Tálero de tiro
Tálero de tiro (en alemán: Schützentaler; en francés: Écu de tir) é a denominación que se lles dá no ámbito numismático ás moedas suízas cuñadas para conmemorar os festivais de tiro (en alemán: schützenfest; en francés: fête de tir), uns torneos moi populares en diversos cantóns da Confederación Suíza.[1][2][3]
A maior parte destas moedas son diferentes nos seus deseños respecto das súas equivalentes circulantes, non conmemorativas, aínda que as emitidas con motivo dos festivais de tiro de Xenebra en 1851 e de Seleura en 1855 supoñen unha excepción. As temáticas representadas son habitualmente de exaltación cantonal ou patriótica (militares históricos, heráldica, etc.).
Aínda que o máis habitual é que se trate de moedas de prata, algunhas das emisións do século XIX utilizaron outros metais, entre eles o ouro, sempre en pequenas cantidades.[4]
Estas moedas diferéncianse das medallas tamén emitidas para conmemorar os festivais de tiro por estaren suxeitas ás mesmas especificacións métricas que as demais moedas circulantes. Ademais, todas elas amosan o seu valor facial, coa excepción das de Stans e Sankt Gallen, nas que non aparece expreso. Malia recibiren o nome de táleros, por coincidiren nas súas especificacións de diámetro, metal e peso, ningunha delas amosa o seu valor facial nesa antiga moeda, máis propia de Alemaña e de Austria.[5] A primeira emisión dun tálero de tiro foi con motivo do festival de tiro de Coira en 1842, cun valor de catro francos; a segunda, emitida para Glarus, ten un valor facial de corenta batzen, e a terceira, do festival de tiro de Xenebra de 1851, é de dez francos. Ao longo do século XIX cuñáronse 18 deseños e, deles, todos os emitidos de 1855 a 1885 amosan a denominación de 5 francos.[4]
Xa no século XX, en 1934 comezou unha nova serie, que se truncou por mor da II Guerra Mundial, e en 1984 reiniciáronse estas emisións con motivo do festival en Oberhasli. Nas décadas seguintes xeneralizáronse as emisións en metais como o ouro e o cuproníquel e con denominacións de ata os 1.000 francos.[4]
HistoriaEditar
Os primeiros táleros de tiro foron moedas cantonais, emitidas polos cantóns soberanos de Suíza. Todas estas pezas, así como a emisión de 1855 de Soleura, tiñan curso legal. Os seguintes táleros do século XIX, xa dentro da Confederación Suíza, seguiron as especificacións legais de peso, medida e pureza do metal que se lles esixían ás moedas circulantes, polo que se lles permitiu a inclusión do seu valor facial de cinco francos.[6]
A partir de 1865, Suíza converteuse en membro da Unión Monetaria Latina e os táleros de tiro non foron incluídos entre as emisións autorizadas pola Unión. Xa que logo, as seguintes emisións pasaron a ser consideradas como semimoedas (ou semimedallas), aínda que seguían a ser aceptadas na circulación cotiá, xa que mantiñan as especificacións legais das moedas oficiais. Esta serie de táleros de tiro seguindo os padróns establecidos pola Unión Monetaria Latina terminou en 1885 co tálero de Berna.[6][7]
En 1927, a Unión Monetaria Latina deixou de existir e uns anos máis tarde, en 1934, retomouse a emisións de táleros de tiro para conmemorar o festival de Friburgo; este foi o derradeiro cuñado seguindo as especificacións legais da moeda suíza. En 1939 apareceu unha nova emisión para o festival de Lucerna, que xa non tiña nin o peso nin o diámetro das moedas circulantes legalmente, polo que estas pezas eran aceptadas unicamente no festival de tiro e nas empresas participantes.[6]
A produción de táleros de tiro foi interrompida pola Segunda Guerra Mundial.[4]
En 1984 iniciouse unha nova serie de táleros de tiro, debido en grande parte aos esforzos do comerciante de moedas con sede en California Richard Nelson. Tanto esta como todas as emisións posteriores teñen unicamente a condición de medalla conmemorativa e carecen absolutamente de curso legal.[4]
Emisións de táleros de tiroEditar
CoiraEditar
- Ano: 1842
- Valor facial: 4 francos
- Deseñador: Karl Friedrich Voigt
- Diámetro: 40 mm
- Metal: prata
- Tiraxe: 4.256 [8]
- Ref. Krause: 17 [9]
- Ref. Haberling: 1 [10]
- Notas: sábese que se cuñaron algunhas pezas en alpaca e en cinc. Supostamente, as de cinc terían sido colocadas no centro das dianas para que, no caso de alcanzalas, os tiradores obtivesen mellor puntuación.[8]
Lendas | Tradución | |||
---|---|---|---|---|
A/ | EIDGENÖSSISCHES FREISCHIESSEN IN CHUR – 1842 | "Tiro libre federal en Coira – 1842" | ||
R/ | CANTON GRAUBÜNDEN – 4 SCHWEIZER FRANKEN | "Cantón de Graubünden – 4 francos suízos" | ||
Canto | EINTRACHT MACHT STARK | "A harmonía é a forza" |
GlarusEditar
- Ano: 1847
- Valor facial: 40 batzen
- Deseñador: S. Burger, Karl Friedrich Voigt
- Diámetro: 40 mm
- Metal: prata
- Tiraxe: 3.200 [11]
- Ref. Krause: 20 [9]
- Ref. Haberling: 3 [10]
- Notas: fundíronse 1.023 pezas. Sábese que se cuñaron algunhas pezas en alpaca e en cinc. Supostamente, as de cinc terían sido colocadas no centro das dianas para que, no caso de alcanzalas, os tiradores obtivesen mellor puntuación.[11]
Lendas | Tradución | |||
---|---|---|---|---|
A/ | EIDGENÖSSISCHES FREYSCHIESSEN IN GLARUS – 1847 | "Tiro libre federal en Glarus – 1847" | ||
R/ | 40 Btz. | "40 batzen" | ||
Canto | EINTRACHT MACHT STARK | "A harmonía é a forza" |
XenebraEditar
- Ano: 1851
- Varor facial: 10 francos
- Deseñador: Antoine Bovy
- Diámetro: 48 mm
- Metal: prata
- Tiraxe: 1.000 [12]
- Ref. Krause: 138 [9]
- Ref. Haberling: 4 [10]
- Notas: o deseño é idéntico ao da moeda circulante de 10 francos.[12]
Lendas | Tradución | |||
---|---|---|---|---|
A/ | POST – TENEBRAS – LUX | "Luz despois da escuridade" | ||
R/ | REPUBLIC ET CANTON DE GENEVE – 10 FRANCS 1851 | "República e Cantón of Xenebra – 10 francos 1851" | ||
Canto | Anepígrafo | Anepígrafo |
SoleuraEditar
- Ano: 1855
- Valor facial: 5 francos
- Deseñador: Antoine Bovy
- Diámetro: 37 mm
- Metal: prata
- Tiraxe: 3.000 [13]
- Ref. Krause: S3 [9]
- Ref. Haberling: 5 [10]
- Notas: o deseño é idéntico ao da moeda circulante de 5 francos.[13]
Lendas | Tradución | |||
---|---|---|---|---|
A/ | HELVETIA | "Suíza" | ||
R/ | 5 Fr. 1855 | "5 francos 1855" | ||
Canto | EIDGEN. FREISCHIESEN SOLOTHURN 1855 | "Tiro libre feederal de Soleura 1855" |
BernaEditar
- Ano: 1857
- Valor facial: 5 francos
- Deseñador: Ferdinand Korn
- Diámetro: 37 mm
- Metal: prata
- Tiraxe: 5.191 [14]
- Ref. Krause: S4 [9]
- Ref. Haberling: 6 [10]
- Notas: coñécense exemplares en alpaca.[14]
ZürichEditar
- Ano: 1859
- Valor facial: 5 francos
- Deseñador: Ferdinand Korn
- Diámetro: 37 mm
- Metal: prata
- Tiraxe: 6.000 [15]
- Ref. Krause: S5 [9]
- Ref. Haberling: 7 [10]
Lendas | Tradución | |||
---|---|---|---|---|
A/ | EIDGENÖSSISCHES FREISCHIESSEN – 1859 | "Tiro libre federal – 1859" | ||
R/ | ZÜRICH – 5 FRANKEN | "Zürich – 5 francos" | ||
Canto | Anepígrafo | Anepígrafo |
Stans (Nidwalden)Editar
- Ano: 1861
- Valor facial: 5 francos
- Deseñador: Antoine Bovy, Lukas Ferdinand Schlöth
- Diámetro: 37 mm
- Metal: prata
- Tiraxe: 6.000 [16]
- Ref. Krause: S6 [9]
- Ref. Haberling: 8 [10]
- Notas: coñécense pezas de proba en alpaca.[16]
Lendas | Tradución | |||
---|---|---|---|---|
A/ | ARNOLD WINKELRIED | "Arnold Winkelried" | ||
R/ | EIDGENÖSSISCHES SCHÜTZENFEST IN NIDWALDEN – 1861 | "Festival federal de tiro en Nidwalden – 1861" | ||
Canto | Anepígrafo | Anepígrafo |
La Chaux-de-FondsEditar
- Ano: 1863
- Valor facial: 5 francos
- Deseñador: Antoine Bovy, Jacob Siber
- Diámetro: 37 mm
- Metal: prata
- Tiraxe: 6.000 [17]
- Ref. Krause: S7 [9]
- Ref. Haberling: 9 [10]
- Notas: coñécense exemplares en alpaca.[17]
Lendas | Tradución | |||
---|---|---|---|---|
A/ | HELVETIA – 5 FRANCS | "Suíza – 5 francos" | ||
R/ | TIR FEDERAL A LA CHAUX-DE-FONDS – JÚILLET 1863 | "Tiro federal en La Chaux-de-Fonds – Xullo 1863" | ||
Canto | Anepígrafo | Anepígrafo |
SchaffhausenEditar
- Ano: 1865
- Valor facial: 5 francos
- Deseñador: Antoine Bovy
- Diameter: 37 mm
- Metal: prata
- Tiraxe: 10.000 [18]
- Ref. Krause: S8 [9]
- Ref. Haberling: 10 [10]
- Notas: coñécense dous exemplares cuñados en ouro.[18]
Lendas | Tradución | |||
---|---|---|---|---|
A/ | Anepígrafo | Anepígrafo | ||
R/ | EIDGENÖSSISCHES SCHÜTZENFEST IN SCHAFFHAUSEN 1865 – 5 Fr. | "Festival federal de tiro en Schaffhausen 1865 – 5 francos" | ||
Canto | Anepígrafo | Anepígrafo |
SchwyzEditar
- Ano: 1867
- Valor facial: 5 francos
- Deseñador: Antoine Bovy
- Diámetro: 37 mm
- Metal: prata
- Tiraxe: 8.000 [19]
- Ref. Krause: S9 [9]
- Ref. Haberling: 11 [10]
Lendas | Tradución | |||
---|---|---|---|---|
A/ | KANTON SCHWYZ | "Cantón de Schwyz" | ||
R/ | EIDGENÖSSISCHES SCHÜTZENFEST IN SCHWYZ 1867 – 5 Fr. | "Festival federal de tiro en Schwyz 1867 – 5 francos" | ||
Canto | Anepígrafo | Anepígrafo |
ZugEditar
- Ano: 1869
- Valor facial: 5 francos
- Deseñador: Antoine Bovy
- Diámetro: 37 mm
- Metal: prata
- Tiraxe: 6.000 [20]
- Ref. Krause: S10 [9]
- Ref. Haberling: 12 [10]
- Notas: coñécense catro exemplares cuñados en ouro.[20]
ZürichEditar
- Ano: 1872
- Valor facial: 5 francos
- Deseñador: Fritz Landry
- Diámetro: 37 mm
- Metal: prata
- Tiraxe: 10.000 [21]
- Ref. Krause: S11 [9]
- Ref. Haberling: 13 [10]
- Notas: o deseño do anverso foi utilizado tamén para unha medalla conmemorativa do mesmo festival.[21]
Sankt GallenEditar
- Ano: 1874
- Valor facial: 5 francos
- Deseñador: Fritz Landry
- Diámetro: 37 mm
- Metal: prata
- Tiraxe: 15.000 [22]
- Ref. Krause: S12 [9]
- Ref. Haberling: 14 [10]
Lendas | Tradución | |||
---|---|---|---|---|
A/ | 1474 A 1476 | "1474 1 1476" | ||
R/ | EIDGENÖSS. SCHÜTZENFEST IN ST. GALLEN – 1874 | "Festival federal de tiro en Sankt Gallen – 1874" | ||
Canto | Anepígrafo | Anepígrafo |
LausanaEditar
- Ano: 1876
- Valor facial: 5 francos
- Deseñador: Edouard Durussel
- Diámetro: 37 mm
- Metal: prata
- Tiraxe: 20.000 [23]
- Ref. Krause: S13 [9]
- Ref. Haberling: 15 [10]
- Notas: o deseño do reverso foi utilizado tamén para unha medalla conmemorativa do mesmo festival.[23]
Lendas | Tradución | |||
---|---|---|---|---|
A/ | POUR ETRE FORTS SOYONS UNIS – 5 F | "Para sermos fortes, esteamos unidos – 5 francos" | ||
R/ | TIR FÉDÉRAL DE 1876 LAUSANNE | "Tiro federal de 1876 Lausana" | ||
Canto | Anepígrafo | Anepígrafo |
BasileaEditar
- Ano: 1879
- Valor facial: 5 francos
- Deseñador: Edouard Durussel
- Diámetro: 37 mm
- Metal: prata
- Tiraxe: 30.000 [24]
- Ref. Krause: S14 [9]
- Ref. Haberling: 16 [10]
- Notas: coñécense dúas variedades, unha con raios entre a espada e a perna e outra sen eles. Coñécense exemplares cuñados en alpaca.[24]
FriburgoEditar
- Ano: 1881
- Valor facial: 5 francos
- Deseñador: Edouard Durussel
- Diámetro: 37 mm
- Metal: prata
- Tiraxe: 30.000 [25]
- Ref. Krause: S15 [9]
- Ref. Haberling: 17 [10]
LuganoEditar
- Ano: 1883
- Valor facial: 5 francos
- Deseñador: Edouard Durussel
- Diámetro: 37 mm
- Metal: prata
- Tiraxe: 30.000 [26]
- Ref. Krause: S16 [9]
- Ref. Haberling: 18 [10]
BernaEditar
- Ano: 1885
- Valor facial: 5 francos
- Deseñador: Edouard Durussel, Christian Bühler
- Diámetro: 37 mm
- Metal: prata
- Tiraxe: 25.000 [27]
- Ref. Krause: S17 [9]
- Ref. Haberling: 19 [10]
- Notas: coñécense exemplares cuñados en alpaca.[27]
Emisións da Confederación Suíza dos séculos XIX e XX [28][29]Editar
Lugar | Data | Valor facial | Metal | Tiraxe | Ref. Krause[9] | Ref. Haberling[10] |
---|---|---|---|---|---|---|
Friburgo | 1934 | 5 francos | Prata | 40.650 | S18 | H20a |
Friburgo | 1934 | 100 francos | Ouro | 2.000 | S19 | H21 |
Lucerna | 1939 | 5 francos | Prata | 40.000 | S20 | H22 |
Lucerna | 1939 | 100 francos | Ouro | 6.000 | S21 | H23 |
Oberhasli | 1984 | 50 francos | Prata | 6.300 | S22 | H24a / H24b |
Oberhasli | 1984 | 1.000 francos | Ouro | 300 | S23 | H25 |
Altdorf | 1985 | 50 francos | Prata | 3.500 | S24 | H26a |
Altdorf | 1985 | 1.000 francos | Ouro | 300 | S25 | H27 |
Appenzell | 1986 | 50 francos | Prata | 3.700 | S26 | H28a |
Appenzell | 1986 | 1.000 francos | Ouro | 300 | S27 | H29 |
Glarus | 1987 | 50 francos | Prata | 3.200 | S28 | H1a |
Glarus | 1987 | 1.000 francos | Ouro | 300 | S29 | H32 |
Brugg | 1988 | 50 francos | Prata | 3.000 | S30 | H33a / H33b |
Brugg | 1988 | 1.000 francos | Ouro | 400 | S31 | H34 |
Menzingen | 1989 | 50 francos | Prata | 2.200 | S32 | H36a / H36b |
Menzingen | 1989 | 1.000 francos | Ouro | 250 | S33 | H37 |
Winterthur | 1990 | 50 francos | Prata | 5.000 | S34 | H39a |
Winterthur | 1990 | 1.000 francos | Ouro | 400 | S35 | H40a |
Langenthal | 1991 | 50 francos | Prata | 4.000 | S38 | H41a |
Langenthal | 1991 | 1.000 francos | Ouro | 400 | S39 | H42a |
Dielsdorf | 1992 | 50 francos | Prata | 1.750 | S40 | H43a / H43b |
Dielsdorf | 1992 | 1.000 francos | Ouro | 175 | S41 | H44 |
Weinfelden | 1993 | 50 francos | Prata | 2.200 | S42 | H45a |
Weinfelden | 1993 | 1.000 francos | Ouro | 200 | S43 | H46 |
Rorschach | 1994 | 50 francos | Prata | 2.200 | S44 | H47a |
Rorscach | 1994 | 1.000 francos | Ouro | 200 | S45 | H48 |
Thun | 1995 | 50 francos | Prata | 5.000 | S46 | H49a |
Thun | 1995 | 500 francos | Ouro | 500 | S47 | H50 |
Sempach | 1996 | 50 francos | Prata | 1.500 | S48 | H51a |
Sempach | 1996 | 500 francos | Ouro | 96 | S49 | H52 |
Neuhausen am Rheinfall | 1997 | 50 francos | Prata | 1.500 | S50 | H53a |
Neuhausen am Rheinfall | 1997 | 500 francos | Ouro | 97 | S51 | H54 |
Schwyz | 1998 | 50 francos | Prata | 1.500 | S52 | H55 |
Schwyz | 1998 | 500 francos | Ouro | 98 | S53 | H56a |
Zürich | 1999 | 5 francos | Cuproníquel | 2.500 | S54 | H57 |
Zürich | 1999 | 20 francos | Prata | 1.000 | S55 | H58 |
Sion | 1999 | 50 francos | Prata | 1.500 | S57 | H60 |
Zürich | 1999 | 200 francos | Ouro | 100 | S56 | H59 |
Sion | 1999 | 500 francos | Ouro | 99 | S58 | H61a |
Bière | 2000 | 50 francos | Prata | 3.500 | S59 | H62 |
Bière | 2000 | 500 francos | Ouro | 300 | S60 | H63a |
Altdorf, Uri | 2001 | 50 francos | Prata | 1.500 | S61 | H64 |
Altdorf, Uri | 2001 | 500 francos | Ouro | 150 | S62 | H65a |
Zürich | 2002 | 50 francos | Prata | 1.500 | S63 | H66 |
Zürich | 2002 | 500 francos | Ouro | 150 | S64 | H67a |
Liestal | 2003 | 50 francos | Prata | 1.500 | S65 | H68 |
Liestal | 2003 | 500 francos | Ouro | 150 | S66 | H69a |
Friburgo | 2004 | 50 francos | Prata | 1.500 | S67 | H70a / H70b |
Friburgo | 2004 | 500 francos | Ouro | 150 | S68 | H71a |
Brusio | 2005 | 50 francos | Prata | 1.500 | S69 | H72a / H72b |
Brusio | 2005 | 500 francos | Ouro | 150 | S70 | H73 |
Solothurn | 2006 | 50 francs | Silver | 2.000 | S71 | H74a |
Soleusa | 2006 | 500 francos | Ouro | 200 | S72 | H75a / H75b |
Lucerna | 2007 | 50 francos | Prata | 2.000 | S73 | H77a |
Lucerna | 2007 | 500 francos | Ouro | 200 | S74 | H78 |
Xenebra | 2008 | 50 francos | Prata | 1.500 | S75 | H79a |
Xenebra | 2008 | 500 francos | Ouro | 150 | S76 | H80a |
Obwalden | 2009 | 50 francos | Prata | 1.500 | S77 | H81a |
Obwalden | 2009 | 500 francos | Ouro | 175 | S78 | H82a |
Aarau | 2010 | 50 francos | Prata | 2.000 | S79 | H83a |
Aarau | 2010 | 500 francos | Ouro | 200 | S80 | H84a |
Uri | 2011 | 50 francos | Prata | 1.500 | - | H85a |
Uri | 2011 | 500 francos | Ouro | 150 | - | H86a |
Graubünden | 2012 | 50 francos | Prata | 1.500 | - | H87a / H87b |
Graubünded | 2012 | 500 francos | Ouro | 175 | - | H88a / H88b |
Lucerna | 2013 | 50 francos | Prata | 1.000 | - | H89a |
Lucerna | 2013 | 500 francos | Ouro | 150 | - | H90a |
Schaffhausen | 2014 | 50 francos | Prata | 1.200 | - | H91a |
Schaffhausen | 2014 | 500 francos | Ouro | 180 | - | H92a |
Valais | 2015 | 50 francos | Prata | 1.200 | - | H93a |
Valais | 2015 | 500 francos | Prata | 200 | - | H94a |
Ouros paísesEditar
Aínda que, loxicamente, non correspondan a estas series, outros países europeos emitioron tamén moedas conmemorativas de festivais de tiro celebrados nos seus territorios. Este é o caso dalgunhas cuñadas por cidades e estados alemáns como Baden, Bremen, Frankfurt e Hannover.[31]
En Austria emitíronse tamén moedas conmemorativas de eventos relacionados co tiro durante o séulo XIX.[30]
NotasEditar
- ↑ "Schützentaler und -medaillen". En Münzen-Lexikon. Reppa.de.
- ↑ Lavin. "Los festivales de tiro en la moneda suiza". En Numismático Digital.
- ↑ "Swiss Shooting Thalers". http://www.zumbo.ch
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Searis, B. J. "Swiss Shooting Thalers". Professional Coin Grading Service. 22 de abril de 2013.
- ↑ Krause, D. R. (1965). Páxina 10.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Bruce, C. R. (2007). Páxina 45.
- ↑ Kenen, P. B.; Meade, E. E. (2008). Regional Monetary Integration Cambridge. Cambridge University Press. ISBN 0-521-86250-7
- ↑ 8,0 8,1 Richter, J. (2005). Páxina 161.
- ↑ 9,00 9,01 9,02 9,03 9,04 9,05 9,06 9,07 9,08 9,09 9,10 9,11 9,12 9,13 9,14 9,15 9,16 9,17 9,18 Número de referencia no catálogo de Krause, C. L. & Mishler, C. (1996).
- ↑ 10,00 10,01 10,02 10,03 10,04 10,05 10,06 10,07 10,08 10,09 10,10 10,11 10,12 10,13 10,14 10,15 10,16 10,17 10,18 Número de catalogación en Haberling, M. (2015).
- ↑ 11,0 11,1 Richter, J. (2005). Páxina 156.
- ↑ 12,0 12,1 Richter, J. (2005). Páxina 113.
- ↑ 13,0 13,1 Richter, J. (2005). Páxina 209.
- ↑ 14,0 14,1 Richter, J. (2005). Páxina 60.
- ↑ Richter, J. (2005). Páxina 299.
- ↑ 16,0 16,1 Richter, J. (2005). 193.
- ↑ 17,0 17,1 Richter, J. (2005). 180.
- ↑ 18,0 18,1 Richter, J. (2005). 199.
- ↑ Richter, J. (2005). 202.
- ↑ 20,0 20,1 Richter, J. (2005). 293.
- ↑ 21,0 21,1 Richter, J. (2005). 301.
- ↑ Richter, J. (2005). 215.
- ↑ 23,0 23,1 Richter, J. (2005). 274.
- ↑ 24,0 24,1 Richter, J. (2005). 45.
- ↑ Richter, J. (2005). 93.
- ↑ Richter, J. (2005). 245.
- ↑ 27,0 27,1 Richter, J. (2005). 62.
- ↑ Bruce, C. R. (2007). Páxinas 456-460.
- ↑ "Schützentaler: 20th-21st Century Shooting Talers Arquivado 26 de agosto de 2019 en Wayback Machine.". En Keplinger World Coins.
- ↑ 30,0 30,1 "Macho & Chlapovic. Auction 18. Lot 1243". En Coin Archives.
- ↑ Krause, C. L. & Mishler, C. (1996). Páxinas 355, 373 3 383.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
BibliografíaEditar
- Bruce, C. R. (2007). Unusual World Coins. Krause Publications. ISBN 0-89689-576-9
- Krause, C. L. & Mishler, C. (1996). Standard Catalog of World Coins 1801–1900. Krause Publications. ISBN 0-87341-427-6
- Krause, D. R. (1965). Swiss Shooting Talers and Medals. Whitman Publishing Company.
- Martin, J. L. (1972). Les médailles de tir Suisse 1612–1939. Lausana.
- Richter, J. (2005). Die Schützentaler und Schützenmedaillen der Schweiz. Regenstauf. ISBN 978-3924861957
- Haberling, M. (2015). Swiss Shooting Festival Coins 1842 - 2015.