Gran Premio de España de 2023

O Gran Premio de España de 2023 (oficialmente o Formula 1 AWS Gran Premio de España 2023) é unha carreira de Fórmula 1 que se disputou o 4 de xuño de 2023 no Circuíto de Cataluña, Montmeló, España. Foi a sétima carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023 marca a cincuenta e tres proba do Gran Premio de España como un evento do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en 1950 e a trinta e tres vez que se celebrou unha rolda do Campionato do Mundo no circuíto de Barcelona-Cataluña.

España Gran Premio de España de 2023
Detalles da carreira[1]
Carreira 7 de 23 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023.
Trazado do circuíto de Cataluña.
Trazado do circuíto de Cataluña.
Data 4 de xuño de 2023
Nome oficial Gran Premio de España AWS 2023
Localización Circuíto de Barcelona-Cataluña
Montmeló, España
Percorrido Percorrido permanente de carreira
4´675 km
Distancia 66 voltas, 308´424 km
Clima22 °C e 36 °C no asfalto, humidade relativa 63 %. Vento a 1,6 m/s. Maiormente nubrado.
Pole position
Piloto Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT
Tempo 1'12"272
Volta rápida
Piloto Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT
Tempo 1:16.330 na volta 61
Podio
Primeiro Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT
Segundo Lewis Hamilton Mercedes
Terceiro George Russell Mercedes

Antecedentes editar

Seguindo o paquete de actualizacións do Mercedes W14 introducido na rolda anterior, o Gran Premio de Mónaco, para esta carreira presntáronse novas actualizacións que melloraron o fluxo de aire do coche. Ferrari revelou un paquete de actualizacións para o seu SF-23, cambiando dunha solución de torsión aerodinámica negativa a un estilo de fluxo descendente, semellante ao do Red Bull Racing RB19. Este recibiu unha pequena actualización no seu chan e difusor.[2]

Pneumáticos dispoñibles editar

Artigo principal: Pneumáticos de Fórmula 1.

O fornecedor de pneumáticos Pirelli levou os compostos de pneumáticos C1, C2 e C3 (designados como duro, medio e brando, respectivamente) para que os equipos os usaran na carreira.[3]

Pneus dispoñibles para Barcelona
Pneus para pista seca Pneus para chuvia
 
Duros
(Tipo C1)
 
sans_cadre
Medios
(Tipo C2)
 
Brandos
(Tipo C3)
     
Intermedios
    
      Chuvia

Cambios na pista editar

A partir desta edición, a Fórmula 1 utilizará o trazado empregado pola MotoGP desde o 2021, eliminando a chicana no último sector da volta que a Fórmula 1 utilizaba todos os anos desde que se introducira no 2007, e convertendo as curvas finais dos coches de Fórmula 1 a unha configuración moi rápida que a Fórmula Un utilizou por última vez no 2006.[4]

Cualificación editar

A cualificación celebrouse o 3 de xuño de 2023 ás 16:00 hora local (UTC+2).

Informe da cualificación editar

George Russell informou que empezaba a chover cando comezou o primeiro segmento, a primeira metade da sesión de Fórmula 2 ese día celebrouse baixo unha forte choiva. Valtteri Bottas saíuse da pista na curva 12, marcando a sesión con bandeira vermella debido á grava na pista, pero Bottas xa volvera á pista cando ondeouse a bandeira vermella. Fernando Alonso e Alexander Albon uníronse a Bottas na grava, na curva final e na curva 5, respectivamente. Mentres tanto, Nico Hülkenberg lideraba a sesión, pero o seu tempo por volta eliminouse pronto debido a unha infracción por saltarse os límites da pista. Charles Leclerc tivo unha mala sesión, marcando un mal tempo quedando 19º e eliminado na primeira quenda, a primeira vez desde o Gran Premio de Mónaco de 2019. Ao monegasco uníronse Bottas, Kevin Magnussen, Albon e Logan Sargeant. Mentres tanto, Carlos Sainz e Max Verstappen denunciaron a Pierre Gasly por obstaculizar, cunha investigación convocada despois da sesión.

A segunda quenda Sergio Pérez tamén saíuse da pista. Un incidente que involucrou a Lewis Hamilton e George Russell mostrouse nas repeticións, o primeiro sufriu importantes danos na parte dianteira. Russell quedou baixo investigación por obstaculizar, e uniuse a Pérez, Guanyu Zhou e os AlphaTauris de Nyck de Vries e Yuki Tsunoda como eliminados na Q2.

Hamilton montou un novo alerón dianteiro cando comezaba a terceira e última quenda, que tamén foi a primeira Q3 de Hülkenberg en España. Clasificouse sétimo con Hamilton quinto. Verstappen acadou a pole position, con Sainz detrás del. Lando Norris quedou terceiro mentres que Oscar Piastri ocupaba a décima e última posición na grella da Q3. Alonso fixo un tempo para ser noveno, superado por Lance Stroll en sexto lugar. Gasly estaba preparado para gozar dunha cuarta posición, ata que dúas sancións separadas de tres posicións o deixaron caer ao décimo posto,[5] co seu compañeiro de equipo Esteban Ocon en sétimo lugar.[6][7]

Clasificación da cualificación editar

Pos. Piloto Construtor Tempos de clasificación Grella
Q1 Q2 Q3
1 1   Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT 1:13.615 1:12.760 1:12.272 1
2 55   Carlos Sainz Ferrari 1:13.411 1:12.790 1:12.734 2
3 4   Lando Norris McLaren-Mercedes 1:13.295 1:12.776 1:12.792 3
4 10   Pierre Gasly Alpine-Renault 1:13.471 1:13.186 1:12.816 10[8]
5 44   Lewis Hamilton Mercedes 1:12.937 1:12.999 1:12.818 4
6 18   Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 1:13.766 1:13.082 1:12.994 5
7 31   Esteban Ocon Alpine-Renault 1:13.433 1:13.001 1:13.083 6
8 27   Nico Hülkenberg Haas-Ferrari 1:13.420 1:13.283 1:13.229 7
9 14   Fernando Alonso Aston Martin Aramco-Mercedes 1:13.747 1:13.098 1:13.507 8
10 81   Oscar Piastri McLaren-Mercedes 1:13.691 1:13.059 1:13.682 9
11 11   Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda RBPT 1:13.874 1:13.334 11
12 63   George Russell Mercedes 1:13.326 1:13.447 12
13 24   Guanyu Zhou Alfa Romeo-Ferrari 1:13.677 1:13.521 13
14 21   Nyck de Vries AlphaTauri-Honda RBPT 1:13.581 1:14.083 14
15 22   Yuki Tsunoda AlphaTauri-Honda RBPT 1:13.862 1:14.477 15
16 77   Valtteri Bottas Alfa Romeo-Ferrari 1:13.977 16
17 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:14.042 17
18 23   Alexander Albon Williams-Mercedes 1:14.063 18
19 16   Charles Leclerc Ferrari 1:14.079 PL[9]
20 2   Logan Sargeant Williams-Mercedes 1:14.699 PL[10]
107% tempo: 1:18.042
Fonte:[11][12]

Carreira editar

A carreira celebrouse o 4 de xuño de 2023, ás 15:00 hora local (UTC+2).[1]

Informe da carreira editar

O polaco Max Verstappen liderou de principio a fin. Lando Norris contactou con Lewis Hamilton ao entrar na primeira curva, danando o seu alerón dianteiro e obrigándoo a entrar no pit lane para cambialo, o que comprometeu moito a súa saída na segunda fila. O chan de Hamilton tamén resultou danado. Os comisarios avisaron ao compañeiro de equipo de Hamilton George Russell por gañar unha vantaxe na chicana inicial e saltar cinco coches, non foi necesaria ningunha investigación. Nunha parada temperá, Valtteri Bottas trocou os seus pneumáticos brandos por duros mentres Charles Leclerc, que partía desde o pit-lane, pasaba a Alexander Albon polo décimo sexto posto, Lance Stroll marchaba terceiro lugar ata que Hamilton o adiantou

Guanyu Zhou e Nico Hülkenberg cambiaron os seus pneus brandos por duros na volta 9 co piloto de Alfa superando ao Haas. Esteban Ocon pronto os seguiu aos boxes. Carlos Sainz entrou na volta 16 para poñer pneumáticos medios, o que provocou unha resposta confusa do piloto de Ferrari; mentres tanto Leclerc montaba brandos. Sergio Pérez pronto atopouse detrás de Fernando Alonso, co Aston pronto entrou a boxes a montar pneumáticos brandos. Norris pronto volveu a entrar en boxes, Hamilton seguiu con medios e reincorporouse detrás de Sainz. Cos pilotos facendo as súas paradas, Verstappen e Pérez lideraron en 1–2 para Red Bull con Sainz en terceiro lugar, ademais, Verstappen tiña unha diferenza tan grande que cambiou por duros na volta 26 e non perdeu a vantaxe co seu compañeiro de equipo. Con todo, Pérez baixaría ao noveno tras unha parada para montar pneumáticos duros, aínda que pronto pasou a Alonso coa axuda do DRS. Stroll decidiu montar os duros e reincorporouse na décimo terceira posición. Mentres tanto, Oscar Piastri entrou aos boxes xunto con Pierre Gasly.

Na volta 50, Sainz, Alonso, Russell, Hamilton e Pérez cambiaron os seus compostos mentres que Verstappen víu unha bandeira branca e negra debido a tres diferentes infraccións dos límites da pista. Ocon intentou defenderse de Alonso, que o seu antigo compañeiro puido adiantalo. Mentres tanto, Yuki Tsunoda recibiu unha penalización de cinco segundos debido ao que se considerou perigoso un movemento defensivo ante Zhou, que o deixou fóra dos puntos da 9º posición. Verstappen acadou a volta rápida e gañou a carreira por diante de Hamilton e Russell, o que supúsolle o seu terceiro Grand Slam na súa carreira.[13][14]

Clasificación da carreira editar

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1   Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT 66 1:27:57.940 1 26[15]
2 44   Lewis Hamilton Mercedes 66 +24.090 4 18
3 63   George Russell Mercedes 66 +32.389 12 15
4 11   Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda RBPT 66 +35.812 11 12
5 55   Carlos Sainz Ferrari 66 +45.698 2 10
6 18   Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 66 +1:03.320 5 8
7 14   Fernando Alonso Aston Martin Aramco-Mercedes 66 +1:04.127 8 6
8 31   Esteban Ocon Alpine-Renault 66 +1:09.242 6 4
9 24   Guanyu Zhou Alfa Romeo-Ferrari 66 +1:11.878 13 2
10 10   Pierre Gasly Alpine-Renault 66 +1:13.530 10 1
11 16   Charles Leclerc Ferrari 66 +1:14.419 PL
12 22   Yuki Tsunoda AlphaTauri-Honda RBPT 66 +1:15.416[16] 15
13 81   Oscar Piastri McLaren-Mercedes 65 +1 volta 9
14 21   Nyck de Vries AlphaTauri-Honda RBPT 65 +1 volta 14
15 27   Nico Hülkenberg Haas-Ferrari 65 +1 volta 7
16 23   Alexander Albon Williams-Mercedes 65 +1 volta 18
17 4   Lando Norris McLaren-Mercedes 65 +1 volta 3
18 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 65 +1 volta 17
19 77   Valtteri Bottas Alfa Romeo-Ferrari 65 +1 volta 16
20 2   Logan Sargeant Williams-Mercedes 65 +1 volta PL
Volta rápida:   Max Verstappen (Red Bull Racing-Honda RBPT) – 1:16.330 (volta 61)
Fonte:[12][17][18]

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "2023 Spanish Grand Prix". Formula 1. Consultado o 1 de xuño de 2023. 
  2. Noble, Jonathan (2 de xuño de 2023). "Mercedes adds to upgrade package as top F1 teams reveal changes". Autosport.com. Consultado o 2 de xuño de 2023. 
  3. "2023 Spanish Grand Prix – Preview". Pirelli.com. 30 de maio de 2023. Consultado o 1 de xuño de 2023. 
  4. Cooper, Adam. "Spanish GP drops final sector chicane for 2023 F1 race". www.motorsport.com. Motorsport Network. Consultado o 26 de febreiro de 2023. 
  5. Kew, Matt (4 de xuño de 2023). "Gasly handed two grid penalties for impeding in Barcelona F1 qualifying". Autosport.com. 
  6. Kalinauckas, Alex (4 de xuño de 2023). "F1 Spanish GP: Verstappen claims pole over Sainz, Leclerc falls in Q1". Autosport.com. 
  7. Bradley, Charles (4 de xuño de 2023). "F1 qualifying results: Max Verstappen takes Spanish GP pole". Autosport.com. 
  8. Pierre Gasly recibiu dúas penalizacións de tres posicións na grella por obstaculizar a Carlos Sainz e Max Verstappen na Q2
  9. Charles Leclerc clasificouse 19º, pero recibiu unha penalización de 15 postos na grella por superar a súa cota de elementos da unidade de potencia. Despois requiriuse que comezase a carreira desde o pit lane debido aos cambios realizados na configuración da suspensión no parque pechado.
  10. Logan Sargeant clasificouse 20º, pero tivo que comezar a carreira desde o pit lane debido aos cambios realizados na configuración da suspensión baixo parque pechado.
  11. "Formula 1 AWS Gran Premio de España 2023 – Qualifying". Formula 1. 3 de xuño de 2023. Consultado o 3 de xuño de 2023. 
  12. 12,0 12,1 "Formula 1 AWS Gran Premio de España 2023 – Starting Grid". Formula 1. 3 de xuño de 2023. Consultado o 3 de xuño de 2023. 
  13. Bradley, Charles (4 de xuño de 2023). "F1 results: Verstappen wins Spanish GP, Mercedes takes 2-3". Autosport. 
  14. Kalinauckas, Alex (4 de xuño de 2023). "F1 Spanish GP: Verstappen dominates ahead of Hamilton and Russell". Autosport. 
  15. Inclúe un punto para a volta rápida.
  16. Yuki Tsunoda terminou noveno, pero recibiu unha penalización de cinco segundos por forzar a Guanyu Zhou a saír da pista.
  17. "Formula 1 AWS Gran Premio de España 2023 – Race Result". Formula 1. 4 de xuño de 2023. Consultado o 4 de xuño de 2023. 
  18. "Formula 1 AWS Gran Premio de España 2023 – Fastest Laps". Formula 1. 4 de xuño de 2023. Consultado o 4 de xuño de 2023. 
  19. 19,0 19,1 "Spain 2023 – Championship". Stats F1. 4 de xuño de 2023. Consultado o 4 de xuño de 2023. 

Véxase tamén editar


Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 2023
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2022
Carreira seguinte:
Gran Premio do Canadá de 2023
Carreira anterior:
Gran Premio de España de 2022
Gran Premio de España Carreira seguinte:
Gran Premio de España de 2024