Abrir o menú principal

Thomas Carlyle, nado en Ecclefechan o 4 de decembro de 1795 e finado en Londres o 5 de febreiro de 1881, foi un escritor satírico escocés, ademais de ensaísta, historiador e profesor durante o período que se coñece como época vitoriana. Escribía artigos para a Enciclopedia de Edimburgo, e era un polémico comentarista.

Thomas Carlyle
Thomas Carlyle lm.jpg
Nacemento4 de decembro de 1795
 Ecclefechan
Falecemento5 de febreiro de 1881
 Londres
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
EtniaPobo escocés
Alma máterUniversidade de Edimburgo
Ocupaciónlingüista, historiador da literatura, historiador, tradutor, matemático, filósofo, ensaísta, escritor, crítico literario, novelista e mestre
CónxuxeJane Welsh Carlyle
IrmánsJohn Carlyle
Coñecido/a porSartor Resartus e On Heroes, Hero-Worship, and The Heroic in History
PremiosOrde do Mérito das Ciencias e as Artes e Fellow of the American Academy of Arts and Sciences
Signature of Thomas Carlyle.jpg
editar datos en Wikidata ]
Thomas Carlyle.

TraxectoriaEditar

Vindo dunha familia calvinista estrita, Carlyle ía para predicador, mais na súa estadía na Universidade de Edimburgo, perdeu a súa fe no cristianismo. Os valores calvinistas, non obstante, permaneceron canda el ao longo de toda a vida. Esta combinación dun temperamento relixioso coa perda de fe no cristianismo tradicional dotaba o traballo de Carlyle dun especial atractivo para os seguidores victorianos, quen estaban a afrontar daquela unhas mudanzas no ámbito científico e político que ameazaban a orde social tradicional.

Véxase taménEditar