Lucerna

cidade de Suíza

Lucerna (en alemán Luzern, en francés Lucerne, en italiano e romanche Lucerna) é unha cidade da Suíza central, capital do cantón de Lucerna. A cidade levántase á beira do Lago dos Catro Cantóns (Vierwaldstättersee), cunha famosa ponte de madeira (a Kapellbrücke) e á vista dos montes Pilatus e Rigi. Cunha poboación de 81.592 habitantes (2016), Lucerna é a oitava cidade de Suíza.

Modelo:Xeografía políticaLucerna
Luzern (de) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 47°03′08″N 8°18′21″L / 47.0523, 8.3059Coordenadas: 47°03′08″N 8°18′21″L / 47.0523, 8.3059
Estado federadoSuíza
CantónsCantón de Lucerna
Distrito electoralCity of Lucerne Constituency (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación81.691 (2018) Editar o valor em Wikidata (2.184,25 hab./km²)
Lingua oficiallingua alemá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie37,4 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRio Reuss (pt) Traducir, Lago dos Quatro Cantões (pt) Traducir e Kleine Emme (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude436 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Littau (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Santo padrónLeodegar (en) Traducir e Mauricio de Tebas Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoBeat Züsli (pt) Traducir (2016–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal6000 e 6014 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico041 Editar o valor em Wikidata
Código de municipio suízo1061 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Lugar do Patrimonio suízo
IdentificadorISOS 2536

Sitio webstadtluzern.ch Editar o valor em Wikidata
Facebook: StadtLuzern Twitter: stadtluzern Instagram: stadtlu LinkedIn: stadt-luzern Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

Lucerna atópase localizada na ribeira superior do Lago dos Catro Cantóns, o cal desauga no río Reuss. A cidade limita ao norte coas comunas de Emmen e Ebikon, ao leste con Adligenswil e Meggen, ao sur con Horw, e ao oeste con Kriens e Littau.

Grazas ao enclave situado no cantón de Nidwalden, limita tamén coas comunas de Ennetbürgen e Stansstad no cantón de Nidwalden, e Weggis no cantón de Lucerna.

Historia editar

A cidade xurdiu dun pequeno pobo localizado á beira do Lago de Lucerna que foi fundado trala creación dun mosteiro no ano 700. O nome latino Luciaria aparece por primeira vez nos rexistros históricos no ano 840. Séculos máis tarde, baixo o Sacro Imperio Romano Xermánico, conseguiría o status de inmediación imperial e ser un importante membro da Antiga Confederación Suíza.

Tras a Reforma protestante do século XVI moitas cidades suízas pasaron a abrazar a nova corrente do cristianismo, mais Lucerna permaneceu fiel á fe católica. Os protestantes, que dominaban a Confederación Suíza ao controlar enclaves tan importante coma Zúric, Berna ou Basilea derrotaron aos católicos na guerra de Vilmerg en 1712, co que Lucerna perdeu a súa posición de control na Confederación.

O 17 de xuño de 2007 os habitantes de Lucerna e os da veciña vila de Littau acordaron en referendo a fusión de ambos os concellos, con efectos a partir do 1 de xaneiro de 2010. O novo concello, que de momento segue a chamarse Lucerna, posúe 76.000 habitantes. Con este resultado, agárdase facilitar o camiño para as negociacións con outras cidades e pobos próximos nun esforzo por crear un sistema unificado de cidade-rexión.

Cultura editar

 
A Kapellbrücke coa Wasserturm no centro.

As propostas culturais de Lucerna van dende a cultura máis clásica á cultura alternativa, habendo espazos habilitados especificamente para acoller actos de ambas as dúas opcións. É sonado o seu entroido cara a fins do inverno e o seu Festival de Blues no mes de xullo.

Lucerna é a cidade das pontes, que permiten salvar o río Reuss. A máis sonada é a Kapellbrücke (Ponte da Capela). Datada en 1333 e con 204 metros de lonxitude, é a ponte de madeira máis vella de Europa e unha das principais atraccións turísticas de toda Suíza. No centro da mesma érguese a Wasserturm (Torre da Auga), unha torre octogonal construída posiblemente antes que a ponte e que foi arquivo da cidade, torre de vixilancia, cámara do tesouro e mesmo prisión e cámara de tortura. Hoxe en día, acolle tendas de souvenirs e o local da asociación de artillaría de Lucerna.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar