Horace Greeley

político estadounidense

Horace Greeley, nado o 3 de febreiro de 1811 e finado o 29 de novembro de 1872, foi un xornalista estadounidense, fundador do New-York Tribune e cofundador do Partido Republicano.[1]

Horace Greeley
Nacemento3 de febreiro de 1811 e 1811
Lugar de nacementoAmherst (Nova Hampshire)
Falecemento29 de novembro de 1872 e 1872
Lugar de falecementoNova York
SoterradoGreen-Wood Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupaciónxornalista, político, editor, editor literario, empresario, escritor e editor colaborador
PaiZaccheus Greeley
CónxuxeMary Cheney Greeley
FillosGabrielle Greeley Clendenin
Na rede
WikiTree: Greeley-165 Find a Grave: 414 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi un acérrimo crítico da escravitude e un dos maiores nomes do abolicionismo nos Estados Unidos, membro do Partido Whig entre 1847 e 1854, após a promulgación da Lei Kansas-Nebraska que fomentaba a expansión da escravitude ao Vello Oeste e á entrada de novos "estados escravos", el, en resposta, uniuse cos antigos líderes do Partido Whig como Abraham Lincoln, e xuntos fundaron un novo partido, o Partido Republicano como forma de resposta a esta lei, esta partido opúxose á escravitude.[2] Greeley foi tamén un vexetariano convencido desde os 24 anos de idade.[3]

Ademais da súa firme postura contra a escravitude, tamén animou á mocidade a explorar as oportunidades do Vello Oeste, popularizando (talvez non inventando) a frase Go West, young man, go West' (Vai ao Oeste, mozo, vai ao Oeste).[4] Esta declaración reflectía a visión do Oeste como unha terra de novas posibilidades e un escape das restricións do Leste, promovendo a idea de aventura, autonomía e autoxestión nun país en plena expansión.[5]

En 1860, o Partido Republicano lanzou a candidatura de Abraham Lincoln que foi elixido presidente nunhas eleccións moi estreitas e convulsas, que foi unha das eleccións máis turbulentas da historia americana. A candidatura de Lincoln foi fortemente apoiada por Greeley, e tras a súa investidura, constantemente animou a Lincoln a abolir a escravitude e mesmo lle presentou a Frederick Douglass. En 1862, co obxectivo de debilitar aos confederados, Lincoln aprobou a Slave Emancipation Act, que aboliu definitivamente a escravitude en todos os estados dos Estados Unidos. Tras este logro Greeley mostrouse moi feliz, eloxiouno dende o editorial do seu xornal, e en 1864 apoiou a reelección de Lincoln.

Candidatura á Casa Branca e pasamento editar

Foi candidato á presidencia en 1872 pola á esquerdista, chamada "liberal" do Partido Republicano contra os "republicanos radicais" apoiados por Grant.[1] Correu nunha plataforma moderada, en contraste co "radicalismo" de Grant e os seus partidarios. Nunca chegou a ser demócrata, pero foi apoiado polo Partido Demócrata, que viu a súa candidatura como unha oportunidade para tentar regresar á Casa Branca; con todo, pouco despois das eleccións, Greeley morreu o 29 de novembro de 1872 á idade de 61 anos, morreu no seu sono na súa residencia nunha aldea do condado de Westchester no estado de Nova York.[1] Ese ano, o pobo xa votara nas eleccións presidenciais, pero o colexio electoral non, polo que os delegados que se comprometeron a votar en Greeley acabaron emigrando ao seu compañeiro de fórmula e a outros políticos demócratas do sur, ao final, dos 66. delegados que se comprometeron a votar por Greeley, só 3 votaron por el.[1] [6] Esta foi a única vez que un candidato morreu ás poucas semanas dunhas eleccións nos Estados Unidos.[1]

Tivo un funeral sinxelo e foi enterrado no cemiterio de Green-Wood.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Jr, Harold F. Bass (2019). Historical Dictionary of United States Political Parties (en inglés). Lanham. pp. 138–139. 
  2. "Abraham Lincoln and Horace Greeley – Abraham Lincoln's Classroom" (en inglés). Consultado o 2023-09-15. 
  3. Greeley, Horace; Owen, Robert Dale (1868). Recollections of a busy life. New York, J. B. Ford and co.; Boston, H.A. Brown & co.,[etc., etc. 
  4. "Biografía de Horace Greeley". Ciencia de Hoy (en castelán). 2019-09-22. Consultado o 2023-09-15. 
  5. ""GO WEST, YOUNG MAN..." (Speechwriter's Slant)". web.archive.org. 2008-09-05. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2008. Consultado o 2023-09-15. 
  6. Gomes, João Francisco (20/12/2016). "EUA. O Colégio Eleitoral com mais 'infiéis' desde 1872 foi fiel a Trump". Consultado o 2021-02-02. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar