Abrir o menú principal

Christabel Pankhurst

Dame Christabel Harriette Pankhurst, nada en Manchester o 22 de setembro de 1880 e finada o 13 de febreiro de 1958 nos Ánxeles, foi unha sufraxista e activista política inglesa, das consideradas como suffragettes. Foi cofundadora da Women's Social and Political Union (WSPU) e dirixiu accións militantes desde o exilio en Francia de 1912 a 1913. En 1914 apoio a guerra contra Alemaña. Despois da guerra mudouse aos Estados Unidos, onde traballou como evanxelista para o movemento Second Adventist. Obtivo a Orde do Imperio Británico.

Christabel Pankhurst
C.H. Pankhurst a Meurisse 1912.jpg
Nacemento22 de setembro de 1880
 Manchester
Falecemento13 de febreiro de 1958
 Santa Monica
SoterradaWoodlawn Memorial Cemetery
NacionalidadeReino Unido
Alma máterManchester High School for Girls e Universidade de Manchester
Ocupaciónsufraxista, feminista e arquitecta
PaiRichard Pankhurst
NaiEmmeline Pankhurst
IrmánsAdela Pankhurst e Sylvia Pankhurst
PremiosDama comendadora da Orde do Imperio británico
editar datos en Wikidata ]
Artigo de xornal editado por Christabel Pankhurst

BiografíaEditar

Primeiros anosEditar

Christabel Pankhurst foi filla da recoñecida sufraxista inglesa Emmeline Pankhurst e do seu esposo o socialista radical Richard Pankhurst. Foi irmá de Sylvia Pankhurst e Adela Pankhurst. O seu pai era avogado e a súa nai propietaria dun pequeno local. Christabel axudáballe á súa nai, que traballaba no rexistro de defuncións e nacementos na cidade de Manchester. A pesar das dificultades económicas, a súa familia sempre a apoiou para que lograse os seus obxectivos.[1] A morte da súa nai en 1928 afectoulle moito.

ActivismoEditar

En 1905 Christabel Pankhurst interrompeu unha reunión do Partido Liberal reclamando o dereito da muller ao voto. Foi arrestada xunto coa súa compañeira sufraxista Annie Kenney. O seu arresto xerou interese nos medios, e a súa nai Emmeline empezou a incentivar con máis forza o sufraxismo a raíz do encarceramento da súa filla.[2]

Despois de obter un grao en leis en 1906, Christabel trasladouse á sede da Unión Social e Política das Mulleres en Londres, onde adoptou o pseudónimo "Queen of the Mob". Foi arrestada novamente en 1907 e en 1909. Entre 1913 e 1914 viviu en París, Francia. Regresou a Inglaterra en 1914 fuxindo da primeira guerra mundial, e alí foi arrestada novamente. Pankhurst iniciou unha folga de fame, coa que pagou só 30 días dunha condena de 3 anos. Ao saír de prisión escribiu o libro The Great Scourge and How to End It. Nos anos seguintes continuou traballando incansablemente polos dereitos da muller, logrando progresos significativos.[3][4]

Abandonou Inglaterra en 1921, e trasladouse aos Estados Unidos onde exerceu como evanxelista. Regresou ao Reino Unido onde foi incluída na Orde do Imperio Británico en 1936. Coa chegada da segunda guerra mundial, Christabel retornou a Norteamérica, para vivir nos Ánxeles, California.

FalecementoEditar

Christabel morreu o 13 de febreiro de 1958, á idade de 77 anos. O seu caseiro atopou o seu corpo sen vida, e sen razón aparente da morte. Foi enterrada en Santa Monica, California.

Na cultura popularEditar

Christabel Pankhurst foi personificada pola actriz Patricia Quinn na serie da BBC de 1974 Shoulder to Shoulder.

BibliografíaEditar

  • Christabel Pankhurst, Pressing Problems of the Closing Age. Morgan & Scott Ltd. 1924.
  • Christabel Pankhurst, The World's Unrest: Visions of the Dawn. Morgan & Scott Ltd. 1926.
  • David Mitchell, Queen Christabel MacDonald & Jane's Publisher Ltd. 1977 ISBN 0-354-04152-5.
  • Barbara Castle, Sylvia and Christabel Pankhurst. Penguin Books, 1987 ISBN 978-0-14-008761-1.
  • Timothy Larsen, Christabel Pankhurst: Fundamentalism and Feminism in Coalition Boydell Press, 2002.

NotasEditar

  1. Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. 
  2. Christabel Pankhurst, Pressing Problems of the Closing Age (Morgan & Scott Ltd., 1924).
  3. David Mitchell, Queen Christabel (MacDonald and Jane's Publisher Ltd., 1977) ISBN 0-354-04152-5
  4. Barbara Castle, Sylvia and Christabel Pankhurst (Penguin Books, 1987) ISBN 978-0-14-008761-1.

Ligazóns externasEditar