395 11
12 21   Nyck de Vries AlphaTauri-Honda RBPT 1:13.054 1:12.428 12
13 23   Alexander Albon Williams-Mercedes 1:12.706 1:12.527 13
14 18   Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 1:12.722 1:12.623 14
15 77   Valtteri Bottas Alfa Romeo-Ferrari 1:13.038 1:12.625 15
16 2   Logan Sargeant Williams-Mercedes 1:13.113 16
17 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:13.270 17
18 27   Nico Hülkenberg Haas-Ferrari 1:13.279 18
19 24   Guanyu Zhou Alfa Romeo-Ferrari 1:13.523 19
20 11   Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda RBPT 1:13.850 20
107% tempo: 1:17.453
Fonte:[14][15]

Carreira editar

A carreira celebrouse o 28 de maio de 2023, ás 15:00 hora local (UTC+2).[1]

Informe da carreira editar

Despois da volta de formación, George Russell errou na posición da grella de saída, non foi penalizado. Cando a comezou a carreira, Nico Hülkenberg tocouse con Logan Sargeant, o que provocoulle ao piloto de Haas unha penalización de cinco segundos. Sergio Pérez fixo unha parada cedo para cambiar aos pneumáticos duros. Na volta 14, Carlos Sainz saltouse a chicana Nouvelle, colisionando co seu alerón dianteiro coa traseira dereita de Esteban Ocon. Sainz decidiu continuar. Valtteri Bottas pasou a Alexander Albon, e este último montou un novo xogo de pneumáticos duros. Seguiríalle o seu compañeiro Sargeant, primeiro en duros e de novo en brandos. Na volta 30, Lewis Hamilton puxo novos duros e saíu detrás de Russell.

Na volta 20, os enxeñeiros de Ferrari dixéronlle a Sainz que entrase en boxes para adiantar a Ocon, aínda que abortaron a orde. A orde repetiuse seis voltas máis tarde, e Ferrari volveu dicirlle que abortara de novo. Sainz finalmente entrou na volta 33 para montar medios novos, reincorporándose sétimo e detrás de Ocon. Sainz mostrouse frustrado coa estratexia, criticándoa pola radio do equipo. Axiña, Pérez entrou a montar medios novos e un novo alerón dianteiro, saíndo en último lugar. Lance Stroll informou de danos durante a volta 38, tras contactar con Kevin Magnussen. Charles Leclerc pasou a montar medios novos, caendo ata o oitavo posto, Pierre Gasly non puido superar a Leclerc con novos medios. Lando Norris entrou a montar duros, perdendo unha posición.

Durante a carreira informouse dunha ameaza de choiva, Russell informou de chuvia na curva 3. Os dous primeiros pilotos que cambiaron a intermedios foron Stroll e Bottas, logo seguiron Guanyu Zhou e Albon. Mentres todos os demais apostaban por pneumáticos intermedios, Fernando Alonso decidiu usar pneumáticos medios pero tivo qu volver a entrar en boxes paracambiar a intermedioss na volta seguinte, e Ferrari decidiu facer un dobre cambio. Sainz trompeou dúas veces, aínda que non alcanzou as barreiras a gran velocidade. Non obstante, Stroll sufriu danos no seu coche despois de que o seu alerón dianteiro quedase debaixo das súas rodas dianteiras. Max Verstappen rozou o muro de Portier cando montaba medios, pero salvou o coche da súa retirada. Magnussen montou pneumáticos de chuvia extrema, xa que tivo dificultades cando comezou a chover, Pérez utilizaría este composto máis adiante. Con todo, Magnussen estrelouse con danos no seu alerón dianteiro. Os seus mecánicos, non preparados para tal cambio, tiveron que preparalo no acto, alongando o seu tempo en boxes. Mentres tanto, Sargeant golpeou o muro na horquilla, aínda que recuperou o coche. Magnussen sairíase na curva un, e Stroll tomou unha vía de escape na curva cinco, Russell seguiu a Stroll na vía de escape, só para ser alcanzado por Pérez, sen consecuencias. Mentres tanto, Hülkenberg recibiu unha penalización de 10 segundos por cumprir unha sanción de forma incorrecta, a Gasly mostróuselle unha bandeira branca e negra por exceder os límites da pista, Pérez cambiou a intermedios e Yuki Tsunoda informou de problemas cos seus freos.

A orde de marcha dos tres primeiros non cambiou durante toda a carreira. A vitoria de Verstappen marca a súa segunda vitoria no Gran Premio de Mónaco. Alonso quedou segundo, o seu antigo compañeiro de equipo Ocon quedou terceiro e foi galardoado como piloto da xornada, a primeira vez que un piloto francés subiu ao podio en Mónaco desde Olivier Panis no 1996, e o seu primeiro podio dende o Gran Premio de Hungría de 2021 (tamén a súa primeira vitoria). Hamilton acadou a volta rápida.[16][17] Russell recibíu unha penalización tras unha reincorporación insegura, aínda que a súa posición final non se viu afectada.[18]

Clasificación da carreira editar

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1   Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT 78 1:48:51.980 1 25
2 14   Fernando Alonso Aston Martin Aramco-Mercedes 78 +27.921 2 18
3 31   Esteban Ocon Alpine-Renault 78 +36.990 3 15
4 44   Lewis Hamilton Mercedes 78 +39.062 5 13[19]
5 63   George Russell Mercedes 78 +56.284[20] 8 10
6 16   Charles Leclerc Ferrari 78 +1:01.890 6 8
7 10   Pierre Gasly Alpine-Renault 78 +1:02.362 7 6
8 55   Carlos Sainz Ferrari 78 +1:03.391 4 4
9 4   Lando Norris McLaren-Mercedes 77 +1 volta 10 2
10 81   Oscar Piastri McLaren-Mercedes 77 +1 volta 11 1
11 77   Valtteri Bottas Alfa Romeo-Ferrari 77 +1 volta 15
12 21   Nyck de Vries AlphaTauri-Honda RBPT 77 +1 volta 12
13 24   Guanyu Zhou Alfa Romeo-Ferrari 77 +1 volta 19
14 23   Alexander Albon Williams-Mercedes 77 +1 volta 13
15 22   Yuki Tsunoda AlphaTauri-Honda RBPT 76 +2 laps 9
16 11   Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda RBPT 76 +2 voltas 20
17 27   Nico Hülkenberg Haas-Ferrari 76 +2 voltas[21] 18
18 2   Logan Sargeant Williams-Mercedes 76 +2 voltas[22] 16
19[23] 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 70 Danos por accidente 17
Ret 18   Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 53 Danos por accidente 14
volta rápida:   Lewis Hamilton (Mercedes) – 1:15.650 (volta 33)
Fonte:[15][18][24]

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas editar

Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 "2023 Monaco Grand Prix". Formula 1. Consultado o 17 de maio de 2023. 
  2. "Update on the Emilia Romagna Grand Prix at Imola". Formula One. 17 de maio de 2023. 
  3. Richards, Giles (17 de maio de 2023). "F1 Emilia Romagna Grand Prix cancelled due to flooding in northern Italy". The Guardian. Consultado o 17 de maio de 2023. 
  4. Edmondson, Laurence (2023-05-23). "McLaren reveals 'triple crown' livery for Monaco and Spain". ESPN.com (en inglés). ESPN. Consultado o 2023-05-23. 
  5. "McLaren correra cunha librea éspecial para celebrar o 60º aniversario da celebración da consecución da "Tripla coroa"". Formula1.com (en inglés). Formula One Administration. 2023-05-23. Consultado o 2023-05-23. 
  6. Kalinauckas, Alex (2023-05-23). "McLaren reveals 'Triple Crown' livery for Monaco and Spanish F1 races". Motorsport.com (en inglés). Motorsport Network. Consultado o 2023-05-23. 
  7. "Triple Crown Liveries Revealed". McLaren Website. Consultado o 27 de maio de 2023. 
  8. "Miami 2023 – Championship". Stats F1. 15 de maio de 2023. Consultado o 15 de maio de 2023. 
  9. "2023 Tyre Compound Choices – Monaco and Spain". pirelli.com. 24 de abril de 2023. Consultado o 17 de maio de 2023. 
  10. Boxall-Legge, Jake (27 demaio de 2023). "F1 Monaco GP: Verstappen edges Alonso to thrilling pole after Perez crash". Autosport.com. 
  11. Bradley, Charles (27 de maio de 2023). "F1 qualifying results: Max Verstappen takes Monaco GP pole". Autosport.com. 
  12. White, Megan (27 de maio de 2023). "Leclerc handed F1 Monaco GP grid penalty for impeding Norris". Autosport.com. 
  13. Charles Leclerc recibiu unha penalización de tres postos na grella por obstruir a Lando Norris na Q3.
  14. "Formula 1 Grand Prix de Monaco 2023 – Qualifying". Formula 1. 27de maio dey 2023. Consultado o 27 de maio de 2023. 
  15. 15,0 15,1 "Formula 1 Grand Prix de Monaco 2023 – Starting Grid". Formula 1. 27 de maio de 2023. Consultado o 27 de maio de 2023. 
  16. Bradley, Charles (28 de maio de 2023). "F1 race results: Max Verstappen wins wild 2023 Monaco GP". Autosport. 
  17. Boxall-Legge, Jake (28 de maio de 2023). "F1 Monaco GP: Verstappen survives late rain to defeat Alonso". Autosport. 
  18. 18,0 18,1 "Formula 1 Grand Prix de Monaco 2023 – Race Result". Formula 1. 28 de maio de 2023. Consultado o 28 de maio de 2023. 
  19. Inclúe un punto para a volta rápida.
  20. George Russell recibiu unha penalización de cinco segundos por reincorporarse á pista sen seguridade. A súa posición final non se viu afectada pola penalización.
  21. Nico Hülkenberg terminou 16º, pero recibiu unha penalización de dez segundos por non cumprir unha penalización durante unha parada en boxes.
  22. Logan Sargeant recibiu unha penalización de cinco segundos por exceso de velocidade no carril de boxes. A súa posición final non se viu afectada pola penalización.
  23. Kevin Magnussen clasificouse xa que completou máis do 90 % da distancia da carreira.
  24. "Formula 1 Grand Prix de Monaco 2023 – Fastest Laps". Formula 1. 28 de maio de 2023. Consultado o 28 de maio de 2023. 
  25. 25,0 25,1 "Monaco 2023 – Championship". Stats F1. 28 de maio de 2023. Consultado o 28 de maio de 2023. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Carreira anterior:
Gran Premio da Emilia-Romaña de 2023
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2023
Carreira seguinte:
Gran Premio de España de 2023
Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 2022
Gran Premio de Mónaco Carreira seguinte:
Gran Premio de Mónaco de 2024