Nyck de Vries
Hendrik Johannes Nicasius "Nyck" de Vries[1] (Holandés: [niːk də ˈvris], nado o 6 de febreiro de 1995 en Snits, é un piloto de karting neerlandés que actualmente exerce como piloto de reserva do Mercedes-AMG Petronas F1 Team. Confírmase que pilotará a tempo completo na Fórmula 1 para Scuderia AlphaTauri en 2023. Gañou o Campionato do Mundo de Fórmula E 2020–21 e o Campionato do Mundo de Fórmula 2 da FIA de 2019, así como os Campionato do Mundo de Karting de 2010 e 2011. Fichou no programa de pilotos novos de McLaren desde xaneiro de 2010 ata maio de 2019 e no Audi Sport racing academy desde outubro de 2016 ata agosto de 2019. De Vries fixo o seu debut na Fórmula 1 en setembro de 2022 para Williams no Gran Premio de Italia de 2022.
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de febreiro de 1995 (29 anos) Uitwellingerga, Países Baixos (en) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo |
Nacionalidade deportiva | Países Baixos |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Sitio web | nyckdevries.nl |
Inicios nas carreiras
editarKarting
editarEn 2008 De Vries gañou a WSK World Series da categoría KF3 así como o Campionato Xuvenil de Karting de Alemaña, retendo ambos os dous títulos en 2009, engadindo tamén o Campionato Europeo de KF3. En xaneiro de 2010 asinou con McLaren para entrar no programa de novos pilotos con Anthony Hamilton, pai de Lewis Hamilton, como o seu adestrador[2]. En setembro dese ano gañou o Campionato Mundial de Karting.
Fórmula Renault
editarEn 2012 e 2013 correu na Fórmula Renault 2.0,[3] competiu en 2014 nos campionatos de Formula Renault 2.0 Alpes e Eurocup de Formula Renault 2.0. Para a tempada 2015, de Vries decidiu competir na Formula Renault 3.5 Series,[4] quedou terceiro na clasificación xeral.
Serie GP3
editarEn 2016, de Vries trasladouse á GP3 Series e competiu na categoría co equipo ART Grand Prix,[5] terminando sexto no Campionato de Pilotos.
Campionato FIA de Fórmula 2
editarEn 2017, fichou por Rapax para disputar a tempada inaugural do Campionato de Fórmula 2 da FIA. Non obstante, a partir da décima rolda o piloto pasou a Racing Engineering, quedando sétimo no campionato de pilotos.[4] Para a tempada do 2018, de Vries trasladouse a Prema Racing[6] e quedou cuarto na xeral. En novembro de 2018, confirmou que se uniría ao ART Grand Prix para disputar a tempada 2019.[7]
En 2019, gañou o título da categoría na primeira carreira da penúltima etapa da tempada, que se celebrou en Rusia.[8]
Audi Sport Racing Academy
editarDe Vries asinou coa Audi Sport Racing Academy en 2018, e deixou o programa de pilotos novos de McLaren en 2019 para concentrarse nas súas funcións en Audi.
Fórmula E
editarO 11 de setembro de 2019, de Vries foi anunciado como piloto do novo equipo de Fórmula E, o Mercedes-EQ Formula E Team, para a tempada 2019–20, xunto a Stoffel Vandoorne.[9] Permaneceu co equipo durante as tempadas do 2020–21 e do 2021–22.[10][11]
Fórmula 1
editarDe Vries asinou co programa para pilotos novos de McLaren en xaneiro de 2010,[12][13] e apareceu como el mesmo en dous episodios da serie animada de McLaren Tooned. Abandonou o programa McLaren en maio de 2019.[14]
Piloto de proba e reserva
editarEn decembro de 2020, De Vries e o seu compañeiro de equipo de Fórmula E, Stoffel Vandoorne, realizaron a súa primeira proba de Fórmula 1 para o equipo Mercedes no Young Driver Test' ' rematando a tempada.[15] Ao ano seguinte, converteuse nun dos pilotos de reserva do equipo Mercedes, asociándose co seu compañeiro de equipo [[Mercedes-EQ Formula E Team|Mercedes-EQ], Stoffel Vandoorne, no cargo.[16]
Debutou na Fórmula 1 nos adestramentos do Gran Premio de España de 2022, onde tomou o relevo de Alexander Albon no Williams para a sesión dunha hora de duración.[17] Para o Gran Premio de Francia, De Vries correu noutra sesión de adestramentos para o equipo Mercedes, ocupando o lugar do sete veces campión do mundo Lewis Hamilton.[18]
Williams (2022)
editarDe Vries participou nos primeiros adestramentos libres do Gran Premio de Italia, esta vez substituíndo a Sebastian Vettel en Aston Martin.[19] De Vries substituíu a Alexander Albon no Williams despois de sufrir unha apendicite e foi descartado o sábado pola mañá.[20] Conseguiu pasar á Q2 e clasificarse en décimo terceiro lugar, aínda que comezou oitavo tras as sancións aplicadas a varios pilotos, superando ao seu compañeiro de equipo Nicholas Latifi.[21] Rematou a carreira na novena posición, anotando puntos no seu debut nas carreiras e sendo elixido piloto do día.[22]
AlphaTauri (2023–)
editarO 7 de outubro de 2022, anunciouse que de Vries fichara por AlphaTauri para a tempada de 2023, en substitución de Pierre Gasly.[23]
Rexistro de carreiras
editarTraxectoria profesional
editar† como De Vries era un piloto invitado, non podía puntuar para o campionato.
* Tempada en disputa.
** Tempada non finalizada.
Resultados completos na Eurocup Formula Renault 2.0
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | Pos | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2012 | R-ace GP | ALC 1 2 |
ALC 2 16 |
SPA 1 Ret |
SPA 2 16 |
NÜR 1 4 |
NÜR 2 Ret |
MSC 1 Ret |
MSC 2 4 |
HUN 1 4 |
HUN 2 2 |
LEC 1 7 |
LEC 2 13 |
CAT 1 22 |
CAT 2 27 |
5º | 78 |
2013 | Koiranen GP | ALC 1 9 |
ALC 2 7 |
SPA 1 Ret |
SPA 2 8 |
MSC 1 10 |
MSC 2 16 |
RBR 1 15 |
RBR 2 12 |
HUN 1 3 |
HUN 2 1 |
LEC 1 3 |
LEC 2 12 |
CAT 1 1 |
CAT 2 2 |
5º | 113 |
2014 | Koiranen GP | ALC 1 1 |
ALC 2 4 |
SPA 1 2 |
SPA 2 3 |
MSC 1 Ret |
MSC 2 2 |
NÜR 1 1 |
NÜR 2 4 |
HUN 1 3 |
HUN 2 7 |
LEC 1 1 |
LEC 2 1 |
XER 1 1 |
XER 2 2 |
1º | 254 |
Resultados completos na Formula Renault 3.5 Series
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Pos | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2015 | DAMS | ALC 1 7 |
ALC 2 2 |
MON 1 11 |
SPA 1 9 |
SPA 2 2 |
HUN 1 11 |
HUN 2 9 |
RBR 1 3 |
RBR 2 5 |
SIL 1 4 |
SIL 2 Ret |
NÜR 1 2 |
NÜR 2 3 |
BUG 1 7 |
BUG 2 10 |
XER 1 4 |
XER 2 1 |
3º | 160 |
Resultados completos nas GP3 Series
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | Pos | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2016 | ART Grand Prix | CAT FEA 9 |
CAT SPR 5 |
RBR FEA 3 |
RBR SPR 4 |
SIL FEA 5 |
SIL SPR 8 |
HUN FEA 20 |
HUN SPR 13 |
HOC FEA 2 |
HOC SPR 8 |
SPA FEA 3 |
SPA SPR 8 |
MNZ FEA 7 |
MNZ SPR 1 |
SEP FEA 13 |
SEP SPR 6 |
YMC FEA 1 |
YMC SPR 11 |
6º | 133 |
Resultados completos no campionato da FIA de Fórmula 2
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Modelo:F2 | Rapax | BHR FEA 10 |
BHR SPR 6 |
CAT FEA 10 |
CAT SPR Ret |
MON FEA 7 |
MON SPR 1 |
BAK FEA 2 |
BAK SPR Ret |
RBR FEA 13 |
RBR SPR 16† |
SIL FEA DNS |
SIL SPR 7 |
HUN FEA 3 |
HUN SPR 3 |
7º | 114 | ||||||||||
Racing Engineering | SPA FEA 5 |
SPA SPR 2 |
MNZ FEA 18 |
MNZ SPR 12 |
JER FEA 13 |
JER SPR 6 |
YMC FEA 4 |
YMC SPR 9 |
|||||||||||||||||||
Modelo:F2 | Pertamina Prema Theodore Racing |
BHR FEA 6 |
BHR SPR 5 |
BAK FEA Ret |
BAK SPR 2 |
CAT FEA 2 |
CAT SPR Ret |
MON FEA Ret |
MON SPR 9 |
LEC FEA 5 |
LEC SPR 1 |
RBR FEA Ret |
RBR SPR 14 |
SIL FEA 7 |
SIL SPR 6 |
HUN FEA 1 |
HUN SPR 7 |
SPA FEA 1 |
SPA SPR 4 |
MNZ FEA 9 |
MNZ SPR 17 |
SOC FEA 3 |
SOC SPR 4 |
YMC FEA 4 |
YMC SPR 5 |
4º | 202 |
Modelo:F2 | ART Grand Prix | BHR FEA 6 |
BHR SPR 7 |
BAK FEA 2 |
BAK SPR 4 |
CAT FEA 5 |
CAT SPR 1 |
MON FEA 1 |
MON SPR 7 |
LEC FEA 1 |
LEC SPR 10 |
RBR FEA 3 |
RBR SPR 3 |
SIL FEA 6 |
SIL SPR 3 |
HUN FEA 2 |
HUN SPR 6 |
SPA FEA C |
SPA SPR C |
MNZ FEA 3 |
MNZ SPR 3 |
SOC FEA 1 |
SOC SPR 2 |
YMC FEA 13 |
YMC SPR 13 |
1º | 266 |
† O piloto no rematou a carreira, pero clasificouse ao rematar o 90% da deistancia da carreira.
Resultados completos na Fórmula E
editar(key) (As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | Pos | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2019–20 | Mercedes-Benz EQ Formula E Team | Spark SRT05e | Mercedes-Benz EQ Silver Arrow 01 | DIR 6 |
DIR 16 |
SCL 5 |
MEX Ret |
MRK 11 |
BER 4 |
BER Ret |
BER 18 |
BER 4 |
BER 14 |
BER 2 |
11º | 60 | |||||
2020–21 | Mercedes-EQ Formula E Team | Spark SRT05e | Mercedes-EQ Silver Arrow 02 | DIR 1 |
DIR 9 |
RME Ret |
RME Ret |
VLC 1 |
VLC 16 |
MCO Ret |
PUE 9 |
PUE Ret |
NYC 13 |
NYC 18 |
LDN 2 |
LDN 2 |
BER 22 |
BER 8 |
1º | 99 | |
2021–22 | Mercedes-EQ Formula E Team | Spark SRT05e | Mercedes-EQ Silver Arrow 02 | DRH 1 |
DRH 10 |
MEX 6 |
RME Ret |
RME 14 |
MCO 10 |
BER 10 |
BER 1 |
JAK Ret |
MRK 6 |
NYC 8 |
NYC 7 |
LDN 6 |
LDN 3 |
SEO Ret |
SEO Ret |
9º | 106 |
Resultados Completos na Fórmula 1
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2023 | Scuderia AlphaTauri | AlphaTauri AT04 | Honda RBPTH001 1.6 V6 t | BHR 14 |
SAU 14 |
AUS 15† |
ACE Ret |
MIA 18 |
EMI C |
MON 12 |
ESP 14 |
CAN 18 |
AUT 17 |
GBR 17 |
HUN |
BEL |
NED |
ITA |
SIN |
XAP |
QAT |
USA |
MEX |
BRA |
LVG |
ABU |
20º | 0 | |
2022 | Williams Racing | Williams FW44 | Mercedes-AMG F1 M13 E Performance 1.6 V6 t |
BHR | SAU | AUS | EMI | MIA | ESP TD |
MCN | AZE | CAN | GBR | AUT | ITA 9 |
SIN | XPN | USA | 21º | 2 | |||||||||
Mercedes-AMG Petronas F1 Team | Mercedes AMG F1 W13 E Performance | FRA TD |
HUN | BEL | NED | MXC TD |
SAP | ABU | |||||||||||||||||||||
Aston Martin Aramco Cognizant F1 Team | Aston Matin AMR22 | ITA TD |
Complete FIA World Endurance Championship results
editarNotas
editar- ↑ Gaur, Akhil (11 de setembro de 2022). "Nyck de Vries Age, Height, Wiki, Bio, Sister, Parents and Salary". The Sports Lite. Consultado o 8 de outubro de 2022.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24/01/2010. Consultado o 27/01/2011.
- ↑ "Nyck De Vries: Racedriver biography — career and success". Speedsport Magazine. Consultado o 3 de xullo de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 "McLaren Racing - Profile: Nyck de Vries". www.mclaren.com (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2019.
- ↑ "Nyck de Vries confirmed at ART Grand Prix". GP3 Series. 24 de febreiro de 2016. Consultado o 12 de setembro de 2019.
|publicación=
e|obra=
redundantes (Axuda) - ↑ Modelo:Citar xornal
- ↑ Modelo:Citar jornal
- ↑ "Nyck de Vries vence na Rússia e conquista o título da F2; Sérgio Sette Câmara é quinto". Globoesporte (en portugués). Consultado o 2019-09-29.
- ↑ Modelo:Citar jornal
- ↑ Modelo:Citar jornal
- ↑ "Mercedes unveils livery for its final Formula E campaign". www.motorsport.com. Consultado o 29 de novembro de 2021.
- ↑ "McLaren sign young karter Nyck de Vries". Formula 1 (en inglés). 21 de xaneiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2010. Consultado o 4 de marzo de 2017.
- ↑ "McLaren Formula 1 - Profile: Nyck de Vries". McLaren Mercedes (en inglés). 8 de abril de 2013. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2014. Consultado o 4 de marzo de 2017.
- ↑ Wood, Elliot (6 de maio de 2019). "Nyck de Vries' split with McLaren confirmed". Formula Scout (en inglés). Consultado o 25 de xullo de de 2019.
- ↑ "Fernando Alonso tops 'young driver test' for Renault on F1 2020's last days". Sky Sports (en inglés). 15 de decembro de 2020.
- ↑ "De Vries joins Vandoorne in Mercedes F1 reserve driver role". Autosport. 2 de marzo de 2021. Consultado o 20 de xuño de 2021.
- ↑ "Williams to run Mercedes reserve De Vries in FP1 in Spain". formula1.com. 16 de maio de 2022. Consultado o 22 de xullo de 2022.
- ↑ "De Vries joins Vandoorne in Mercedes F1 reserve driver role". Autosport. 2 de marzo de 2021. Consultado o 20 de xuño de 2021.
- ↑ "Nyck de Vries hará el FP1 de Monza con el Aston Martin de Sebastian Vettel". Motor.es (en castelán). 2022-09-06. Consultado o 2022-09-13.
- ↑ "Albon ruled out of Italian Grand Prix with appendicitis, as replacement De Vries prepares to make F1 race debut". F1 (en inglés). 10 de setembro de 2022. Consultado o 13 de setembro de 2022.
- ↑ "Albon stand-in De Vries explains how he went from F1 TV pundit to F1 driver as he secures top-10 start at Monza". Formula1. 10 de setembro de 2022. Consultado o 13 de setembro de 2022.
- ↑ Modelo:Citar jornal
- ↑ "AlphaTauri announce Nyck de Vries for 2023 alongside Tsunoda". Formula1.com. 8 de outubro de 2022. Consultado o 8 de outubro de 2022.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Web oficial (en inglés) (en neerlandés)