Casa da Moeda de Suíza

ceca pública suíza

A Casa da Moeda de Suíza (en alemán: Swissmint) é unha empresa pública que se encarga da cuñaxe das moedas circulantes e conmemorativas dese país. Depende organicamente do Ministerio Federal de Facenda e traballa en estreita colaboración co Banco Nacional Suízo (BNS).

Casa da Moeda de Suíza
Swissmint

Fachada da Casa da Moeda de Suíza
TipoEmpresa pública.
Fundación- 1848: creación.
- 1906: sede actual.
MatrizMinisterio Federal de Finanzas.
Localización Berna
Suíza Suíza.
Persoas claveDirector: Marius Haldimann.[1][2]
IndustriaCuñaxe e impresión.
ProdutosMoedas, medallas e billetes.
Número de empregados22[3][4]
Na rede
https://www.swissmint.ch
editar datos en Wikidata ]

Histoira

editar

Antecedentes

editar

No século VII, a cuñaxe de moeda en territorio suízo levábase a cabo en determinados centros relixiosos, daquela baixo control dos francos. Durante a Alta Idade Media, o dereito de cuñaxe era exclusivo da Igrexa, aínda que tamén se fixo extenso a determinadas vilas e baronías do país cara á fin dese período. A primeira moeda suíza que amosa a data de emisión foi cuñada en Sankt Gallen en 1424.[5]

No século XVI, a chegada masiva de metais prociosos provenientes da América Latina favoreceu a expansión das emisións propias por parte de multitude de cidades, centros relixiosos, gobernantes, baróns locais e cantóns. As denominacións destas moedas eran moi diversas (as máis comúns: batz, pfennig, rappen, kreuzer, schilling, groschen, ducado ou tálero), e o mesmo sucedía cos seus tamaños e as aliaxes das que estaban feitas. Así as cousas, xa en 1525, Ulrich Zwingli, líder da Reforma protestante en Suíza, amosou a necesidade dunha estandarización monetaria nos cantóns e nas cidades suízas.[5]

En 1757, o cantón de Berna emitiu unha moeda de 10 batzen que se coñeceu como o primeiro "franco suízo". En 1798, Francia invadiu Suíza e forzou o colapso da antiga confederación. Napoleon creou a efémera República Helvética, nun intento de unir os territorios suízos baixo o seu goberno, e nela prohibíronse as moedas cantonais en favor das da República, durante este período. En 1803, logo da retirada dos francesas, os cantóns recuperaron o seu dereito de cuñaxe de moeda propia, o que deu lugar a que en 1840 existisen arredor de 860 tipos de moedas diferentes en circulación no país, emitidas por 79 entidades de status diferentes.[3][5]

Logo da creación da Swissmint (1848)

editar
 
Moeda de 2 francos da primeira serie (1850), cuñada na Monnaie de Paris (marca de ceca A), con Helvetia sentada sobre un arado.

Logo desta anarquía monetaria, en 1848, os cantóns decidiron delegar na Confederación, ao abeiro do artigo 36 da nova Constitución federal, o dereito de bater moeda:[5]

A moeda entra dentro da competencia da Confederación; o dereito de cuñar moeda e o de emitir billetes de banco pertence exclusivamente á Confederación. — Constitución Federal. Artigo 99. Alínea 1.

En consecuencia, a Asemblea Federal abrobou o 7 de maio de 1850 a premeira lei federal da moeda, inspirada en grande medida no sistema monetario francés. Neste contexto acordouse a creación dunha casa de moeda federal, para asegurar a produción das moedas de curso legal no país, baseadas nun novo sistema monetario, caracterizado por un franco dividido en 100 rappen. O valor do franco suízo equiparouse co do franco francés e co do franco belga do seu tempo. Porén, as primeiras moedas de prata introducidas na circulación pola Confederación estaban cuñadas na Monnaie de Paris, na Casa de Moeda Real de Bélxica e na ceca de Estrasburgo, e non resultaron do agrado da poboación, dada a inexpresiva representación da alegoría nacional, Helvetia, nunha forzada postura sentada enriba dun arado.[3][5]

A ceca federal estableceuse en Berna, nas instalacións que xa viñeran funcionando como tal desde 1792 e que levaban case unha década sen actividade.[3][4][5]

 
Primeira serie circulante de moedas do franco suízo emitida pola Casa da Moeda de Suíza (1850-1879)

Nos primeiros tempos, entre 1851 e 1852, permitíuselle á poboación o cambio das moedas de prata cantonais que estaban en circulación polas novas moedas da Confederación. Nese período retiráronse da circulación e fundíronse aproximadamente 66 millóns de moedas cantonais. En tanto que non foi suficiente a moeda en circulación emitida a nome da Confederación, durante un tempo admitiuse tamén o uso de moedas de prata belgas e francesas, de igual peso e valor, e tamén dalgunas moedas de Sardeña e de Parma.[5]

 
20 francos de ouro da serie Vreneli.
 
20 francos de ouro da serie Helvetia.

En 1865, Suíza, Francia, Béxica e Italia harmonizaron totalmente os seus sistemas monetarios e fundaron a Unión Monetaria Latina (UML). De feito, mesmo nos primeiros anos do século XX, arredor da metade do circulante en Suíza correspondía a moedas dos outros países da Unión Monetaria. En 1883, a Casa da Moeda de Suíza cuñou a súa moeda estándar de ouro baixo os parámetros da UML, con valor facial de 20 francos, e en 1897 cambiou o seu deseño ao coñecido popularmente como Vreneli, unha moeda que se utilizou en todo o mundo para o comercio e o almacenamento de ouro como metal de investimento.[3][5]

Na década de 1890, o Goberno federal decidiu substituír a antiga ceca estatal de Berna (Berner Münze) por unha nova, de carácter federal, que abriu en 1906, nun edificio ad hoc deseñado polo arquitecto Théodore Gohl. Foi realmente nese momento cando a institución se empezou a denominar propiamente Casa da Moeda de Suíza (Swissmint).[3][4][5]

A Unión Monetaria Latina foi disolvida en 1926 e, consecuentemente, as moedas italianas, francesas e belgas deixaron de ter valor legal en Suíza, que só autorizou para a circulación as moedas emitidas pola Confederación, que tamén foron aceptadas, a partir de 1930, no Principado de Liechtenstein.[3][5]

En 1967 foi o derradeiro ano en producirse na ceca de Suíza emisións circulantes en prata (coa excepción dos 5 francos de 1969). A partir desa data substituíronse por cuñaxes en cuproníquel.[3][5]

De 1990 a 1992, o edificio da Casa da Moeda e todos os equipamentos de cuñaxe sufriron unha importante modernización.[4][5]

Produtos da Casa da Moeda de Suíza

editar

Moeda circulante suíza

editar
Artigo principal: Moedas do franco suízo.
 
Billete suízo de 100 francos.

A Casa da Moeda de Suíza cuña as moedas metálicas de curso legal no país por encarga da entidade emisora, que é o Ministerio Federal de Facenda. Así mesmo, encárgase da impresión do papel moeda, cuxa autoridade emisora é o Banco Nacional Suízo.[6][7]

 
Serie circulante actual, case sen alteracións desde 1879

Os valores faciais das moedas suízas producidas pola Casa da Moeda de Suíza mantéñense desde o seu inicio en 1850 e os seus deseños permanecen practicamente inalterados desde 1879; un dos cambios máis significativos desde entón foi a substitución da prata polo cuproníquel nestas emisións regulares:[5]

  • 1 rappen (céntimo): 1850-1946; desde 1948.
  • 2 rappen: 1850-1946; 1948-1974.
  • 5 rappen: 1850-1877; desde 1879.
  • 10 rappen 1850-1876; desde 1879.
  • 20 rappen 1850-1859; desde 1881.
  • 50 rappen (1/2 frank): 1850-1851; desde 1875.
  • 1 franco: 1850-1861; desde 1875.
  • 2 francos: 1850-1863; desde 1874.
  • 5 francos: 1850-1974; 1888-1916; 1922-1928; desde 1931.
  • 10 francos (AU): 1911-1922 (Vreneli).[8]
  • 20 francos (AU): 1883-1896 (Helvetia); 1897-1949 (Vreneli).
  • 100 francos (AU): 1925 (Vreneli).

Moedas para coleccionistas e medallas

editar
 
Moeda conmemorativa producida na Casa da Moeda de Suíza

Á parte das actividades desenvolvidas tradicionalmente pola Swissmint, a entidade garante tamén a comercialización e a distribución das medallas e de moedas conmemorativas e das destinadas aos coleccionistas numismáticos, de cuxa produción tamén se ocupa. De xeito diferente ás moedas conmemorativas, as medallas carecen de valor facial e, con frecuencia, cúñanse a instancias de entidades privadas.[9][10]

A partir de 1936, a Casa da Moeda comezou a cuñaxe de moedas conmemorativas en lembranza de acontecementos culturais ou históricos salientables, na honra de persoairos significativos ou para a difusión do patrimonio cultural do país.[11]

Ademais destas emisións conmemorativas, a Casa da Moeda de Suíza produce as series circulantes anuais, compostas por moedas desde os 5 rappen aos 5 francos, presentadas nuns expositores especiais para os coleccionistas, tanto cun acabamento normal como cun tratamento especial que lles confere un fondo de espello e un relevo mate. Estas series para coleccionistas inclúen tamén unha moeda conmemorativa bimetálica con valor facial de 10 francos.[11]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Koch, H.; Bilfinger, M. (2006). Die Eidgenössische Münzstätte in Bern. Gesellschaft für Schweizerische Kunstgeschichte. Berna. ISBN 3-85782-799-8

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar