Abrir o menú principal

Sarah Margaret Fuller, nada en Cambridge o 23 de maio de 1810[1] e finada preto de Fire Island o 19 de xullo de 1850,[2] foi unha xornalista estadounidense e activista polos dereitos da muller. Foi ademais unha influente unitarista.

Margaret Fuller
FullerDaguerreotype.jpg
Fuller en xullo de 1846
Nome completoSarah Margaret Fuller
Nacemento23 de maio de 1810
 Cambridge
Falecemento19 de xullo de 1850
 Fire Island
Causaafogamento
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupaciónxornalista, tradutora, reporteira, ensaísta, autobiógrafa, escritora, filósofa, feminista e crítico
PaiTimothy Fuller
CónxuxeGiovanni Angelo Ossoli
Coñecido/a porWoman in the Nineteenth Century e Transcendentalismo
PremiosNational Women’s Hall of Fame
Appletons' Fuller Timothy Sarah Margaret signature.jpg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fuller naceu en Massachusetts. O seu pai, Timothy Fuller, xurista deulle unha educación severa e clásica. En 1836, Sarah Margaret Fuller deu clase no Temple School de Boston e entre 1837 e 1839 en Providence, Rhode Island.

Fuller trabou amizade con Ralph Waldo Emerson e participou na fundación unitaria da organización do trascendentalismo en Concord. Cando se uniu a Horace Greeley no New-York Tribune como crítica literaria[3] converteuse na primeira xornalista feminina na redacción dun xornal importante.[4]

A mediados da década de 1840 organizou grupos de discusión de mulleres, en que se falaba de temas variados, como arte, educación e dereitos da muller. Varias figuaras coñecidas do movemento dos dereitos da muller tomaron parte nestas conversas. No transcurso destas charlas desenvolveu a súa obra principal, Woman in the Nineteenth Century ("A muller no século XIX"), que trata da independencia da muller e da necesidade de cambiar a desigualdade das relacións entre os sexos.

O New-York Tribune enviouna como correspondente no estranxeiro a Europa.[5] Alí entrevistou moitos escritores destacados, como George Sand e Thomas Carlyle. En Inglaterra, na primavera de 1846, coñeceu a Giuseppe Mazzini, que vivía exiliado de Italia dende 1837.[6] Fuller tamén coñeceu o revolucionario Giovanni Angelo Ossoli, un marqués que fora desherdado pola súa familia a causa do seu apoio a Mazzini.[7] Fuller e Ossoli foron vivir xuntos a Florencia, posiblemente antes de casaren, aínda que non se sabe con certeza se casaron.[8][9][10] Fuller inicialmente opúxose a casar con el, en parte a causa da diferenza nas súas relixións; ela era protestante e el católico.[11] O seu fillo Angelo Eugene Philip Ossoli, alcumado Angelino, naceu a principios de setembro de 1848.[12] A parella mantiña moi en segredo a súa relación, mais, despois de que Angelino sufrise unha doenza sen nome, ocultárona menos.[13]

A parella apoiou a revolución de Giuseppe Mazzini para proclamar unha república romana. El loitou mentres ela se presentou voluntaria para dirixir un hospital.[14] Cando os republicanos que apoiaban foron derrotados,[15] abandonaron Italia e decidiron mudarse aos Estados Unidos.[16] De camiño, pasaron por París, onde coñeceu a Elizabeth Barrett Browning.[17]

Fuller, o seu marido e o seu fillo faleceron en 1850 cando o barco que os transportaba aos Estados Unidos afundiu xunto a Nova York. Con eles perdeuse tamén o manuscrito de Fuller sobre a historia da República Romana. Moitos dos seus escritos foron publicados polo seu irmán Arthur baixo o título At home and Abroad (1856) e Live Without and Life Within (1858). Un cenotafio a Fuller e Ossoli, baixo o que está soterrado Angelino está no cemiterio de Mount Auburn, Cambridge, Massachusetts.[18]

ObrasEditar

Edicións póstumas
  • Memoirs of Margaret Fuller Ossoli (1852)[22]
  • At Home and Abroad (1856)[23]
  • Life Without and Life Within (1858)[23]

NotasEditar

  1. Nelson, Randy F. The Almanac of American Letters. Los Altos, California: William Kaufmann, Inc., 1981: 42. ISBN 0-86576-008-X
  2. "Margaret Fuller". 
  3. Callow, Philip. From Noon to Starry Night: A Life of Walt Whitman. Chicago: Ivan R. Dee, 1992: 110. ISBN 0-929587-95-2
  4. Cheever, 175
  5. Cheever, 176
  6. Gura, 235
  7. Dickenson, 188
  8. Kane, Paul. Poetry of the American Renaissance. New York: George Braziller, 1995: 156. ISBN 0-8076-1398-3.
  9. Cheever, 176–177
  10. Slater, 204
  11. Deiss, 97
  12. Gura, 237
  13. Deiss, 281
  14. Von Mehren, 301–302
  15. Blanchard, 268–270; Deiss, 186; Dickenson, 186
  16. Deiss, 302
  17. Forster, Margaret. Elizabeth Barrett Browning. Nova York: Doubleday, 1989: 239. ISBN 0-385-24959-4
  18. Wilson, Susan. Literary Trail of Greater Boston. Boston: Houghton Mifflin Company, 2000: 115. ISBN 0-618-05013-2
  19. Slater, 82
  20. Slater, 96
  21. Von Mehren, 226
  22. Von Mehren, 343
  23. 23,0 23,1 Von Mehren, 344

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Blanchard, Paula. Margaret Fuller: From Transcendentalism to Revolution. Reading, Massachusetts: Addison-Wesley Publishing Company, 1987. ISBN 0-201-10458-X
  • Brooks, Van Wyck. The Flowering of New England. Nova York: E. P. Dutton and Company, Inc., 1952.
  • Cheever, Susan. American Bloomsbury: Louisa May Alcott, Ralph Waldo Emerson, Margaret Fuller, Nathaniel Hawthorne, and Henry David Thoreau; Their Lives, Their Loves, Their Work. Detroit: Thorndike Press, 2006. ISBN 0-7862-9521-X
  • Deiss, Joseph Jay. The Roman Years of Margaret Fuller. Nova York: Thomas Y. Crowell Company, 1969. ISBN 978-0-690-01017-6 ISBN 0-690-01017-6
  • Douglas, Ann. The Feminization of American Culture. Nova York: Alfred A. Knopf, 1977. ISBN 0-394-40532-3
  • Dickenson, Donna. Margaret Fuller: Writing a Woman's Life. Nova York: St. Martin's Press, 1993. ISBN 0-312-09145-1
  • Gura, Philip F. American Transcendentalism: A History. Nova York: Hill and Wang, 2007. ISBN 0-8090-3477-8
  • Marshall, Megan. Margaret Fuller: A New American Life. Nova York: Mariner Books, 2013. ISBN 978-0-547-19560-5
  • Matteson, John. The Lives of Margaret Fuller: A Biography. Nova York: W.W. Norton, 2012.
  • Slater, Abby. In Search of Margaret Fuller. Nova York: Delacorte Press, 1978. ISBN 0-440-03944-4
  • Urbanski, Marie Mitchell Olesen. Margaret Fuller: Feminist Writer and Revolutionary (1810-1850) en Spender, Dale (ed.) Feminist theorists: Three centuries of key women thinkers, Pantheon 1983, pp. 75–89 ISBN 0-394-53438-7
  • Von Mehren, Joan. Minerva and the Muse: A Life of Margaret Fuller. Amherst: University of Massachusetts Press, 1994. ISBN 1-55849-015-9
  • Wilson, Ellen. Margaret Fuller: Bluestocking, Romantic, Revolutionary. Farrah, Strauss e Giroux, Nova York 1977 ISBN 0-374-34807-3

Ligazóns externasEditar