Buckminster Fuller

deseñador, arquitecto, visionario e inventor estadounidense

Richard Buckminster "Bucky" Fuller, nado en Milton (Massachusetts) o 12 de xullo de 1895 e finado nos Ánxeles o 1 de xullo de 1983, foi un deseñador, arquitecto, visionario e inventor estadounidense. Tamén foi profesor na Universidade do Sur de Illinois Carbondale e un prolífico escritor.

Modelo:BiografíaBuckminster Fuller

(1972) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Richard Buckminster Fuller Editar o valor en Wikidata
12 de xullo de 1895 Editar o valor en Wikidata
Milton, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xullo de 1983 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Mount Auburn (pt) Traducir, Bellwort Path-2669-Space 8 42°22′11″N 71°08′45″O / 42.369761, -71.145945 Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMaine Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
Milton Academy (pt) Traducir
Bates College
Harvard College Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArquitecto, deseño e enxeñeiro Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Os Ánxeles Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónarquitecto, artista visual, artista, enxeñeiro, filósofo, deseñador, poeta, profesor universitario, inventor, científico, escritor, autor de diarios, matemático Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1915 Editar o valor en Wikidata - 1974 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorSouthern Illinois University Carbondale (en) Traducir (1959–1975)
Universidade Washington em St. Louis (pt) Traducir
Black Mountain College Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoArquitetura high-tech (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosTom Myers Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioBucky Fuller Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeAnne Hewlett Editar o valor en Wikidata
FillosAllegra Fuller Snyder Editar o valor en Wikidata
PaisRichard Buckminster Fuller Editar o valor en Wikidata  e Caroline Wolcott Andrews Editar o valor en Wikidata
IrmánsCaroline Leslie Fuller Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Фуллер Ричард Бакминстер)
UbuWeb
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0298326 BNE: XX1670489 Musicbrainz: 89999999-d9e4-40c9-9989-d2b61485e130 WikiTree: Fuller-4092 Find a Grave: 1403 Editar o valor en Wikidata

Durante a súa vida, Fuller buscou resposta á pregunta: "Ten a humanidade unha posibilidade de sobrevivir finalmente e con éxito no planeta Terra e, se é así, como?" Considerándose el mesmo un individuo medio sen especiais medios económicos ou título académico, escolleu dedicar a súa vida a esta cuestión, tentando descubrir se un individuo podía mellorar a condición humana dunha forma que non podían facer os gobernos, as grandes organizacións ou as empresas privadas.

No transcurso deste experimento, que durou toda a súa vida, Fuller escribiu vinte e oito libros, acuñando e popularizando termos como sinerxía, nave espacial Terra e efemeralización. Tamén realizou moitas invencións, especialmente nos campos da arquitectura, na que o seu traballo máis coñecido é a cúpula xeodésica. As moléculas de carbono coñecidas como fullerenos tomaron o seu nome do seu parecido coas esferas xeodésicas.

Nunha etapa posterior da súa vida, tras traballar nas súas ideas durante moitos anos, Fuller obtivo unha considerable visibilidade pública. Viaxou polo mundo dando clases e recibiu moitos doutoramentos honoris causa. Con todo, a maioría das súas invencións nunca se chegaron a fabricar polo que recibiu críticas en moitos campos nos que interveu, ou simplemente foi tachado de utópico. Por outra banda, os partidarios de Fuller aseguran que a súa obra non recibiu toda a atención que merece. De acordo co filósofo N. J. Slabbert, Fuller tiña un estilo de escritura escuro que obstaculizou a circulación das súas ideas.[1]

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar

Richard Buckminster era fillo de Richard Buckminster Fuller e Caroline Wolcott Andrews. A súa tía avoa era a trascendentalista Margaret Fuller. Pasou a súa mocidade en Bear Island, na costa de Maine. Era un neno naturalmente propenso a deseñar e construír cousas. A miúdo fixo cousas a partir de materiais que traía a casa do bosque e en ocasións construía as súas propias ferramentas. Experimentou deseñando un novo aparello para a propulsión de pequenas barcas. Anos máis tarde decidiu que esta clase de experiencia lle proporcionaran non só un interese polo deseño, senón o hábito de ser completamente familiar e coñecedor dos materiais que os seus proxectos posteriores necesitaron. Fuller conseguiu un certificado de maquinista e aprendeu a usar a dobradora de láminas e outras ferramentas empregadas no traballo de láminas metálicas.

Fuller acudiu á Milton Academy, en Massachusetts. Despois estudou na Universidade Harvard, mais foi expulsado dúas veces: primeiro, por malgastar o seu diñeiro en esmorgas cunha compañía de vodevil e máis tarde pola súa "irresponsabilidade e falta de interese". Segundo dixo el mesmo, era un inconformista inadaptado na contorna das fraternidades. Fuller recibiu un título de doutor en ciencias polo Bates College.

Entre os seus cursos en Harvard traballou no Canadá como mecánico nunha fábrica téxtil, e máis tarde na industria do empaquetado de carne. Casou con Anne Hewlett en 1917, e tamén serviu na Mariña como operador de radio e editor dunha publicación. Tras licenciarse volveu traballar no empaquetado de carne, onde obtivo experiencia como xerente. A principios da década de 1920 desenvolveu xunto ao seu padrasto o Stockade Building System para producir vivendas lixeiras, a proba de duras condicións meteorolóxicas e de incendio, aínda que a compañía fracasou.

En 1927, aos 32 anos, en creba e sen traballo, vivindo nun baixo de Chicago, a súa filla máis nova Alexandra morreu de polio e meninxite espiñal. Sentiuse responsable, o que o levou a beber e estivo ao bordo do suicidio. No último momento decidiu en cambio embarcarse nun "experimento, para descubrir se un individuo pode contribuír a cambiar o mundo e beneficiar a toda a humanidade".

Madurez

editar
 
Géode V 3 1

Fuller aceptou un posto nunha universidade pequena de Carolina do Norte, o Black Mountain College. Alí, co apoio dun grupo de profesores e estudantes comezou a traballar no proxecto que o fixo famoso e que revolucionou o campo da enxeñaría, a cúpula xeodésica.

En 1949 erixiu a primeira cúpula xeodésica do mundo que podía soster o seu propio peso sen límite. Era unha cúpula de 4,2 metros de diámetro construída con tubos de aluminio e unha cuberta de vinilo en forma de tetraedro. Para probar o seu deseño, Buckminster e moitos estudantes que axudaran na súa construción colgáronse da estrutura ante os atónitos espectadores. O goberno estadounidense recoñeceu a importancia do invento e contratouno para facer pequenas cúpulas para o exército. En poucos anos había miles destas cúpulas en todo o mundo.

Durante o seguinte medio século Fuller achegou moitas ideas, deseños e invencións ao mundo, especialmente nos campos das vivendas e o transporte barato. Documentou escrupulosamente a súa vida, filosofía e ideas nun diario e en vinte e oito libros.

O recoñecemento internacional chegoulle a partir do éxito da súa xigantesca cúpula xeodésica na década de 1950. Fuller ensinou dende 1959 na Southern Illinois University Carbondale como profesor axudante, pasando a ser profesor en 1968 da Escola de Arte e Deseño. Como deseñador, científico, desenvolvedor e escritor deu conferencias por todo o mundo sobre deseño. Fuller colaborou no SIU co deseñador John McHale. En 1965 inaugurou a Década Mundial da Ciencia do Deseño (1965 a 1975) no encontro da Unión Internacional de Arquitectos en París, que estivo nas súas propias palabras dedicada a "aplicar os principios da ciencia a resolver os problemas da humanidade".

Fuller cría que as sociedades humanas dependerían axiña das fontes de enerxía renovables, como a solar e a eólica. Esperaba unha era de "educación de éxito e sostibilidade de toda a humanidade".

Fuller obtivo 28 patentes e moitos doutoramentos honoríficos. O 16 de xullo de 1970 recibiu a medalla de ouro do Instituto Estadounidense de Arquitectos.

Morreu o 1 de xullo de 1983 aos 87 anos de idade, sendo un gurú do deseño, a arquitectura e as comunidades alternativas como Drop City, a comunidade de artistas experimentais á que galardoou co premio Dymaxion en 1966 polas súas estruturas "poeticamente económicas". A súa esposa estaba en estado de coma agonizando por un cancro, e cando a estaba a visitar no hospital dixo: "está a apertar a miña man". Entón levantouse, sufriu un ataque cardíaco e morreu unha hora máis tarde. A súa dona faleceu 36 horas despois. Está enterrado no Cemiterio Mount Albourn, xunto a Boston, Massachusetts.

Filosofía e visión do mundo

editar
 
Mary Brown Center, East St. Louis (Illinois)

Buckminster foi un dos primeiros activistas ambientais. Era moi consciente do limitado dos recursos que o tiña planeta para ofrecer e avogaba por un principio que chamou "efemeralización", que, en esencia, de acordo co futurista e discípulo de Fuller Stewart Brand, cuñou para significar "facer máis con menos".[2] Os recursos e o material de refugallo podían reciclarse para crear produtos valiosos, incrementando a eficiencia do proceso completo. Fuller introduciu tamén a palabra synergetics, unha expresión metafórica para comunicar experiencias usando conceptos xeométricos moito antes de que o vocábulo sinerxía se fixese popular.

Fuller foi un dos primeiros en explorar os principios da eficiencia enerxética e a eficiencia de materiais nos campos da arquitectura, a enxeñaría e o deseño.[3][4] Citou o punto de vista de François de Chardenedes de que o consumo de petróleo dispara o noso "orzamento enerxético" se se considera a enerxía solar almacenada. Declarou que o petróleo lle custaba á natureza "máis dun millón de dólares" por galón. Dende ese punto de vista, o seu uso en transporte polas persoas que acoden ao traballo representa unha perda neta enorme comparado co que se obtén.[5]

Fuller estaba preocupado pola sostibilidade e pola supervivencia humana no sistema socioeconómico actual, aínda que era optimista achega do futuro da humanidade. Definía a riqueza en termos de coñecemento como a «capacidade tecnolóxica de protexer, criar, apoiar e acomodar todas as necesidades da vida», a súa análise da condición do que el denominaba «Nave Espacial Terra» levouno a concluír que nun punto na década de 1970 a humanidade cruzara un fito sen precedentes. Estaba convencido de que a acumulación de coñecemento relevante, combinada coa cantidade de recursos reciclables que foran extraídos da terra alcanzaran un nivel crítico tal que a competencia pola satisfacción das necesidades non era xa necesaria. E que a cooperación pasara a ser a estratexia óptima de supervivencia humana. O "egoísmo", dixo, "é innecesario e irracionalizable...a guerra é obsoleta..."

As últimas ideas de Fuller foron seguramente sobre xeometría. Asegurou que a xeometría analítica natural do universo estaba baseada en matrices de tetraedros.

Richard Buckminster Fuller, debido aos seus constantes esforzos por lograr a máxima efectividade en todos os aspectos da vida, logrou desenvolver un sistema que lle permitía durmir só dúas horas ao día.

O 11 de outubro de 1943, a revista Time explicábao:

Unha persoa ten unha primeira almacenaxe de enerxía, que se completa rapidamente, e despois ten unha segunda reserva, que tarda máis en recuperarse. Así que el pensou que unha persoa podería ser quen de acurtar os seus períodos de descanso se se relaxaba deseguido despois de que a súa enerxía primaria se esgotase.

Fuller deduciu que cada 6 horas se producía un momento de fatiga, e que con só 30 minutos de soño cada esas 6 horas era suficiente para sentirse descansado.

Fuller estivo dous anos vivindo e traballando con este sistema, pero ao final abandonouno por unha falta de compatibilidade co resto do mundo.

Proxectos principais

editar
 
Vista do pavillón estadounidense da Expo 67, por R. Buckminster Fuller, agora Biosphère, en Île Sainte-Hélène, Montreal. Fuller desenvolveu a cúpula xeodésica na década de 1940 en concordancia co seu pensamento "sinérxico".

Fuller foi famoso polas súas cúpulas xeodésicas, as cales poden verse aínda en instalacións militares, edificios civís e exposicións. A súa construción baséase nos principios básicos das estruturas de tensegridade, que permiten montar estruturas simples asegurando a súa integridade tensional (tetraedros, octaedros e conxuntos pechados de esferas). Ao estaren feitas deste xeito son extremadamente lixeiras e estables. A patente das cúpulas xeodésicas foi concedida en 1954 despois de décadas de esforzos para investigar os principios das construcións naturais.

Fuller acuñou a palabra Dymaxion (abreviación de "Dynamic Maximum Tension") para referirse á súa filosofía de obter o máximo de cada material. Esta palabra serviulle como marca que empregou en moitas das súas invencións, como a casa Dymaxion, o mapa Dymaxion ou o coche Dymaxion. Para o automóbil experimentou con ideas e achegamentos totalmente radicais en colaboración con outros profesionais dende 1932 ata 1935. Baseándose nas ideas das aeronaves existentes, presentáronse tres prototipos de automóbiles moi diferentes dos que había no mercado. Tiñan en común que só tiñan tres rodas, non catro (as dúas rodas de dirección diante e a roda de tracción detrás) e que o motor estaba na parte traseira. Tanto o chasis como a forma eran deseños orixinais nos tres prototipos. A aerodinámica era parecida á dunha pinga de auga (un dos prototipos tiña 5,48 m de longo, con capacidade para once pasaxeiros). Era un deseño que se parecía á dunha aeronave lixeira sen as ás. Era esencialmente un minibús nas súas tres versións e o seu concepto foi bastante anterior ao minibús deseñado por Ben Pon en 1947 para o Volkswagen Tipo 2.

Un tipo de molécula formada exclusivamente por átomos de carbono leva o seu nome, os fullerenos, e coñécense así polo parecido destas moléculas coas cúpulas que deseñou Fuller.

  1. Slabbert, N. J. (febreiro de 2007). Richard Buckminster Fuller's Plea for Comprehensive Design. Washington DC: Urban Land magazine. 
  2. Brand, Stewart (1999). The Clock of the Long Now. Nova York: Basic. ISBN 046504512X. 
  3. Fuller, R. Buckminster (1969). Operating Manual for Spaceship Earth. Carbondale, Illinois: Southern Illinois University Press. ISBN 080932461X. 
  4. Fuller, R. Buckminster; Applewhite, E. J. (1975). Synergetics. Nova York: Macmillan. ISBN 002541870X. 
  5. Fuller, R. Buckminster (1981). Critical Path. Nova York: St. Martin's Press. pp. xxxiv–xxxv. ISBN 0312174888. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Eastham, Scott: American Dreamer. Bucky Fuller and the Sacred Geometry of Nature; The Lutterworth Press 2007, Cambridge; ISBN 978-0-7188-3031-1

Ligazóns externas

editar