Ursula Kampmann

numismática alemá

Ursula Maria Kampmann, nada o 20 de xuño de 1964 en Múnic, Baviera, é unha numismática, historiadora e xornalista alemá.[1]

Modelo:BiografíaUrsula Kampmann
–Ursula Maria Kampmann–

Ursula Kampmann
na conferencia internacional Translatio Nummorum, en 2011
Biografía
Nacemento1964
Múnic, Alemaña Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeAlemá.
Educación- Universidade de Múnic.
- Universidade do Sarre.
Q89547790Comercio e xornalismo numismático.
Actividade
Campo de traballoNumismática e historiografía
Ocupaciónhistoriadora, xornalista de opinión, numismático Editar o valor en Wikidata
Premios
- (2002): Premio Vreneli.
- (2003): Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional (GIG).
- (2012): Premio Otto Paul Wenger.
- (2015): Premio Burnett Anderson Memorial.

Traxectoria

editar

Ursula Kampmann estudou Historia Antiga, Historia Medieval e Arqueoloxía do Oriente Próximo na Universidade de Múnic e na Universidade do Sarre, cun enfoque especial na numismática antiga. En 1991 acadou o seu doutoramento cunha tese titulada Die Homonoia-Verbindungen von Pergamon ("As conexións da homonoia en Pérgamo").[1]

Paralelamente á súa formación académica, Kampmann traballou no comercio numismático, nunha primeira etapa entre 1987 e 1990 na compañía Giessener Münzhandlung, de Múnic, e posteriormente de 1992 a 2001 na suíza Münzen und Medaillen AG.[1]

Durante ese período de traballo no comercio numismático comezou a dedicarse ao xornalismo especializado neste sector. A partir de 1996, os seus artigos publicáronse fundamentalmente na revista MünzenRevue, da que é editora xefa desde 2002, e tamén noutras de diferentes países e traducidos a varios idiomas.[1]

Entre 2001 e 2005 traballou na Axencia Internacional para a Supresión da Falsificación de Moedas (IBSCC), da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais (IAPN), o que a levou a prublicar unha serie de artigos sobre a falsificación de moeda.[1]

Ursula Kampmann é, ademais, a fundadora dunha revista numismática internacional en liña que ten unha versión en inglés, chamada Coins Weekly, e outra en alemán, Münzen Woche.[1]

No seu aspecto como divulgadora numismática imparte conferencias dirixidas tanto a profesionais como a afeccionados, e os seus traballos, á parte dos libros, inclúen tamén programas de radio, producións videográficas e organización de exposicións, como a titulada "A xente de Zürich e o diñeiro" (Die Zürcher und ihr Geld), a dos Museos Estatais de Suíza levada a cabo no Museo Bärengasse, ou a da Casa da Moeda de Berlín titulada KleinGeld ("moeda miúda").[1]

Ursula Kampmann é membro de American Numismatic Society.[2]

Recoñecementos

editar

Escolma de publicacións

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "Kampmann, Ursula". En Coins Weekly. 21 de decembro de 2016.
  2. "ANS Fellows 2020". American Numismatic Society.
  3. "Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte". www.gig-geldgeschichte.de. Consultado o 2021-05-28. 
  4. "Ursula Kampmann received Otto-Paul-Wenger Award". En Coins Weekly. 4 de xullo de 2012.
  5. "Ursula Kampmann erhält Otto-Paul-Wenger-Preis". Verband Schweizer Berufsnumismatiker.
  6. "Otto Paul Wenger-Preis". En Numis Post.
  7. "American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association.
  8. "Ursula Kampmann to Receive 2015 Burnett Anderson Memorial Award for Excellence in Numismatic Writing Arquivado 17 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.". En Coin Week. 2 de setembro de 2015.
  9. "Ursula Kampmann to receive the 2015 Burnett Anderson Award". En Coins Weekly. 3 de setembro de 2015.
  10. "Geld und Macht in der Antike - Eine Hörspielreihe von Ursula Kampmann Arquivado 08 de xuño de 2020 en Wayback Machine.". Money Museum.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar