Dereitos da muller

Os dereitos da muller son os dereitos reclamados polas mulleres e rapazas de todo o mundo e forman a base do movemento a prol das mulleres do século XIX e do movemento feminista do século XX. Nalgúns países, estes dereitos están institucionalizados e protexidos pola lei, o costume local e o comportamento civil, mentres que noutros é ignorado ou está represaliado. Difire das nocións máis amplas dos dereitos humanos a través de reclamacións dun prexuízo histórico e tradicional inherente ó exercicio dos dereitos por parte de mulleres e mozas, a prol de homes e mozos.[1]

Annie Kenney e Christabel Pankhurst facendo campaña do sufraxio feminino.

Malia non existir unha lista limitada, os temas xeralmente asociados cos dereitos da muller inclúen os seguintes: a integridade e a autonomía do seu corpo, non padecer violencia sexual, o dereito a voto, ter cargos públicos, entrar en contratos legais, ter iguais dereitos no dereito de familia; ter acceso ó traballo e ter un salario xusto e igualitario, os dereitos reprodutivos, ter propiedade privada e o acceso á educación.[2]

  1. Hosken, Fran P., 'Towards a Definition of Women's Rights' in Human Rights Quarterly, Vol. 3, No. 2. (maio de 1981), pp. 1–10.
  2. Lockwood, Bert B. (ed.), Women's Rights: A "Human Rights Quarterly" Reader (Johns Hopkins University Press, 2006), ISBN 978-0-8018-8374-3.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar