Neuchâtel, Suíza
Coordenadas: 46°59′25″N 6°55′50″L / 46.99028, -6.93056
Neuchâtel (en alemán Neuenburg) é unha cidade e comuna da Suíza romanda, capital do cantón e do distrito de Neuchâtel. Está situada a beiras do Lago de Neuchâtel e sobre o flanco sur do macizo do Xura.
Ten 33.489 habitantes[1] e fálase principalmente francés.
HistoriaEditar
A cidade aparece citada por primeira vez no ano 1011. Foi gobernada por condes até 1458, ano no que pasou á soberanía da familia de Orléans-Longueville até 1707. Dende aquel ano o seu soberano foi o rei de Prusia. En 1805, Napoleón entregou o Principado de Neuchâtel a Louis Alexandre Berthier até 1815, no que finalmente se adheriu á Confederación Suíza, aínda que ata 1848 permaneceu o principado en unión persoal con Prusia.
XeografíaEditar
A cidade de Neuchâtel sitúase 38 km ao oeste de Berna, a 106 km ao norte de Xenebra e a 74 quilómetros ao leste de Besanzón. Neuchâtel limita ao norte coas comunas de Valangin e Val-de-Ruz, ao leste con Enges, Cressier, Saint-Blaise e Hauterive, ao sur con Cudrefin (VD), Vully-lles-Lacs (VD) e Delley-Portalban (FR), e ao oeste con Boudry, Milvignes e Peseux.
Atópase a 429 msnm.