Gran Premio de Francia de 2019


O Gran Premio de Francia de 2019 (oficialmente Formula 1 Pirelli Grand Prix de France 2019 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada o 23 de xuño de 2019 no Circuíto Paul Ricard en Le Castellet, Francia. A carreira foi a oitava rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2019. Foi a octoxésima oitava vez que se disputou o Gran Premio de Francia e a 59ª vez desde que o evento incluíuse como unha rolda do Campionato Mundial de Fórmula Un desde o inicio da serie en 1950.[1]

Francia Gran Premio de Francia de 2019
Detalles da carreira
Carreira 8 de 21 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2019.
Trazado do Circuíto de Paul Ricard
Trazado do Circuíto de Paul Ricard
Data 23 de xuño de 2019
Nome oficial Formula 1 Pirelli Grand Prix de France 2019
Localización Circuíto Paul Ricard, Le Castellet, Provence-Alpes-Côte d'Azur, Francia
Percorrido Circuíto permanente
5´842 km. km
Distancia 53 voltas, 309´626 km
ClimaAsollado, 25 °C e 51 °C no asfalto, humidade do 41%. Vento a 2 m/s.
Pole position
Piloto Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:28.319
Volta rápida
Piloto Alemaña Sebastian Vettel Ferrari
Tempo 1:32.740 na volta 53
Podio
Primeiro Lewis Hamilton Mercedes
Segundo Finlandia Valtteri Bottas Mercedes
Terceiro Charles Leclerc Ferrari

Pneus dispoñibles editar

Pneus dispoñibles para Paul ricard
Pneus para pista seca Pneus para chuvia
 
Duros (Tipo C2)
 
sans_cadre
Medios (Tipo C3)
 
Brandos (Tipo C4)
     
Intermedios
    
      Chuvia

Informes editar

Antecedentes editar

Clasificación do campionato antes da carreira editar

No inicio da carreira Lewis Hamilton tiña 162 puntos e unha vantaxe de 29 puntos sobre o seu compañeiro de equipo Valtteri Bottas con Sebastian Vettel terceiro con 100 puntos seguido por Max Verstappen con 88 é o compañeiro de Vettel Charles Leclerc que se sitúa en quinto lugar con 72 puntos.

Na clasificación de construtores Mercedes lideraba sobre Ferrari con 295 puntos e tiña unha vantaxe de 123 puntos logo de gañar todas as carreiras anteriores da tempada ata o momento. Red Bull era terceiro con 124 puntos e McLaren cuarto con 30 puntos, só 2 puntos por diante de Renault que tiña 28 puntos.

Sancións editar

Daniil Kvyat e George Russell estiveron obrigados a comezar desde a parte traseira da grella, logo de cambiar as unidades de potencia.

Cambios no circuíto editar

Tras a carreira de 2018, os equipos e os pilotos expresaron a súa preocupación pola entrada ao pit lane que levaba aos coches a entrar no carril que ía directamente ao garaxe de Mercedes. En resposta, a FIA anunciou que a entrada dos pit lances sería trasladada a algún lugar entre as curvas 14 e 15 e tamén anunciou que a pista sería reasfaltada.

A natureza da pista, que utilizouse como circuíto de probas nos últimos anos, significa que ten unha gran cantidade de escapatorias para os pilotos se cometen un erro. Non obstante, hai bolardos e sinais colocados ao redor do circuíto para impedir que os pilotos aproveiten as zonas de escape, asegurando que perderán tempo e volveran ao circuíto con seguridade se o fan. Na curva 2, aparecen dous bolardos amarelos xunto con algunha sinal vermella e branca para indicar onde o piloto debe volver ao circuíto. As notas do evento sinalan: "Calquera piloto que non negocie a curva 2 usando a pista e que pase completamente á dereita do primeiro bolardo amarelo fluorescente no ápice da curva, debe manterse completamente á dereita do bolardo amarelo fluorescente e volver á pista conducindo a través dos dous conxuntos de bloques da escapatoria pasando á dereita do primeiro e á esquerda do segundo." Un sistema similar instalouse máis adiante no primeiro sector, nas curvas 3 ata a 5.

As regras non se aplicarán estritamente nás sesións de prácticas libres e cada caso será tratado e analizado de forma diferente segundo a circunstancia.[1]

Práctica libre editar

Lewis Hamilton fixo o mellor tempo na FP1 seguido de Valtteri Bottas. Os pilotos de Ferrari foron terceiro e cuarto, con Charles Leclerc por diante de Sebastian Vettel.

Na FP2 foi de novo Mercedes quen liderou con Bottas diante de Hamilton, Leclerc e Vettel. No inicio da sesión, Hamilton saíuse da pista e forzou a Max Verstappen a saír da pista cando volveu ao circuíto. Hamilton foi convocado máis tarde polos comisarios onde saíu sen penalización.

Cualificación editar

Clasificación na cualificación editar

Pos. Piloto Construtor Tempos de cualificación Grella final
Q1 Q2 Q3
1 44   Lewis Hamilton Mercedes 1:30.609 1:29.520 1:28.319 1
2 77   Valtteri Bottas Mercedes 1:30.550 1:29.437 1:28.605 2
3 16   Charles Leclerc Ferrari 1:30.647 1:29.699 1:28.965 3
4 33   Max Verstappen Red Bull Racing-Honda 1:31.327 1:30.099 1:29.409 4
5 4   Lando Norris McLaren-Renault 1:30.989 1:30.019 1:29.418 5
6 55   Carlos Sainz McLaren-Renault 1:31.073 1:30.319 1:29.522 6
7 5   Sebastian Vettel Ferrari 1:31.075 1:29.506 1:29.799 7
8 3   Daniel Ricciardo Renault 1:30.954 1:30.369 1:29.918 8
9 10   Pierre Gasly Red Bull Racing-Honda 1:31.152 1:30.421 1:30.184 9
10 99   Antonio Giovinazzi Alfa Romeo Racing-Ferrari 1:31.180 1:30.408 1:33.420 10
11 23   Alexander Albon Scuderia Toro Rosso-Honda 1:31.445 1:30.461 11
12 7   Kimi Räikkönen Alfa Romeo Racing-Ferrari 1:30.972 1:30.533 12
13 27   Nico Hülkenberg Renault 1:30.865 1:30.544 13
14 11   Sergio Pérez Racing Point-BWT Mercedes 1:30.964 1:30.738 14
15 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:31.166 1:31.440 15
16 26   Daniil Kvyat Scuderia Toro Rosso-Honda 1:31.564 19[2]
17 8   Romain Grosjean Haas-Ferrari 1:31.626 16
18 18   Lance Stroll Racing Point-BWT Mercedes 1:31.726 17
19 63   George Russell Williams-Mercedes 1:32.789 20[2]
20 88   Robert Kubica Williams-Mercedes 1:33.205 18
107% tempo: 1:36.888
fonte:[3]
Cualificación para a carreira
Cualificación final para a carreira

Carreira editar

Pos. Piloto Construtor voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 44   Lewis Hamilton Mercedes 53 1:24:31.198 1 25
2 77   Valtteri Bottas Mercedes 53 +18.056 2 18
3 16   Charles Leclerc Ferrari 53 +18.985 3 15
4 33   Max Verstappen Red Bull Racing-Honda 53 +34.905 4 12
5 5   Sebastian Vettel Ferrari 53 +1:02.796 7 11[4]
6 55   Carlos Sainz McLaren-Renault 53 +1:35.462 6 8
7 7   Kimi Räikkönen Alfa Romeo Racing-Ferrari 52 +1 volta 12 6
8 27   Nico Hülkenberg Renault 52 +1 volta 13 4
9 4   Lando Norris McLaren-Renault 52 +1 volta 5 2
10 10   Pierre Gasly Red Bull Racing-Honda 52 +1 volta 9 1
11 3   Daniel Ricciardo Renault 52 +1 volta[5] 8
12 11   Sergio Pérez Racing Point-BWT Mercedes 52 +1 volta 14
13 18   Lance Stroll Racing Point-BWT Mercedes 52 +1 volta 17
14 26   Daniil Kvyat Scuderia Toro Rosso-Honda 52 +1 volta 19
15 23   Alexander Albon Scuderia Toro Rosso-Honda 52 +1 volta 11
16 99   Antonio Giovinazzi Alfa Romeo Racing-Ferrari 52 +1 volta 10
17 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 52 +1 volta 15
18 88   Robert Kubica Williams-Mercedes 51 +2 voltas 18
19 63   George Russell Williams-Mercedes 51 +2 voltas 20
Ret 8   Romain Grosjean Haas-Ferrari 44 16
Volta rápida:   Sebastian Vettel (Ferrari) - 1:32.740 (volta 53)
Fonte:[6]
 
Resultados da carreira do GP de Francia de 2019.

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio do Canadá de 2019
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2019
Carreira seguinte:
Gran Premio de Austria de 2019
Carreira anterior:
Gran Premio de Francia de 2018
Gran Premio de Francia Carreira seguinte:
Gran Premio de Francia de 2020

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Grands Prix France". statsF1.com. Consultado o 2018-08-29. 
  2. 2,0 2,1 Daniil Kvyat e George Russell comezan desde a parte posterior da grella debido a varios cambios de elementos da unidade de potencia.
  3. "Formula 1 Pirelli Grand Prix de France 2019 – Qualifying". Formula One. 22 de xuño de 2019. Consultado o 22 de xuño de 2019. 
  4. Inclúe un punto pola volta rápida.
  5. Daniel Ricciardo terminou en sétimo lugar, pero recibiu dous penalizacións de 5 segundos, o primeiro por obter vantaxe saltando os límites da pista e o segundo por non volver a pista de forma segura.
  6. "Formula 1 Pirelli Grand Prix de France 2019 – Race Result". Formula One. 22 de xuño de 2019. Consultado o 22 de xuño de 2019.