Televisión Española

grupo de TV público de España
(Redirección desde «TVE»)

Televisión Española (TVE) é a cadea de televisión máis antiga de España. Iniciou as súas emisións regulares o 28 de outubro de 1956 e pertence á Corporación Radiotelevisión Española desde o 1 de xaneiro de 2007. Ademais está asociada á Unión Europea de Radiodifusión.

TVE
Logo da TVE.
Inicio das emisións 28 de outubro de 1956
Propiedade de RTVE
Formato da imaxe 576i SD 4:3 16:9
720p HD 16:9
Slogan Parte de ti
País España España
Lingua español
Área de emisión España, mundial
Sede central Pozuelo de Alarcón, Madrid
Canle/s irmá(s) La 1
La 2
Clan
Canal 24h
Teledeporte
Servizo en diferido TVE Internacional
Dispoñibilidade
Terrestre
TDT
Satélite
TVE Internacional

Na rede
Páxina web da RTVE
Twitter: tve_tve BNE: XX128794 Editar o valor en Wikidata

TVE ten a súa sede nos estudios de Prado del Rey, en Pozuelo de Alarcón (Madrid). Desde o 1 de xaneiro de 2010 finánciase a través de subvencións públicas e impostos directos sobre os operadores privados de televisión e telefonía, abandonando o mercado publicitario. España é un dos poucos países da Unión Europea onde os cidadáns non pagan un canon para subvencionar de xeito parcial ou total a radiotelevisión pública.

Historia

editar

A aparición da Televisión Española no ano 1956 é o comezo da televisión en España. A Constitución española define a súa misión no artigo 20: "Que protexe o dereito a comunicar ou recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión".

No ano 1962 pasa a depender do Ministerio de Información e Turismo, do cal era Ministro Manuel Fraga Iribarne. Os primeiros contidos da canle eran informativos, musicais e publicidade. Todos os programas emitíanse en directo dende o Paseo de la Habana (Madrid).

En novembro de 1966 aparece a segunda canle de TVE (TVE2). En TVE2 emitiríanse os contidos deportivos, culturais e de servizo público de baixa audiencia.

En 1974 comeza a emitir en galego a media hora do programa informativo Panorama de Galicia.

En 1990 aparece a Lei de Televisión Privada a trae con ela novas canles (Antena 3, Telecinco, Canal+).

En 1994 créanse as canles temáticas Teledeporte e Canal Clásico que emiten vía satélite (agora Teledeporte emite por TDT), tamén comeza a emitir por vía satélite TVE internacional lanzado en 1989.

O 1 de xaneiro de 2010 desapareceu a publicidade en todas as súas canles (igual que noutras cadeas públicas europeas como a BBC ou France 2). Ademais eliminouse a posibilidade de que TVE poida ter canles TDT de pagamento como os operadores privados.

Coa chegada da Televisión Dixital Terrestre Televisión Española conta con maior número de canles. O 3 de abril de 2010 completouse o apagamento analóxico, cesando definitivamente as emisións de La 1 e La 2 por este medio.

Logotipos

editar
       
1956 - 1962 1962 - 1991 1991 - 2008 2008 - Actualidade

Canles

editar
Canles de TVE
Cadea Descrición Dispoñible por
 
La 1
Cadea xeralista que contén principalmente series españolas e latinoamericanas, cine (sobre todo nacional e norteamericano), magazines e reportaxes de actualidade, informativos e algunhas das competicións deportivas máis populares. É a primeira canle de televisión creada en España, o 28 de outubro de 1956. TDT / Digital+ / Euskaltel / Imagenio / Cable / Orange TV / ONO
 
La 2
Cadea cultural e de atención ao cidadán que emite unha programación composta por espazos de cultura e cidadanía, series norteamericanas, documentais, cine español e europeo, reportaxes e debates, informativos alternativos, culturais e musicais, e antigamente espazos de teleteatro. Ofrece unha televisión alternativa ás televisións xeralistas. Foi antigamente coñecida como a segunda cadea ou o UHF, xa que foi a primeira canle española que utilizou esta banda de emisión. É a segunda canle máis antiga de España, lanzada o 15 de novembro de 1966. TDT / Digital+ / Euskaltel / Imagenio / Cable / Orange TV / ONO
 
24h
Canle temática de noticias creada en 1997, que emite informativos cada media hora, espazos de debate e análise, entrevistas, magazines de actualidade e reportaxes emitidas noutras canles de TVE. É a primeira canle de noticias en España. TDT / Digital+ / Hotbird / Hispasat / IA13 / NSS7 / Cable / Imagenio / Orange TV / Euskaltel / ONO / GTD Manquehue
 
Teledeporte
Canle temática creada en 1994 que emite competicións deportivas que non poden ser emitidas en directo por La 1 ou La 2, ou que son minoritarios e de audiencia escasa. Ademais produce resumos da xornada deportiva. TDT / Digital+ / Hispasat / Euskaltel / Cable / Imagenio / Orange TV / ONO
 
Clan
Canle temática principalmente infantil creada en 2005, pero tamén emite programación xuvenil pola noite e series repetidas de TVE pola madrugada. A súa programación é case completamente de ficción (animada ou non). TDT / Digital+ / Cable / Imagenio / Euskaltel / ONO
 
TVE Internacional
Sinal internacional de Televisión Española para a emisión de contidos televisivos no estranxeiro, creado en 1989. Transmite programas de La 1, La 2 e o 24h. Divídese á súa vez en tres sinais, destinadas para América, Europa e Asia respectivamente. Satélite Hot Bird 13ºE

Centros territoriais e de produción

editar

Ademais dos seus estudos en Madrid, TVE conta ademais con dous centros de produción:

  • TVE Cataluña: destinado á produción de programas rexionais en catalán, e doutros programas a nivel nacional, como Saber y Ganar, ademais dalgunhas cadeas da corporación, como La 2 ou Teledeporte. O centro fundouse en Miramar en 1959, e os seus estudos atópanse actualmente, e desde 1983, en Sant Cugat del Vallès. Emite o seu informativo territorial L'informatiu todos os días.
  • TVE Canarias: dedicado á produción de programas da rexión e á adaptación de programación debido á diferenza horaria das Canarias. Fundado en 1964, ten a súa sede nas Palmas de Gran Canaria, e ata 1971 tivo autonomía completa relativa á programación ata que puido enlazar a La 1 peninsular a través da rede de satélites Intelsat. Emite o seu informativo territorial todos os días.

No resto de comunidades, TVE conta en cada unha delas cun Centro Territorial encargado de realizar o informativo da rexión. O devandito informativo emítese de luns a venres ás dúas en punto (agás Canarias, que emite tamén os sábados e domingos; e Cataluña, que ademais emite unha segunda emisión do seu informativo territorial ás 8 en La 2). Os seus nomes, idioma e anos de creación son:

Televisión Española non conta cun Centro Territorial na Comunidade de Madrid, debido a que a sede central da Corporación RTVE xa se atopa en Madrid, aínda que si emite Informativo Madrid.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar