Elena Fernández Ferreiro López de Ochoa, coñecida como Elena Ochoa, nada na Pobra de Trives o 24 de setembro de 1958, é unha psicóloga e xornalista galega.

Modelo:BiografíaElena Ochoa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalElena Fernández Ferreiro López de Ochoa
Biografía
Nacemento(es) Elena Fernández Ferreiro López Ochoa Editar o valor en Wikidata
24 de setembro de 1958 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
A Pobra de Trives, España Editar o valor en Wikidata
Profesora
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesThe Lady Foster Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Universidade de California, Os Ánxeles
Universidade de Cambridge Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióneditora literaria, psicóloga, comisaria de arte, presentadora Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid
Radio Nacional de España
Televisión Española Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeNorman Foster (1996–)
Luis Racionero (1991–1994) Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm1961372 Allocine: 500300 BNE: XX1086549 BUSC: ochoa-elena-1958 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Licenciada en Psicoloxía, dende 1980 ata 1999 foi profesora titular de psicopatoloxía na Universidade Complutense de Madrid. Nos anos oitenta, a súa investigación centrouse no alzhéimer, e para iso desprazouse ás universidades dos Ánxeles, Chicago e Cambridge. En 1990 comezou a presentar o primeiro programa de información sexual da TVE, Hablemos de sexo, o que lle deu unha importante sona. Traballou catro anos en televisión, e posteriormente e ata 1999 foi colaboradora dos xornais El País e El Mundo.

Entre 1999 e 2000 foi profesora no King's College de Londres, pero nese ano abandonou a súa carreira para dedicarse á promoción da arte. Fundou a editorial Ivory Press, especializada en libros de artista dirixidos a museos e coleccionistas, así como de álbums de fotografía.

Vida persoal

editar

Casou en 1991 co escritor español Luis Racionero, de quen se separou en 1994. En 1996 casou co arquitecto británico Norman Foster, co que tivo dous fillos.