República Helvética
A República Helvética foi un estado que persistiu cinco anos, dende 1798 até 1803.
Helvetische Republik (de) République helvétique (fr) Repubblica elvetica (it) | ||||
Epónimo | Helvecios | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Capital | Aarau (–1798) Lucerna (–1799) Berna (–1803) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 1.664.832 (1798) | |||
Lingua usada | Lingua alemá de Suíza francês da Suíça (pt) lingua italiana linguas retorrománicas | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 12 de abril de 1798 | |||
Disolución | 19 de febreiro de 1803 | |||
Sucedido por | Switzerland in the Napoleonic era (en) | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | república | |||
Moeda | coins of the Helvetic Republic (en) | |||
Durante as Guerras Revolucionarias Francesas, os exércitos revolucionarios marcharon ao leste, rodeando Suíza durante os seus combates contra Austria. O 15 de marzo de 1798 Suíza estaba completamente cercada polos franceses e o Antigo Réxime de Suíza veuse abaixo. O 12 de abril de 1798 proclamouse a República Helvética, 'Unha e indivisible'. Os dereitos de soberanía cantonal e feudais foron abolidos. As forzas de ocupación estableceron un estado centralizado baseado nas ideas da Revolución francesa. Estas ideas progresistas atoparon unha gran resistencia, particularmente nas áreas centrais da confederación, e produciuse unha revolta en Nidwalden que sería extinguida polas forzas de ocupación.
Non había unidade na Antiga Confederación Suíza sobre o futuro de Suíza. Os golpes de estado producíronse con frecuencia, pero os franceses retiveron o poder. As forzas de ocupación espoliaron moitas localidades. Xunto á resistencia local, os problemas financeiros provocaron que a República Helvética fracasase. A inestabilidade na República alcanzou as súas cotas máis altas en 1802-1803. En 1803 entraron máis tropas francesas no país para fortalecer o seu control.
O 19 de febreiro de 1803, Napoleón Bonaparte introduciu a Acta de Mediación, que era esencialmente un compromiso entre a antiga e a nova orde. O estado centralizado foi abolido.
Hai reminiscencias da República Helvética na moderna Suíza, como algúns aspectos dos cantóns e constitucións.
Divisións administrativas
editarOs cantóns anteriormente soberanos foron reducidos a simples distritos administrativos e, para debilitar as antigas estruturas de poder, establecéronse novas fronteiras entre algúns. A acta de 1798 describía os seguintes cantóns:
Estados predecesores
editarAo igual que a Antiga Confederación Suíza, os seguintes territorios formaron parte da República Helvética:
Estados asociados
editarCondominios
editarProtectorados
editarTerritorios non asociados
editarA República Helvética anexionou ademais dous territorios que non eran parte anteriormente de Suíza: