Violencia sexual é calquera acto sexual ou tentativa de obter un acto sexual por violencia ou coerción, actos de tráfico de persoas ou actos dirixidos contra a sexualidade dunha persoa, calquera que sexa a relación coa vítima.[1][2][3] Ocorre en tempos de paz e en contextos bélicos, é xeneralizada e é considerada como unha das violacións dos dereitos humanos máis común, omnipresente e traumática.[4][5]

Pintada en Pontevedra

A violencia sexual é un problema de saúde pública grave e ten un impacto profundo na saúde física e mental a curto ou a longo prazo, cun maior risco de problemas na saúde sexual e reprodutiva, cun risco maior de suicidios ou infección de HIV.[6] Tamén se cualifican como violencia sexual os asasinatos que ocorren durante unha agresión sexual ou a consecuencia delas como é no caso dos crimes de honra. Aínda que as mulleres e as mozas a sofren en maior proporción,[5] a violencia sexual pode ocorrerlle a calquera en calquera idade e é un acto de violencia que pode ser perpetrado por persoas proxenitoras, coidadoras, por persoas coñecidas e descoñecidas, así como polas parellas.[5] É raramente un crime pasional, e é máis ben un acto agresivo que frecuentemente procura demostrar poder e dominio sobre a vítima.

A violencia sexual continúa a estar moi estigmatizada en todos os contextos, polo que o nivel de denuncias varía entre rexións. En xeral, é un fenómeno pouco rexistrado, polo que os datos dispoñíbeis tenden a subestimar a súa dimensión. Ademais, a violencia sexual é tamén unha área descoidada pola investigación, así entender máis afondo o problema é imperativo para promover un movemento coordinado contra el. A violencia sexual doméstica distínguese da violencia sexual relacionada co conflito.[7] A miúdo, as persoas que coercen as persoas coas que están casadas cren que as súas accións son lexítimas polo vínculo matrimonial. En tempo de conflito, a violencia sexual adoita ser unha repercusión inevitábel da guerra atrapada nun ciclo continuo de impunidade.[8][9] A violación de mulleres e dos homes é a miúdo utilizada como método de guerra (violación de guerra), como forma de atacar o inimigo, simbolizando a conquista e degradación das súas mulleres ou homes ou das persoas combatentes.[10] Aínda que estea fortemente prohibida polo dereito internacional de dereitos humanos, polo dereito consuetudinario e polo dereito internacional humanitario, os mecanismos de aplicación son aínda fráxiles ou incluso inexistentes en moitos recunchos do mundo.[4][5][11][12]

Desde unha perspectiva histórica, a violencia sexual considerábase como algo que tan só lles ocorría ás mulleres e como algo común e normal tanto en tempos de guerra como de paz desde os antigos gregos até o século XX. Isto conduciu á ignorancia de calquera dato de cales eran os métodos, obxectivos e magnitude desta violencia. Houbo que esperar a finais do século XX para que a violencia sexual deixase de se considerar unha cuestión menor e fose gradualmente criminalizada.


Notas editar

  1. World Health Organization., World report on violence and health (Geneva: World Health Organization, 2002), Chapter 6, pp. 149.
  2. [Elements of Crimes, Article 7(1)(g)-6 Crimes against humanity of sexual violence, elements 1. Accessed through "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2015. Consultado o 2015-10-19. ]
  3. McDougall 1998, para. 21.
  4. 4,0 4,1 Lindsey 2001, pp. 57–61.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Advancement of women: ICRC statement to the United Nations, 2013". 2013-10-16. Consultado o 28 de novembro de 2013. 
  6. Holmes MM et al. Rape-related pregnancy: estimates and descriptive characteristics from a national sample of women. American Journal of Obstetrics and Gynecology, 1996, 175:320–324.
  7. [Human Security Report (2012), Sexual Violence, Education and War: Beyond the mainstream narrative, Human Security Research Group, Simon Fraser University, Canada, Human Security Press]
  8. International Committee of the Red Cross (2008). Women and War. Geneva: ICRC. p. 12. 
  9. OCHA 2007, pp. 57–75.
  10. Swiss S et al. Violence against women during the Liberian civil conflict. Journal of the American Medical Association, 1998, 279:625–629.
  11. Physicians for Human Rights (2002). War-related sexual violence in Sierra Leone : a population-based assessment : a report. Boston, MA: Physicians for Human Rights. ISBN 978-1-879707-37-5. 
  12. OCHA 2007.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.