Ben Pon

Ben Pon
Ben Pon (1964).jpg
Ben Pon
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Países Baixos Países Baixos
Anos en activo 1962
Escudería(s) Ecurie Maarsbergen (Porsche privado)
Grandes Premios disputados 1
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio dos Países Baixos de 1961
Derradeiro GP Gran Premio dos Países Baixos de 1961

Bernardus Marinus "Ben" Pon nado en Amersfoort, Países Baixos o 9 de decembro de 1936 é un ex deportista olímpico e expiloto de competición dos Países Baixos. Competiu nunha carreira de Fórmula 1, o Gran Premio dos Países Baixos de 1962, pero tivo unha andaina moito máis larga competindo con coches deportivos, antes de dar as costas á competición para concentrarse no comercio do Viño. Tamén representou aos Países Baixos en tiro nos Xogos Olímpicos de 1972, terminando o 31º.[1][2]

VidaEditar

O seu pai, Ben Pon, Sr., era un importador de Volkswagen Escaravello nos Estados Unidos, e considérase o "pai" do Volkswagen Volkswagen Tipo 2 debido ao seu interese inicial e a participación no proxecto.[3]

Ben Pon era amigo persoal do piloto de Fórmula Un Carel Godin de Beaufort. Beaufort era o propietario do equipo privado Ecurie Maarsbergen que proporcionoulle un Porsche 787 para que correra no Gran Premio holandés en Zandvoort, de 1962, no seu Gran Premio de casa o 20 de maio de 1962. Non puido rematar a carreira debido a un accidente, que envorcou o seu coche encima, lanzando a Pon fóra da carlinga.[1] Como resposta, Pon xurou non competir nunca máis cos monoprazas, e nos anos seguiron permaneceu fiel á súa palabra, mentres que logrou moitos éxitos nas carreiras de coches deportivos, pilotando tamén un Porsche. Pon retirouse das carreiras de autos deportivos profesionais en 1965.

Desde a súa retirada no campo deportivo, Pon volveu a súa atención ao comercio do viño. Agora é coñecido polo seu Bernardus Winery en Carmel Valley, California, e é dono do negocio de venda de viños máis antigo dos Países Baixos.

Rexistro de carreirasEditar

Resultados completos nas 24 Horas de Le MansEditar

Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase voltas Pos. Clase
Pos.
1961   Porsche System Engineering   Herbert Linge Porsche 356B Abarth GTL S 1.6 284 10º
1962   Porsche System Engineering   Carel Godin de Beaufort Porsche 356B Abarth GT 1.6 35 Ret Ret
1963   Porsche System Engineering   Heinz Schiller Porsche 356B 2000GS GT GT 2.0 115 Ret Ret
1964   Racing Team Holland   Henk van Zalinge Porsche 904/4 GTS GT 2.0 319
1965   Auguste Veuillet   Robert Buchet Porsche 904/4 GTS GT 2.0 224 Ret Ret
1967   Porsche System Engineering   Vic Elford Porsche 906K Carreira 6 S 2.0 327

Resultados Completos na Fórmula UnEditar

(Clave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos
1962 Ecurie Maarsbergen Porsche 787 Porsche 547/6 1.5 F4 NED
Ret
MON BEL FRA GBR ALE ITA USA RSA NC 0

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Viva F1. "Formula One at the Olympics". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2012. Consultado o 2012-07-26. 
  2. "Ben Pon". Sports Reference. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 27 de febreiro de 2016. 
  3. "Who's Who of Volkswagen". Vwtrendsweb.com. 2002-09-28. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2013. Consultado o 2013-06-04. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar