Abrir o menú principal

Cidade do Motor de Aragón

Coordenadas: 41°4′42″N 0°12′27″O / 41.07833, -0.20750

O Circuíto de alta velocidade

A Cidade do Motor de Aragón, tamén coñecida como Motorland Aragón, é un complexo dedicado á industria do motor situado no municipio de Alcañiz, na provincia de Teruel, España, que foi inaugurado no ano 2008.

Cunha superficie de 350 hectáreas, a Cidade disporá de seis circuítos: un autódromo, un de karting e catro de terra. Igualmente, contará cun parque tecnolóxico de 21 hectáreas para investigación e proba de materiais de fabricantes de vehículos e unha área de lecer e cultura deseñada polo arquitecto Norman Foster.

É a sede do Gran Premio de Motociclismo de Aragón do Mundial de MotoGP desde a tempada 2010, cando entrou como substituto do de Hungría, xa que o Circuíto de Balatonring non se acabou a tempo.

Circuíto de velocidadeEditar

 
Circuíto de karting.
 
Curva "Sacacorchos".
 
Área de aparcamento para os visitantes

O proxecto foi desenvolvido polo arquitecto alemán Hermann Tilke, considerado por moitos o mellor deseñador de circuítos do mundo e a cuxo gabinete se deben os actuais trazados dos circuítos de Sepang (Malaisia), Bahrain, Shanghai (China), Istambul (Turquía) e Fuji (Xapón). Tamén estivo inmerso no proxecto o piloto probador do equipo McLaren Pedro Martínez de la Rosa en función de asesor técnico.

As súas principais características serán:

  • Lonxitude total: 5.345 m.
  • Sentido de xiro: antihorario
  • Recta de maior lonxitude: 1.726 m.
  • Anchura: 12 m.
  • Lonxitude da recta de saída: 630 m.
  • Número de curvas: 18 (circuíto 1) / 14 (circuíto 2)
  • Pendente máxima: 5,4% (ascendente) e 7,2% (descendente)
  • Superficie do paddock: 33.700 m²

O trazado é ampliable ata os 10 km para disputar probas de resistencia e atópase adaptado á orografía do Bajo Aragón; esta última é unha das principais características do circuíto deseñado por Tilke: que intenta adaptarse ao terreo da contorna.

Unha vez construído, o circuíto será homologable á categoría 1T da Federación Internacional do Automóbil, o cal permitiría efectuar nel adestramentos de Fórmula 1, e ás categorías 2, 3 e 4 e "Grao A Grand Prix" da Federación Internacional de Motociclismo.

Circuíto de kartingEditar

Deseñado polo español Jaime Nogué (GPO), o trazado será homologable para a disputa de competicións internacionais da especialidade. As súas principais características son:

  • Lonxitude total: 2.049 m.
  • Lonxitude do circuíto homologable: 1.671,633 m.
  • Anchura: 10 m - 15,75 m.
  • Lonxitude da recta de saída: 993,74 m.
  • Número de curvas: 9 a esquerdas e 10 a dereitas
  • Pendente máxima: 3,25% (ascendente) e 4,5% (descendente)
  • Superficie do paddock: 200 prazas de 8 x 6

O deseño deste circuíto permite alargalo ou acurtalo segundo a competición que se celebre no mesmo. Á súa vez o circuíto principal poderá dividirse en dous circuítos independentes de 1 km de lonxitude aproximado para cada un, os circuítos disporán de dous paddocks e viarios de acceso para o seu uso independente.

Circuítos de terraEditar

Deseñados polo arquitecto aragonés Carlos Miret Bernal, os diferentes trazados ocuparán unha superficie de 34 hectáreas. Permitirán a celebración de competicións de autocross, motocross, rallycross e dirt-track.

Véxase taménEditar