Alfred Korzybski

enxeñeiro, filósofo e lingüísta polonés

Alfred Korzybski, nado en Varsovia o 3 de xullo de 1879 e finado en Lakeville (Estados Unidos de América) o 1 de marzo de 1950, foi un enxeñeiro, filósofo e lingüista polonés lembrado por desenvolver a teoría da semántica xeral.

Infotaula de personaAlfred Korzybski

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xullo de 1879 Editar o valor em Wikidata
Varsovia, Polonia Editar o valor em Wikidata
Morte1 de marzo de 1950 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Lakeville, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Polonia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Tecnoloxía de Varsovia (1898–1902) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnxeñaría Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemático , enxeñeiro , lingüista , filósofo Editar o valor em Wikidata
AlumnosIda Rolf (pt) Traducir e Joseph Samuel Bois (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMira Edgerly Korzybska (1919–)
PaisWladyslaw Korzybski (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Helena Rzewuska (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Korzybski-2

Traxectoria editar

Naceu en Varsovia cando Polonia pertencía ao Imperio Ruso, no seo dunha familia aristócrata e tradicional con antecedentes de matemáticos, enxeñeiros e científicos. Aprendeu polonés na casa, ruso na escola, e francés e alemán de neno con dúas profesoras. Estudou Enxeñaría na Universidade de Tecnoloxía de Varsovia.

Durante a primeira guerra mundial serviu como oficial de intelixencia no exército ruso, mais logo de ferir unha perna e ter outras lesións en 1916 mudouse a América do Norte, primeiro ao Canadá e despois aos Estados Unidos, para coordinar o envío de artillaría ao seu país. Deu unha serie de conferencias para emigrantes poloneses sobre o conflito bélico, promovendo a venda de bonos de guerra.

En xaneiro de 1919 casou coa pintora Mira Edgerly. Establecéronse nos Estados Unidos, e obtivo a dupla nacionalidade en 1940.

Ideoloxía editar

A obra de Korzybski culminou na fundación da teoría da semántica xeral, desenvolvida na súa obra Science and Sanity (1933). En 1938 Korzybski fundou o Instituto de Semántica Xeral, que dirixiu até o seu falecemento. A esencia da obra de Korzybski é a declaración de que o ser humano está limitado no seu coñecemento pola estrutura do seu sistema nervioso e pola estrutura das súas linguas. O ser humano non pode experimentar o mundo directamente, senón a través das súas abstraccións (impresións non verbais procedentes do sistema nervioso e indicadores verbais procedentes da lingua). Por veces as percepciónss e a lingua confunden o home, que cre que son os feitos cos que debe lidar. Defendeu os beneficios de adestrar a toma de consciencia da abstracción a través de técnicas obtidas no estudo da matemática e a ciencia.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Villar Ponte, A. (15 de Nadal de 1922). "Unha nova teoría encol do home. A terceira dimensión da vida". Nós (14): 12-14.