Tiro deportivo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O tiro deportivo é un deporte que implica poñer a proba a precisión e concentración no manexo dunha arma de fogo ou de aire comprimido.
Todas as súas normas réxense de acordo coa Federación Internacional de Tiro Deportivo, (en inglés, International Shooting Sport Federation, ISSF), organismo internacional con sede en Alemaña, que é a organización que dirixe o tiro deportivo a nivel internacional, e é a encargada de celebrar periodicamente competicións e eventos en cada unha das súas disciplinas.
A práctica deste deporte require formación e disciplina, sendo esencial o uso dun equipo de protección persoal (PPE) (lentes protectoras e protector auditivo).
Tiro olímpico
editar- Artigo principal: Tiro nos Xogos Olímpicos.
O programa olímpico de tiro deportivo consta de 15 competicións diferentes: 9 para homes (M = masculino) e 6 para mulleres (F = feminino), en tres disciplinas diferentes, son cinco eventos de tiro con carabinas, cinco con pistolas e cinco para tiro ao prato con escopeta.
O programa olímpico cambiou para os Xogos Olímpicos de Pekín 2008, e o número de eventos de tiro pasou de 17 a 15. A pesar da redución, houbo maior participación, 390 tiradores procedentes de máis de 100 países participaron nesa edición dos XX.OO.[1]
Notas
editar- ↑ Shooting at the Olympic Games Arquivado 29 de xullo de 2012 en Wayback Machine. (en inglés).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tiro deportivo |
Bibliografía
editar- Pierre Lagrue (2013): Le Siècle olympique. Les Jeux et l'Histoire (Athènes, 1896-Londres, 2012). París: Encyclopaedia Universalis. ISBN 978-2-8522-9117-1. (Ler en liña).
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Real Federación Española de Tiro Olímpico
- International Shooting Sport Federation (ISSF)
- International Practical Shooting Confederation
- http://www.mlaic.org/
- Web oficial de Jorge Llames Arquivado 06 de maio de 2021 en Wayback Machine., campión español na modalidade olímpica de pistola de velocidade.
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |