Norman Foster
Norman Robert Foster, nado en Manchester o 1 de xuño do 1935, é un arquitecto británico.
Norman Foster | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Norman Robert Foster |
Nacemento | 1 de xuño de 1935 |
Lugar de nacemento | Stockport |
Nacionalidade | Reino Unido |
Alma máter | Universidade de Manchester, Yale School of Architecture, Burnage Academy for Boys e Universidade Yale |
Ocupación | arquitecto, político e deseñador |
Pai | Robert Foster |
Nai | Lillian Smith |
Cónxuxe | Wendy Foster e Elena Ochoa |
Coñecido por | Commerzbank Tower, Gerling Ring Square, Canary Wharf (Metropolitano de Londres), Carré d'Art, Câmara Municipal de Londres, 200 Greenwich Street, Willis Building, Sage Gateshead, New Holland Island, Palace of Peace and Reconciliation, National Portrait Gallery, 30 St Mary Axe, Torre HSBC, Reichstag, Wembley Stadium, Crystal Island, Queen Elizabeth II Great Court, Dresden Central Station, Rose Bowl, National Police Memorial, Centro de Tecnologia McLaren, Leslie Dan Faculty of Pharmacy, Langley Academy, Slough, 8 Canada Square, Escola de Direito de Cambridge, Torre Bankia, Domo do Reichstag, Millennium Bridge, Milano Santa Giulia, Expo MRT station, Metro de Bilbao, Willis Building, Hilton Valencia, The Harmon, SEC Armadillo, Langham Hotel, U2 Tower, Sainsbury Centre for Visual Arts, Deutsche Bank Place, APIIC Tower, AT&T Performing Arts Center, Imperial War Museum Duxford, The Index, The Bow, porto centro mundial, Centro de entretemento de Khan Shatyr, Torre Hearst, Philological Library of Freie Universität Berlin, Torre de Collserola e Viaduto de Millau |
Premios | Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, Ordem de Mérito da Renânia do Norte-Vestfália, Ordem de Mérito, Premio Pritzker, Grã-cruz do Mérito com Estrela da Ordem do Mérito da República Federal da Alemanha, Prince Philip Designers Prize, Premio Príncipe de Asturias das Artes, Praemium Imperiale, Prémio Stirling, Medalla de Ouro do AIA, Medalla de Ouro do RIBA, Berliner Kunstpreis, membro da Royal Academy of Engineering, honorary doctor of the University of Hong Kong, Premio de Arquitectura Contemporánea da Unión Europea - Premio Mies van der Rohe, Knight Bachelor, Royal Designers for Industry, Berliner Bär e M100 Media Award |
Na rede | |
http://www.normanfosterfoundation.org/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |



Traxectoria editar
Foster iniciou os seus estudos na Universidade de Manchester, pasando despois á de Yale. Traballou para o visionario Buckminster Fuller antes de coñecer a Richard Rogers, creando o Team 4 e logo no 1967 Foster Associates.
Os seus proxectos foron orixinalmente deseños moi influenciados polo high-tech, afastándose dese estilo ata achegarse a unhas creacións máis sublimes e dunha moldeada modernidade.
Coñecido por algúns, despectivamente, coma un arquitecto "superstar" debido á súa enorme fama e popularidade en todo o mundo, o certo e que é un dos máis aclamados e recoñecidos arquitectos a nivel mundial. O seu labor como arquitecto foille recoñecido outorgándolle o prestixioso Premio Pritzker no ano 1999.
En 2009, reibiu o Premio Princesa de Asturias das Artes.
En 2011 foille concedido o proxecto de construción da estación de tren de AVE de Ourense.
Vida persoal editar
En 1996 casou coa psicóloga e xornalista ourensá Elena Ochoa.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Norman Foster |