Geldgeschichtliche Nachrichten

revista alemá de numismática

Geldgeschichtliche Nachrichten (en galego: "Noticias de Historia Monetaria") é unha revista de edición bimensual (os meses impares) publicada desde 1965 pola Sociedade de Historia Monetaria Internacional (Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte –GIG–).[1]

Geldgeschichtliche Nachrichten
Logotipo da GIG, editora da
Geldgeschichtliche Nachrichten.
PaísAlemaña
Lugar de publicación Frankfurt.
LinguaAlemán.
EspecialidadeNumismática
AbreviaturaGN
Fundación1965
Primeira edición1965
Desenvolvemento
Redactora xefaAlexa Küter.
PublicadorSociedade de Historia Monetaria Internacional.
Circulación
FrecuenciaBimensual.
CirculaciónCa. 1.000 exemplares.
ISSN0435-1835
Na rede
http://web.gig-geldgeschichte.de/index.php/unsere-zeitschrift
editar datos en Wikidata ]

Os artigos publicados nesta revista refiren a todas as áreas da historia da moeda, do diñeiro e da medalla. O período que abrangue é desde o inicio das emisións monetarias, no século VII a. de C., ata os nosos días.[1]

Na súa sección de actualidade, fanse públicas as datas de celebración de exposicións, conferencias, feiras e poxas de moedas, así como cursos universitarios acerca da historia monetaria, e publícanse tamén recensións das novidades editoriais nese ámbito.[1]

A pertenza á GIG implica directamente a subscrición á revista Geldgeschichtliche Nachrichten, que ten unha tiraxe de arredor de 1.000 exemplares e se distribúe en 30 países.[1]

A súa redactora xefa desde 2017 é Alexa Küter.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Geldgeschichtliche Nachrichten Arquivado 18 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". Sitio web da GIG.
  2. "Die Redaktion Arquivado 21 de setembro de 2017 en Wayback Machine.". Sitio web da GIG.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar