Cantón de Glarus
Glarus é un cantón de Suíza, a súa capital é Glarus. A superfie do cantón é de 685 km² e a poboación de 38.500 habitantes. A lingua oficial é o alemán e hai unha minoría do 6.8% de lingua italiana. O 42% da poboación é protestante e o 37% católica.
Cantón de Glarus | |||
---|---|---|---|
Kanton Glarus | |||
| |||
| |||
![]() | |||
Estado | ![]() | ||
Capital | Glarus | ||
• Poboación | 5 872 (2007) | ||
Lingua oficial | Alemán | ||
Forma de goberno | Cantón | ||
Ingreso | 1352 | ||
Superficie | Posto 23º | ||
• Total | 685 km² | ||
• % auga | n/d | ||
Costas | 0 km | ||
Poboación | Posto 23º | ||
• Total | 38.034 hab. | ||
• Densidade | 56 hab./km² | ||
Fuso horario | UTC+1 | ||
• Horario de verán | UTC+2 | ||
Dominio de Internet | .ch | ||
Código ISO | CH-GL | ||
Xeografía Editar
O cantón limita ao norte e ao leste co cantón de Sankt Gallen, ao sur cos Grisóns, e ao oeste cos cantóns de Uri e Schwyz.
O cantón de Glarus está dominado polo profundo val do río Linth. Gran parte do seu territorio é montañoso. O punto máis alto do cantón é o pico Tödi, con 3.614 m, situado nos Alpes Glaroneses. No norte do cantón está o lago de Walen (Walensee), que fai de fronteira co cantón de Sankt Gallen. A superficie do cantón de Glarus é de 685 km², dos cales preto da metade son considerados produtivos. A silvicultura é un sector importante da economía cantonal.
Historia Editar
Os habitantes do val do Linth foron convertidos ao cristianismo no século VII polo misioneiro irlandés San Fridolino, quen fundou o convento de Säckingen, preto de Basilea. A partir do século IX a zona arredor de Glarus pertencía ao convento. En 1288, os Habsburgo reclamaron parte dos dereitos do convento, o que provocou en 1352 a unión de Glarus á Confederación Helvética.
Entre 1506 e 1516 o reformador Ulrico Zuinglio foi pastor de Glarus, aínda que non puido pór fin ás desputas entre católicos e protestantes, e en 1564 todos os seus seguidores foran eliminados. Para asegurar a paz, en 1623 cada partido tiña dereito a ter cadansúa Landsgemeinde. Entre 1798 e 1803, durante a República Helvética imposta por Napoleón, Glarus pasou a formar parte do extinto cantón Linth. En 1836 a constitución foi adaptada para unir as asembleas e así poder establecer unha soa Landsgemeinde.
Economía Editar
A xeografía do cantón axudou a fundar moitas tellerías no século XVII. Tamén as montañas circundantes foron unha vantaxe para a industrialización. A industria de filamentos de algodón foi moi importante no século XVIII.
O elevamento bovino de produción casera non foi substituído coa industrialización, sendo aínda o pastoreo na montaña unha actividade importante.
Comunas Editar
Desde xullo de 2006 o cantón de Glarus está composto por vinte e cinco comunas:
Betschwanden, Bilten, Braunwald, Elm, Engi, Ennenda, Filzbach, Glaris, Haslen, Linthal, Luchsingen, Matt, Mitlödi, Mollis, Mühlehorn, Näfels, Netstal, Niederurnen, Oberurnen, Obstalden, Riedern, Rüti, Schwanden, Schwändi e Sool.