Fritz Ulysse Landry
Fritz Ulysse Landry, nado na localidade suíza de Le Locle o 26 de setembro de 1842 e finado en Neuchâtel o 7 de xaneiro de 1927, foi un medallista e deseñador de moedas suízo. Destaca principalmente por ser o autor da serie de moedas suízas de ouro coñecida como Vreneli.[1][2][3]
Fritz Ulysse Landry | |
---|---|
Dous deseños de Landry para a serie Vreneli | |
Nacemento | 26 de setembro de 1842 |
![]() ![]() | |
Falecemento | 7 de xaneiro de 1927 |
![]() ![]() | |
Área | Deseño, gravado, cuñaxe |
Obras | Serie de moedas suízas de ouro coñecidas como Vreneli. |
Proxenitores | Ulysse Landry e Cécile Jacot |
[ editar datos en Wikidata ] |
TraxectoriaEditar
Naceu nunha familia de gravadores de Neuchâtel; era fillo de Ulysse Landry, tamén medallista, e de Cécile Jacot.[1][2][3][4]
A súa formación artística comezou xa no propio obradoiro familiar. Logo asistiu á escola en Neuchâtel e continuou a súa formación na Escola de Belas Artes de Xenebra da man do pintor Barthélemy Menn, onde se diplomou. Despois, en París, afondou no coñecemento das técnicas do gravado traballando ás ordes do gravador suízo Antoine Bovy.[1][2][3][5]
En 1869 fundou na súa localidade natal unha escola de deseño profesional (a actual Ecole des arts et métiers), onde exerceu a docencia ata 1892.[1][2][3][6]
Durante a década de 1870 foi tamén profesor de debuxo en varias escolas de ensino secundario de Neuchâtel.[1][2][3]
Foi autor do deseño de diversas moedas e medallas, así como de pequenos bronces de inspiración social.[7][8] A súa creación máis sobranceira é a moeda de ouro de 20 francos coñecida como Vreneli, cuñada entre 1897 e 1949, así como o resto dos valores que compoñen a serie (10 e 100 francos). Esta moeda presenta novidades canto á súa temática en comparación coas anteriores de Suíza, que xeralmente presentaban un carácter máis convencional.[1][2][3][9]
Landry é tamén coñecido polos seus deseños das moedas de cinco francos conmemorativas dos Festivais de Tiro de Zürich, en 1872, e de Sankt Gallen, en 1874, coñecidas como "táleros de tiro".[10]
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Fritz Ulysse Landry". En Dictionnaire Historique de la Suisse.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Landry, Fritz-Ulysse (1842-1927)". En Schlup, M. (1996). Páxinas 233-238.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Landry, Fritz". En Forrer, L. (1907). Páxinas 289-293
- ↑ "Landry, Ulysse". En Forrer, L. (1907). Páxina 293.
- ↑ Antoine Bovy foi o gravador de diversas moedas de Suíza: Helvetia sedente (2 francos 1874), Helvetia en pé (2 francos 1874) etc.
- ↑ Sitio web da Ecole des arts et métiers.
- ↑ Dúas medallas deseñadas por Landry. En Medals4Trade.com.
- ↑ "Fritz Ulysse Landry: Sic fugit tempus Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine.". Musée d'Orsay.
- ↑ "Das Goldvreneli". Casa da Moeda de Suíza. Swissmint.ch.
- ↑ Richter, J. (2005). Páxinas 215 e 301.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fritz Ulysse Landry |
Outros artigosEditar
BibliografíaEditar
- Forrer, L. (1907). Biographical Dictionary of Medallists. Spink & Son. Londres.
- Richter, J. (2005). Die Schützentaler und Schützenmedaillen der Schweiz. Regenstauf. ISBN 978-3924861957
- Schlup, M. (1996). Biographies neuchâteloises. Tomo 3. Hauterive, Attinger.