Sociedade de Historia Monetaria Internacional

asociación numismática alemá

A Sociedade de Historia Monetaria Internacional (en alemán: Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte -GIG-) é unha entidade asociativa numismática sen ánimo de lucro con sede en Frankfurt, Alemaña, dedicada á investigación científica acerca da historia do diñeiro, desde a perspectiva numismática, e da medallística.[1]

Sociedade de Historia Monetaria Internacional
Logo
Tipoasociación e sociedade científica
Data de fundación26 de xuño de 1965
EnFrankfurt
PaísAlemaña
Na rede
http://www.gig-geldgeschichte.de/
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A Sociedade foi instituída en 1965 polos seus 19 membros fundadores, inicialmente baixo a denominación de Museum für Internationale Geldgeschichte gemeinnützige Forschungsgesellschaft e.V. ("Sociedade de Investigación sen Fins de Lucro do Museo de Historia Monetaria Internacional"). O seu primeiro presidente foi Willy Fuchs (1965-1971 e 1971-1992) e baixo o seu mandato, en 1967, a institución tomou o nome que conserva na actualidade.[1]

Desde a súa fundación, a Sociedade tivo como órgano de expresión institucional a publicación periódica Geldgeschichtliche Nachrichten (GN; "Noticias de Historia Monetaria"), e nela publícanse os resultados das súas investigacións científicas arredor de todas as áreas da historia monetaria, así como da medalla.[1]

A GIG organiza anualmente viaxes educativas a diferentes destinos do mundo cun interese numismático. A primeira destas viaxes foi a San Petersburgo e a Moscova en 1977 e, a partir de aí, outras 45 viaxes levaron os seus membros a lugares como Berlín, Dresden e moi diversos países dos cinco continentes.[1]

A afiliación á Sciedade supera os 800 membros pertencentes a máis dunha trintena de países.[1]

Recoñecementos editar

Insignia de Honra de Ouro editar

Instituíuse en 1970, para honrar os membros cunha contribución salientable á GIG.[1]

Premio de Honra da GIG editar

Outórgase anualmente, desde 1974, a personalidades destacadas de calquera país no campo da numismática, sinaladamente no coleccionismo de moedas. O primeiro en recibilo foi o profesor Peter Berghaus e, entre os persoairos galardoados, figuran numismáticas insignes como Ursula Kampmann, Elvira Clain-Stefanelli ou Maria Radnoti Alföldi.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Geschichtliches Arquivado 03 de marzo de 2020 en Wayback Machine.". Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte (GIG).
  2. "GIG-Ehrenpreisträger Arquivado 03 de marzo de 2020 en Wayback Machine.". No sitio web da SHMI.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar