Abrir o menú principal

O investimento económico[1] ten varios significados relacionados entre si no eido empresarial, financeiro e económico, e tamén está relacionado co aforro ou o aprazamento de consumo. Conceptualmente, o investimento diferénciase tanto do consumo como do aforro: con respecto a este último, porque é un gasto, un valor aproximado de desembolso, e non unha reserva ou cantidade de diñeiro retido; no que respecta ó consumo, porque non está dirixido en bens que producen utilidade ou satisfacción directa, senón a bens que son empregados para producir outros bens. Porén, na práctica, tales distincións tenden a esvaecerse: hai bens que poden ser ó tempo de consumo e de investimento, segundo os fins alternativos para os cales son utilizados. O aforro, por outra banda, xeralmente é colocado no interese, co obxecto de reservalo para eventualidades posteriores, unha das cales pode ser o investimento. Máis polo miúdo, no mundo empresarial, supón aplicar recursos financeiros para a adquisición, renocación ou mellora dos elementos de activos fixos co obxectivo de mellorar a capacidade produtiva da empresa. Para un particular ou a unha institución financeira, a palabra investimento é xeralmente tomado no sentido da colocación do aforro a medio ou longo prazo, ou para a compra de activos financeiros, tales como por exemplo títulos na bolsa.[2]

Inversión empresarialEditar

No eido empresarial, o inverstimento é o acto mediante o cal se empregan certos bens co obxectivo de obter uns ingresos ou rendas ó longo do tempo. O investimento refírese ó emprego dun capital nalgún tipo de actividade económica ou negocio, co obxectivo de incrementalo. Dito doutro xeito, consiste en renunciar a un consumo actual e certo, en troques de obter uns beneficios futuros e distribuídos no tempo.[3]

Dende unha consideración ampla, o investimento é toda materialización de medios financeiros en bens que van a ser utilizados nun proceso produtivo dunha empresa ou unidade económica, e abranguería a adquisición ora de bens de equipo, ora de materias primas, servizos etc. Dende unha ollada máis rigorosa, o investimento abranguería só os desembolsos de recursos financeiros dirixidos á adquisición de instrumentos de produción, que a empresa empregará durante varios períodos económicos.

No caso particular de investimento financeiro, os recursos colócanse en títulos, valores, e demais documentos financeiros, a cargo doutros entes, co obxecto de facer medrar os excedentes dispoñibles por medio da percepción de rendementos, xuros, dividendos, variacións de mercado, ou outros conceptos.

Para a análise económica dun investimento pode reducirse a mesma ás correntes de pagos e ingresos que orixina, considerado cada un no intre preciso no que se produce.

As tres variables do investimento privadoEditar

As cantidades adicadas para inversións dos axentes dependen de varios factores. Os tres factores que condicionan máis decisivamente esas cantidades son:

  • Rendemento agardado, positivo ou negativo, é a compensación obtida polo investimento, e no seu caso, a súa rendibilidade.
  • Risco aceptado, a incerteza sobre cal será o rendemento real que se obterá ó final do investimento, que inclúe ademais a estimación da capacidade de pagamento (se o investimento poderá pagar os resultados ó inverstidor).
  • Horizonte temporal, a curto, mediano, ou longo prazo; é o período durante o que se manterá o investimento.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para investimento.
  2. http://conceito.de/investimento
  3. Massé, Pierre. La elección de las inversiones. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • MENEZES, Caldeira. Princípios da Gestão Financeira. 10ª Edição. Editorial Presença ano 2001

 
 Este artigo sobre economía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.