O unitarismo é unha corrente teolóxica dun sector do cristianismo protestante, que cre nun Deus unipersoal e sostén que Xesucristo non é o mesmo Deus. O unitarismo é estritamente monoteísta e cre que existe só un único Deus, Deus Pai ou Yahveh, conformado por unha soa entidade.

Historia

editar

As ideas do unitarismo comprendíanse durante os primeiros anos do cristianismo no que o cristianismo católico chamou herexía ariana ou arianismo, polo nome do seu principal defensor, Ario. Pero o unitarismo moderno fixouse coa Reforma protestante: en Transilvania existiu desde a década de 1560 cando era acaudillado por Férenc David (1510-1579). En Polonia, o unitarismo floreceu durante cen anos como a Igrexa Reformada Menor, ata que a persecución de 1660 forzou aos seus seguidores ao exilio. A figura clave no movemento polaco foi o italiano Fausto Socino (1539-1604) e ao seu movemento chamóuselle socinianismo. Unitarios illados viviron en Inglaterra cara a 1600, sobre todo John Biddle, e logo no século XVIII, pero sempre sendo considerados disidentes da Igrexa de Inglaterra.

No último cuarto do século XVIII o movemento encabezouno e dirixiu a Essex Church fundada por Theophilus Lindsey en Londres (1774), sendo seguido tamén polo importante científico Joseph Priestley. Nos Estados Unidos, William Ellery Channing chegou a formar tamén unha influente congregación de ideas semellantes en Boston, cidade que chegou a constituírse practicamente na capital do unitarismo en América; e a ambos os dous lados do Atlántico as congregacións unitarias organizáronse como denominacións independentes en 1825.[1] Nos seus últimos anos, o escritor español José María Blanco White fíxose unitarista.

Posteriormente, o Unitarismo histórico fusionouse coa igrexa do unitarismo universalista en 1995, constituíndose o Consello Internacional de Unitarios e Universalistas (ICUU) para coordinar as diversas Igrexas e asociacións Unitarias e Universalistas do mundo.[2]

Relación con outras igrexas

editar

A igrexa católica e ortodoxa rexeitan o unitarismo por considerar a súa doutrina igual á de Arrio, condenado por herexía no concilio de Nicea, por non crer na divindade de Xesús.

A igrexa protestante (evanxélica) rexeita desde os seus inicios ao movemento, xa que da mesma forma que as outras igrexas nicenas aceptan o concilio de Nicea, moitas igrexas negáronse rotundamente a recoñecer aos unitarios como protestantes debido a que nunca estiveron unidos á igrexa protestante a pesar de que teñan costumes similares, o 1 de marzo de 2006 o bispo evanxélico da catedral de Chester en Inglaterra rexeitou rotundamente o aceptar a unitarios na catedral por consideralos unha relixión herética.[3][4]

  1. Earl Morse Wilbur, Our unitarian heritage (1925) http://www.miguelservet.org/enlared/our_unitarian_heritage.pdf Arquivado 16 de febreiro de 2016 en Wayback Machine.
  2. Jaume de Marcos Andréu, "El Unitarismo: fuentes históricas y realidad actual" http://www.miguelservet.org/unitarismo.htm Arquivado 21 de maio de 2016 en Wayback Machine. consultado 18-X-2015, 14:31
  3. "La iglesia de Inglaterra no permite realizar culto a unitarios" (en inglés). 
  4. Arieu, Paulo. "Las doctrinas unitarias herejes, visión protestante-evangelica" (PDF) (en castelán).