Gran Premio do Xapón de 2023

O Gran Premio do Xapón de 2023 (oficialmente coñecido como o Formula 1 Lenovo Japanese Grand Prix 2023). Celebrouse o 24 de setembro de 2023 no circuíto de Suzuka, en Suzuka, Xapón, foi a 16ª rolda da tempada 2023 e o 48º Gran Premio do Xapón. O evento de 2023 é a trixésima sétima vez que a carreira correuse como un evento do Campionato do Mundo desde a tempada inaugural en 1950, e a trixésima terceira vez que se celebrou en Suzuka.

Gran Premio de Xapón de 2023
Detalles da carreira
Carreira 16 de 22 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023.
Trazado do circuíto de Suzuka.
Trazado do circuíto de Suzuka.
Data 24 de setembro de 2023
Nome oficial Lenovo Japanese Grand Prix de 2023
Localización Circuíto de Suzuka, Suzuka, Prefectura de Mie, Xapón
Percorrido Percorrido permanente de carreira
5´807 km
Distancia 53 voltas, 307´771 km
Pole position
Piloto Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT
Tempo 1:28.877
Volta rápida
Piloto Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT
Tempo 1:34.183 na volta 39
Podio
Primeiro Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT
Segundo Lando Norris McLaren-Mercedes
Terceiro Australia oscar Piastri McLaren-Mercedes

Pneus dispoñibles editar

Pneus dispoñibles para Suzuka
Pneus para pista seca Pneus para chuvia
 
Duros (Tipo C1)
 
sans_cadre
Medios (Tipo C2)
 
Brandos (Tipo C3)
     
Intermedios
    
      Chuvia

Cualificación editar

A cualificación celebrouse o 23 de setembro de 2023 ás 15:00 hora local (UTC+9).

Informe de cualificación editar

Max Verstappen logrou a pole position por diante de Oscar Piastri e Lando Norris.

Durante a primeira quenda, Logan Sargeant levou o seu Williams contra o muro, sacando a bandeira vermella e saíndose da sesión. Valtteri Bottas, Lance Stroll, Nico Hülkenberg e Guanyu Zhou tamén quedaron fora.

Durante a segunda quenda, Liam Lawson, Pierre Gasly, Alexander Albon, Esteban Ocon e Kevin Magnussen foron eliminados mentres Charles Leclerc encabezou a quenda.

Durante a terceira quenda, Verstappen fixo a volta rápida, outorgándolle efectivamente a pole position, superándose en máis dunha décima para aseguralo.[1]

Clasificación da cualificación editar

Pos. Piloto Construtor Tempos cualificación Grella
Q1 Q2 Q3
1 1   Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT 1:29.878 1:29.964 1:28.877 1
2 81   Oscar Piastri McLaren-Mercedes 1:30.439 1:30.122 1:29.458 2
3 4   Lando Norris McLaren-Mercedes 1:30.063 1:30.296 1:29.493 3
4 16   Charles Leclerc Ferrari 1:30.393 1:29.940 1:29.542 4
5 11   Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda RBPT 1:30.652 1:29.965 1:29.650 5
6 55   Carlos Sainz Ferrari 1:30.651 1:30.067 1:29.850 6
7 44   Lewis Hamilton Mercedes 1:30.811 1:30.040 1:29.908 7
8 63   George Russell Mercedes 1:30.811 1:30.268 1:30.219 8
9 22   Yuki Tsunoda AlphaTauri-Honda RBPT 1:30.733 1:30.204 1:30.303 9
10 14   Fernando Alonso Aston Martin Aramco-Mercedes 1:30.971 1:30.465 1:30.560 10
11 40   Liam Lawson AlphaTauri-Honda RBPT 1:30.425 1:30.508 11
12 10   Pierre Gasly Alpine-Renault 1:30.843 1:30.509 12
13 23   Alexander Albon Williams-Mercedes 1:30.941 1:30.537 13
14 31   Esteban Ocon Alpine-Renault 1:30.960 1:30.586 14
15 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:30.976 1:30.665 15
16 77   Valtteri Bottas Alfa Romeo-Ferrari 1:31.049 16
17 18   Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 1:31.181 17
18 27   Nico Hülkenberg Haas-Ferrari 1:31.299 18
19 24   Guanyu Zhou Alfa Romeo-Ferrari 1:31.398 19
107% tempo: 1:36.169
2   Logan Sargeant Williams-Mercedes Sen tempo 20[2]
Fonte:[3][4]

Carreira editar

A carreira celebrouse o 24 de setembro de 2023 ás 14:00 hora local (UTC+9).

Informe da carreira editar

na saída da carreira, Oscar Piastri caeu ao terceiro posto con Lando Norris tomando a súa posición. Tamén dous coches entraron en contacto, Valtteri Bottas golpeou o coche de Alexander Albon, sacando o coche de seguridade debido a un exceso de restos na vía. Lewis Hamilton viuse obrigado a entrar no céspede despois de tentar superar a Sergio Pérez Mendoza, que sufriu algún dano, polo que o piloto de Red Bull Racing entrou en boxes e cambiou o alerón dianteiro, caendo ata o último lugar da carreira. Despois do seu accidente na Q1 o día anterior, os enxeñeiros de Williams reconstruíron o coche de Logan Sargeant. Non obstante, o uso de demasiadas pezas de recambio novas que non eran das orixinais significou que o coche fora considerado un terceiro coche, e Logan recibiu unha penalización de dez segundos a cumprir durante a carreira. Tamén obrigouselle a comezar desde o pit lane debido aos cambios que se fixeron no parque pechado.[5] Pérez tamén recibiu unha sanción de cinco segundos por infrinxir a normativa de coches de seguridade. Albon montou un novo alerón dianteiro.

Bottas foi golpeado por Sargeant e tivo que retirarse tras queixarse do manexo do seu coche, recibindo o estadounidense unha penalización de cinco segundos. Pérez golpeou entón a Kevin Magnussen, eliminando da carreira ao piloto danés de Haas. Mentres tanto, Lance Stroll entrou nos boxes e non saíu, e pronto uniuse Albon a súa retirada, pero non antes de que Lewis Hamilton contactara con George Russell á saída da horquilla, forzando a George a saír da pista, pero sen recibir penalización. Houbo confusión na retirada de Pérez da carreira; despois de bater con Magnussen antes, entrou no pit lane e parecía que se retirara. Varias voltas máis tarde reincorporouse á carreira, foi inmediatamente chamado ao boxes para cumprir a súa penalización, nunha táctica deseñada para garantir que a penlizacióna non cumprida non se trasladase ao seguinte Gran Premio de Qatar na forma dunha penalización na grella. Cumprida a penalización, Pérez retirouse unha vez máis.

Neste punto, o polesitter Max Verstappen lideraba a carreira con 16 segundos de vantaxe sobre Norris, segundo clasificado. Porén, Piastri superou a George Russell polo cuarto lugar, o que significa que estaba preparado para o seu primeiro podio na súa carreira na Fórmula Un. Pronto, Charles Leclerc pasou a Russell polo cuarto. Verstappen gañaría a carreira 20 segundos por diante de Norris e Piastri, este último logrando o primeiro podio da súa carreira e Verstappen, que conseguiu a volta rápida, deulle a Red Bull Racing o seu sexto Campionato de Construtores, o segundo consecutivo, tras superar coa súa vitoria tanto a Mercedes como a Ferrari.

Clasificación da carreira editar

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1   Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT 53 1:30:58.421 1 26[6]
2 4   Lando Norris McLaren-Mercedes 53 +19.387 3 18
3 81   Oscar Piastri McLaren-Mercedes 53 +36.494 2 15
4 16   Charles Leclerc Ferrari 53 +43.988 4 12
5 44   Lewis Hamilton Mercedes 53 +49.376 7 10
6 55   Carlos Sainz Ferrari 53 +50.221 1 8
7 63   George Russell Mercedes 53 +57.659 8 6
8 14   Fernando Alonso Aston Martin Aramco-Mercedes 53 +1:14.725 10 4
9 31   Esteban Ocon Alpine-Renault 53 +1:19.678 14 2
10 10   Pierre Gasly Alpine-Renault 53 +1:23.155 12 1
11 40   Liam Lawson AlphaTauri-Honda RBPT 53 +1:34.626 11
12 22   Yuki Tsunoda AlphaTauri-Honda RBPT 53 +1:35.406 9
13 24   Guanyu Zhou Alfa Romeo-Ferrari 52 +1 volta 19
14 27   Nico Hülkenberg Haas-Ferrari 52 +1 volta 18
15 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 52 +1 volta 15
Ret 23   Alexander Albon Williams-Mercedes 26 13
Ret 2   Logan Sargeant Williams-Mercedes 22 20
Ret 18   Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 20 17
Ret 11   Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda RBPT 15 5
Ret 77   Valtteri Bottas Alfa Romeo-Ferrari 7 16
Volta rápida:   Max Verstappen (Red Bull Racing-Honda RBPT) – 1:34.183 (volta 39)
Fonte:[4][7][8]

Posicións logo da carreira editar

  • Os competidores en negra e marcados cun asterisco son os Campións do Mundo de 2023.
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas editar

  1. "Verstappen hails ‘fantastic’ run to pole at Suzuka as Red Bull bounce back in style". Formula One Management. 23 September 2023. 
  2. Logan Sargeant non puido establecer un tempo durante a cualificación. Permitiuselle participar na carreira a criterio dos comisarios
  3. "Formula 1 Lenovo Japanese Grand Prix 2023 – Qualifying". Formula1.com. 23 de setembro de 2023. Consultado o 23 de setembro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 "Formula 1 Lenovo Japanese Grand Prix 2023 – Starting Grid". Formula1.com. 23 de setembro de 2023. Consultado o 23 de setembro de 2023. 
  5. Gale, Ewan (24 de setembro de 2023). "Sargeant and Williams slapped with double penalty over strange breach". RacingNews365. 
  6. Inclúe un punto pola volta rápida
  7. "Formula 1 Lenovo Japanese Grand Prix 2023 – Race Result". Formula1.com. 24 de setembro de 2023. Consultado o 24 de setembro de 2023. 
  8. "Formula 1 Lenovo Japanese Grand Prix 2023 – Fastest Laps". Formula1.com. 24 de setembro de 2023. Consultado o 24 de setembro de 2023. 
  9. 9,0 9,1 "Japan 2023 – Championship". StatsF1.com. 23 September 2023. Consultado o 24 de setembro de 2023. 

Ligazóns externas editar


Carreira anterior:
Gran Premio de Singapur de 2023
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2023
Carreira seguinte:
Gran Premio de Qatar de 2023
Carreira anterior:
Gran Premio do Xapón de 2022
Gran Premio do Xapón Carreira seguinte:
Gran Premio do Xapón de 2024