Abrir o menú principal

Lausitzring

(Redirixido desde "EuroSpeedway Lausitz")
Lausitzring
Plano do Circuíto
EuroSpeedway Lausitz map.svg
Datos
Carreiras DTM, F3 Euroseries, A1 Grand Prix, WSBK
Localización Alemaña Klettwitz, Alemaña
Lonxitude 4´345 km
Curvas 14
Volta rápida (2004) 1:32.210
Piloto Record Finlandia Heikki Kovalainen
Escudería Record Pons Racing
Coordenadas
Vista do Circuíto
EuroSpeedway Lausitz Haupttribüne.jpg

O EuroSpeedway Lausitz ou Lausitzring é un autódromo localizado en Klettwitz, na provincia de Brandenburgo en Alemaña. O circuíto acolle diferentes campionatos internacionais como: o Campionato do mundo de Superbikes, o Campionato FIA GT, a MXGP ou as World Series by Renault. O circuíto tamén acolle competicións nacionais como o Deutsche Tourenwagen Masters.

Ademais dos trazados principais, o autódromo conta cun óvalo de 3.200 m construído para albergar a Champ Car os anos 2001 e 2003. Ao lado do triángulo, está situado un segundo óvalo de 11'3 quilómetros que conta con dúas grandes curvas de moito peralte ademais de varias chicanes e que se utiliza como pista de probas. Xa que o circuíto é practicamente plano, a xente das bancadas do perímetro do triángulo pode divisar case todo o trazado.

No primeiro ano producíronse tres graves accidentes e por iso o triángulo foi pechado. Michele Alberto faleceu ao empotrar o seu Audi R8 en abril do 2001. Un oficial de pista morreu atropelado por un turismo en maio do mesmo ano. En setembro, Alex Zanardi perdeu as súas pernas ao chocar co seu Champ Car. Dende aquel ano, as carreiras no triángulo non se volveron a celebrar e por iso non se deron accidentes de tal magnitude.

Véxase taménEditar