Pedro Martínez de la Rosa

Pedro Martínez de la Rosa (53 anos)

Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade España España
Anos en activo 19992002, 2005-2006, 2010-2012
Escudería(s) Arrows, Jaguar, McLaren, Sauber, e HRT
Grandes Premios disputados 107 (105 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 1
Pole positions 0
Voltas rápidas 1
Primeiro GP Gran Premio de Australia de 1999
Derradeiro GP Gran Premio do Brasil de 2012

Pedro Martínez de la Rosa, nado en Cardedeu o 24 de febreiro de 1971 é un piloto español de Fórmula Un. Participou en 107 Grandes Premios cos equipos Arrows, Jaguar, McLaren e Sauber, e HRT. Debutou o 7 de marzo de 1999, converténdose nun dos poucos pilotos que anotaron un punto na súa primeira carreira. Logrou un total de 35 puntos no campionato, que inclúe un podio no Gran Premio de Hungría de 2006.

O 21 de novembro de 2011, anunciouse que De la Rosa asinou un contrato de dous anos para pilotar co equipo HRT F1.[1] Coa retirada do equipo HRT en 2013, quedou sen asento para a tempada 2013. O 16 de xaneiro de 2013, de la Rosa foi anunciado como piloto probador de Ferrari para a tempada de Fórmula 1 de 2013.

Inicios editar

A diferenza da maioría dos pilotos, comezou a súa carreira en coches de radio control, especializado en 1:08 off-road. Gañou o campionato europeo de radio control off-road en dúas ocasións en 1983 e 1984[2] e foi finalista no campionato do mundo en 1986[3] Despois en 1988, xa con 17 anos empezou no karting. Logo participou no campionato da Fórmula Fiat español e converteuse en campión en 1989.

Andaina profesional editar

En 1990, de la Rosa competiu no campionato español de Fórmula Ford 1600 e converteuse en campión. Logo marchou a competir no campionato británico de Fórmula Ford 1600 e conseguiu dous podios de seis carreiras. En 1991, De la Rosa conseguiu o cuarto posto no Campionato de Fórmula Renault español con tres podios. En 1992 participou á vez no campionato europeo e británico da Fórmula Renault. Participou no campionato británico de Fórmula e os seguintes dous anos. En 1995, marchou ao Xapón onde proclamouse campión da Fórmula 3 xaponesa e foi terceiro no Gran Premio de Macau. En 1996, terminou oitavo tanto na Fórmula Nippon como na All Japan GT Championship. Ao ano seguinte foi campión na Fórmula Nippon. Tamén foi o campión do All Japan GT xunto a Michael Krumm.

Fórmula 1 (1999-2013) editar

Arrows (1999-2000) editar

En 1998, de la Rosa foi piloto de probas de Jordan. No ano seguinte, uniuse a Arrows e anotou un punto do campionato do mundo ao terminar sexto na súa primeira carreira, o Gran Premio de Australia de 1999. Regularmente clasificou por diante do seu compañeiro de equipo, o máis experimentado Toranosuke Takagi. No ano 2000 permaneceu en Arrows xunto ó holandés Jos Verstappen. Anotou dous puntos, terminando sexto no Gran Premio de Alemaña e no Gran Premio de Europa. Verstappen comentou a metade de tempada que el e de la Rosa 'traballamos ben xuntos e temos unha boa relación'.[4] Durante a tempada 2000, o equipo Arrows participou nunha serie de televisión de 13 capítulos chamado 'Racing Arrows', que seguiu o equipo e os pilotos ao longo do ano. Emitiuse na canle de televisión británica ITV en 2001.[5]

 
De la Rosa pilotando un Jaguar no Gran Premio do Canadá de 2001

Jaguar (2001-2002) editar

Correu durante dous anos con Jaguar Racing xunto a Eddie Irvine, anotou 3 puntos en 2001, un quinto posto no Gran Premio de Italia (Monza, 16/9/2001), e un sexto en Canadá (10/5/2001) e ningún en 2002. Ao final da tempada 2002 Jaguar cesouno aínda que o seu contrato expiraba ao final de 2003.

McLaren (2003–2009) editar

 
De la Rosa no Gran Premio do Canadá de 2005, como terceiro piloto
 
De la Rosa no Gran Premio do Brasil de 2006

De la Rosa é contratado como piloto de probas de McLaren, pero participou no Gran Premio de Bahrein de 2005 cando Juan Pablo Montoya lesionouse o ombreiro. Terminou quinto e marcou a volta rápida en carreira.

O 11 de xullo de 2006 anunciouse que De la Rosa faríase cargo do segundo asento de McLaren con efecto inmediato logo da marcha de Juan Pablo Montoya á NASCAR. Aínda que non estaba claro se quedaría co asento ata o final da tempada, pero varios resultados satisfactorios levárono a continuar.

No Gran Premio de Hungría de 2006 de la Rosa conseguiu o seu primeiro podio, chegando segundo detrás de Jenson Button.

Logo dun longo período de especulación sobre quen sería compañeiro de equipo de Fernando Alonso en 2007, foi Lewis Hamilton quen quedou co asento. De la Rosa continuou como piloto de probas do equipo.[6]

Na tempada 2005 compaxinou as súas tarefas de probador coa de comentarista das carreiras da emisora española Telecinco. Logo da súa ausencia en 2006 regresou ao micrófono en 2007.

As novas de 2007 vinculaban a de la Rosa co retorno ás carreiras de F1 co novo equipo Prodrive, que creouse para facer o seu debut na tempada 2008. As especulacións suxerían que Prodrive formaríase co apoio do equipo McLaren, e que de la Rosa, xunto co seu compañeiro probador Gary Paffett correrían nel na súa primeira tempada. Pero, o equipo non puido estar na grella da nova tempada, e para 2008, de la Rosa mantívose como piloto de probas de McLaren.

 
De la Rosa probando un McLaren no Circuíto de Cataluña en 2008

De la Rosa tamén estivo implicado na controversia de espionaxe en torno ao seu equipo e os rivais de Ferrari. Coas probas achegadas por el e o seu compañeiro de equipo Fernando Alonso, a FIA excluíu ao equipo do Campionato de Construtores de 2007, e sancionouno cunha multa récord de 100 $ millóns.[7]

Antes do inicio do Gran Premio de Australia de 2008, de la Rosa foi elixido como o novo presidente da Asociación de Pilotos de Grand Prix (GPDA) logo dunha votación unánime. Substituíu o retirado Ralf Schumacher.[8] Quedou en McLaren en 2009, e en xaneiro de 2010 converteuse no quinto piloto de probas con máis experiencia na historia, en termos de días de proba.[9] Anunciou que desexaba renunciar á función de presidente da GPDA, trala finalización do seu contrato para pilotar con Sauber en 2010, e foi substituído no cargo por Nick Heidfeld no Gran Premio de Australia.[10]

BMW Sauber/Sauber (2010–2011) editar

 
De la Rosa pilotando un BMW Sauber no Gran Premio de Malaisia de 2010

O día 19 de xaneiro de 2010, o recentemente resucitado equipo Sauber anuncia a fichaxe de De la Rosa.[11] O seu compañeiro de equipo en Sauber foi o piloto xaponés Kamui Kobayashi que destacara en Toyota durante as dúas últimas carreiras da tempada 2009 de Fórmula Un.

De la Rosa terminou sete das trece carreiras nas que participou na tempada 2010, e anotou seis puntos nunha única clasificación en postos de puntuación, un sétimo lugar no Gran Premio de Hungría de 2010.[12] De la Rosa cualificou entre os dez primeiros en dúas ocasións, en Silverstone e en Hungría xa que tanto el como o seu compañeiro Kobayashi loitaron con problemas de fiabilidade na maioría da tempada.

Sauber substituíuno do seu asento en carreira en favor de Nick Heidfeld tralo Gran Premio de Italia.[13] De la Rosa substituíu a Heidfeld como piloto de probas para en Pirelli, á espera do seu regreso a Fórmula 1 para a tempada 2011.[14]

Logo do accidente en Mónaco de Sergio Pérez, de la Rosa Substituíuno no equipo Sauber no Gran Premio do Canadá de 2011, logo de que Pérez decidira logo da primeira sesión de adestramentos libres do venres, non participar o resto da fin de semana.[15] De la Rosa logrou manterse fóra de problemas durante toda a primeira parte da carreira, afectada por fortes choivas, ía noveno antes de que unha bandeira vermella suspendera a carreira. Finalmente terminou 12º logo de ter un contacto pouco despois da reanudación polo que requiriu unha nova á.

Regreso a McLaren en 2011 editar

O 9 de marzo de 2011, McLaren anunciou que De la Rosa regresaba ao equipo como piloto de probas e reserva.[16]

HRT 2012 editar

 
De la Rosa pilotando un HRT no Gran Premio de Malaisia de 2012.

O 21 de novembro de 2011, anunciouse que De la Rosa asinou con HRT F1 nun contrato de dous anos. O seu compañeiro de equipo era o piloto da India Narain Karthikeyan.[17] Ningún dos dous pilotos lograron clasificarse para a primeira carreira da tempada en Australia, de la Rosa só puido completar sete voltas cronometradas durante a fin de semana.[18] No seguinte fin de semana en Malaisia, foi capaz de cualificar e terminar 22º na carreira logo de recibir unha penalización logo do reinicio da carreira, máis tarde foi ascendido ao posto 21 debido á penalización de 20 segundos de Karthikeyan por un incidente con Sebastian Vettel.

 
De la Rosa no Gran Premio dos Estados Unidos de 2012

De la Rosa clasificouse por diante de Karthikeyan, unha vez máis, en China, e rematou 21º, cunha volta menos que o gañador da carreira. En Bahrain, terminou 20º logo de cualificar 22º, aínda que logo da carreira, admitiu que o equipo aínda necesita "gañar algo de velocidade por volta" para loitar contra os seus rivais cunha base consistente.[19] A raíz disto, de la Rosa acabou a súa carreira de casa por primeira vez desde o 1999 no posto 19º, o último de todos os pilotos clasificados. Pero non puido completar o Gran Premio de Mónaco debido a unha colisión con Pastor Maldonado ao comezo da carreira.[20]

Ferrari (2013) editar

O 16 de xaneiro, Ferrari anunciou que de la Rosa firmou un contrato co equipo, para axudar cos seus recursos no simulador.[21] O 24 de xaneiro Ferrari anunciou que de la Rosa podería compartir o seu traballo co de piloto probador no seu desafío 2013, no F138 de Felipe Massa na primeira proba da tempada, a partir do 5 de febreiro en Xerez.[22]

Resultados completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Pos. Puntos
1999 Repsol Arrows Arrows A20 Arrows T2-F1 3.0 V10 AUS
6
BRA
Ret
SMR
Ret
MON
Ret
ESP
11
CAN
Ret
FRA
11
RU
Ret
AUT
Ret
ALE
Ret
HUN
15
BEL
Ret
ITA
Ret
EUR
Ret
MAL
Ret
XPN
13
18º 1
2000 Arrows F1 Team Arrows A21 Supertec FB02 3.0 V10 AUS
Ret
BRA
8
SMR
Ret
RU
Ret
ESP
Ret
EUR
6
MON
Ret
CAN
Ret
FRA
Ret
AUT
Ret
ALE
6
HUN
16
BEL
16
ITA
Ret
USA
Ret
XPN
12
MAL
Ret
16º 2
2001 Jaguar Racing Jaguar R2 Cosworth CR-3 3.0 V10 AUS MAL BRA SMR ESP
Ret
AUT
Ret
MON
Ret
CAN
6
EUR
8
FRA
14
RU
12
ALE
Ret
HUN
11
BEL
Ret
ITA
5
USA
12
XPN
Ret
16º 3
2002 Jaguar Racing Jaguar R3/R3B Cosworth CR-3 3.0 V10/CR-4 3.0 V10 AUS
8
MAL
10
BRA
8
SMR
Ret
ESP
Ret
AUT
Ret
MON
10
CAN
Ret
EUR
11
RU
11
FRA
9
ALE
Ret
HUN
13
BEL
Ret
ITA
Ret
USA
Ret
XPN
Ret
21º 0
2005 West McLaren Mercedes McLaren MP4-20 Mercedes FO 110R 3.0 V10 AUS
PP
MAL
PP
BHR
5
SMR
PP
ESP
PP
MON EUR CAN
PP
USA
PP
FRA
PP
RU
PP
ALE HUN TUR
PP
ITA
PP
BEL BRA XPN
PP
CHN
PP
20º 4
2006 Team McLaren Mercedes McLaren MP4-21 Mercedes FO 108S 2.4 V8 BHR MAL AUS SMR EUR ESP MON RU CAN USA FRA
7
ALE
Ret
HUN
2
TUR
5
ITA
Ret
CHN
5
XPN
11
BRA
8
11º 19
2010 Sauber Sauber C29 Ferrari 056 2.4 V8 BHR
Ret
AUS
12
MAL
NTS
CHN
Ret
ESP
Ret
MON
Ret
TUR
11
CAN
Ret
EUR
12
RU
Ret
ALE
14
HUN
7
BEL
11
ITA
14
SIN XPN COR BRA ABU 17º 6
2011 Sauber F1 Team Sauber C30 Ferrari 056 2.4 V8 AUS MAL CHN TUR ESP MON CAN
12
EUR RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR IND ABU BRA 20º 0
2012 HRT F1 Team Hispania F112 Cosworth CA2012 V8 AUS
NSC
MAL
21
CHN
21
BAH
20
ESP
19
MON
Ret
CAN
Ret
EUR
17
RU
20
ALE
21
HUN
22
BEL
18
ITA
18
SIN
17
XPN
18
COR
Ret
IND
Ret
ABU
17
USA
21
BRA
17
25º 0

Notas editar

  1. "Pedro de la Rosa will drive for HRT F1 Team in 2012". hispaniaracing.com (HRT F1). 21 November 2011. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2011. Consultado o 21 November 2011. 
  2. "30+ Years of EFRA Race History" (PDF). EFRA. European Federation of Radio-Operated Model Automobiles. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de febreiro de 2012. Consultado o 17 August 2012. 
  3. "Palmarès championnat du monde TT 1/8e" (PDF). RCMag. PHP-Nuke Europe. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de xullo de 2011. Consultado o 17 August 2012. 
  4. "Verstappen – "I want to stay at Arrows"". GrandPrix.com (Inside F1, Inc.). 25 August 2000. Consultado o 10 March 2011. 
  5. "Television". Martin Sharp. Sheil Land Associates Ltd. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2013. Consultado o 10 March 2011. 
  6. "Lewis Hamilton joins Formula 1 World Champion Fernando Alonso at Vodafone McLaren Mercedes". mclaren.com. 2006-11-24. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2006. Consultado o 2006-11-24. 
  7. "Letter confirms drivers had new evidence". autosport.com. 2007-09-07. Consultado o 2007-09-07. 
  8. "De la Rosa elected GPDA chairman". autosport.com. 2008-03-14. Consultado o 2008-03-14. 
  9. Elizalde, Pablo (2010-01-19). "Ten facts about Pedro de la Rosa". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 2010-01-19. 
  10. Noble, Jonathan (2010-03-26). "Heidfeld appointed GPDA chairman". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 2010-03-26. 
  11. "Sauber confirm de la Rosa for 2010". Sporting Life (365 Media Group Ltd.). 2010-01-19. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o 2010-04-19. 
  12. "Hungarian GP – Sunday – Team Quotes". GrandPrix.com (Inside F1, Inc.). 1 August 2010. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2014. Consultado o 16 November 2010. 
  13. "Heidfeld replaces de la Rosa at Sauber". GPUpdate.net (GPUpdate.net). 2010-09-14. Consultado o 2010-09-14. 
  14. "De la Rosa takes Pirelli role". Sky Sports (British Sky Broadcasting). 28 September 2010. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 6 November 2010. 
  15. Benson, Andrew (10 June 2011). "Sergio Perez to miss rest of Canadian Grand Prix". BBC Sport (British Broadcasting Corporation). Consultado o 10 June 2011. 
  16. Elizalde, Pablo (9 March 2011). "De la Rosa returns to McLaren". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 9 March 2011. 
  17. "Narain Karthikeyan completes HRTs lineup for 2012". HRT F1 Team (HRT F1). 3 February 2012. Consultado o 3 February 2012. 
  18. "De la Rosa expects HRT improvement in Malaysia". ESPNF1.com (en inglés) (ESPN). 19 de marzo de 2012. Consultado o 6 de xullo de 2015. 
  19. "Bahrain Grand Prix". HRTF1Team.com (HRT F1). 22 April 2012. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2013. Consultado o 30 May 2012. 
  20. "De la Rosa: Maldonado error was a terrible shame". GPUpdate.net (GPUpdate.net). 28 May 2012. Consultado o 30 May 2012. 
  21. Noble, Jonathan; Elizalde, Pablo (16 January 2013). "Pedro de la Rosa gets Ferrari Formula 1 development role". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 16 January 2013. 
  22. "Alonso to miss first pre-season test". Formula1.com. Formula One Administration. 24 January 2013. Consultado o 24 January 2013. Massa will be behind the wheel for the first three days of the opening four-day session, with newly-signed test driver Pedro de la Rosa making his first appearance in red on the final day. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar