Abrir o menú principal

Gran Premio do Canadá de 2017


O Gran Premio do Canadá de 2017 (oficialmente o 2017 Formula 1 Grand Prix du Canada) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 11 de xuño de 2017 no Circuíto Gilles Villeneuve, Montreal, Canadá. A carreira foi a sétima rolda da tempada 2017, e o 54º Gran Premio do Canadá.

Flag of Canada.svg Gran Premio de Canadá de 2017
Detalles da carreira
Carreira 7 de 20 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2017.
Trazado do circuíto Gilles Villeneuve.
Trazado do circuíto Gilles Villeneuve.
Data 11 de xuño de 2017
Nome oficial Gran Premio do Canadá de Fórmula 1 de 2017
Localización Circuíto Gilles Villeneuve
Montreal, Canadá
Percorrido Circuíto urbano
4´361 km
Distancia 70 voltas, 305´27 km
ClimaSeco, nubrado, 28ºC e 41ºC no asfalto, humidade relativa do 25%. Vento 0´9 m/s.
Pole position
Piloto Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:11.459
Volta rápida
Piloto Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:14.551 na volta 64
Podio
Primeiro Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes
Segundo Finlandia Valtteri Bottas Mercedes
Terceiro Australia Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer

InformeEditar

AntecedentesEditar

Fernando Alonso volveu a competir con McLaren, logo de perderse a rolda anterior en Mónaco para participar nas 500 Millas de Indianápolis de 2017.

O fornecedor de pneumáticos Pirelli levou os pneumáticos brandos, superbrandos e ultrabrnados dispoñibles para os equipos da carreira.[1]

Práctica libreEditar

Lewis Hamilton no Mercedes foi o máis rápido na primeira práctica, fixando un tempo de 1.13:809. Foi seguido polo Ferrari de Sebastián Vettel e o seu compañeiro de equipo Valtteri Bottas en segundo e terceiro lugar.[2] O McLaren de Fernando Alonso continuou sufrindo problemas de confiabilidade volveu a romper e retirouse da sesión.[3] Na segunda práctica o Ferrari de Kimi Räikkönen foi o máis rápido seguido por Hamilton e Vettel. A terceira e última práctica do sábado foi coroada por Vettel, con Raikkonen segundo e Hamilton terceiro. Vettel estableceu o tempo máis rápido das tres prácticas con 1.12:572.[2]

ClasificaciónEditar

A Q1 terminou con Pascal Wehrlein estrelándo o seu Sauber na primeira curva logo de tocar o bordo da herba da pista. Os danos sufridos no accidente significaron comezar a carreira no carril de boxes.[4]

Na Q3 Lewis Hamilton asegurou a pole position con 1:11.459, 0´330 segundos máis rápido que o Ferrari de Vettel en segundo lugar. O terceiro lugar na grella foi a Valtteri Bottas con Raikkonen e Verstappen cuarto e quinto.[5]

CarreiraEditar

Ao principio, Max Verstappen avanzou tres posicións para dirixirse á segunda curva xusto detrás de Hamilton, que estaba no liderado. Terceiro e cuarto eran Bottas e Vettel, este último sufriríu un lixeiro dano no alerón dianteiro polo contacto con Verstappen na segunda volta. Daniel Ricciardo moveuse á quinta posición logo de pasar a Kimi Räikkönen na primeira volta. Räikkönen acabaría 7º tras caer detrás do Force India e loitar con problemas de freos nas últimas voltas da carreira. Tamén na primeira volta, ocorreu un incidente causando a retirada de Carlos Sainz e Felipe Massa. Saíu o coche de seguridade para permitir aos comisarios despexar a pista. Na reanudación a á danada de Vettel rompeu parcialmente ao acelerar de novo á velocidade de carreira. Entrou en boxes na volta 5 para reparar o dano e caeu á 18º posición (última). Na volta 11, o Red Bull de Verstappen perdeu potencia eléctrica etivo que retirarse cando ía na segunda posición. A medida que a carreira continuaba, o canadense Lance Stroll traballou para conseguir chegar á novena posición, o que sería os seus primeiros puntos na F1. Na volta 66 o McLaren de Fernando Alonso sufriu un fallo de motor que lle impediu anotar os primeiros puntos do seu equipo na tempada. Hamilton terminou a carreira 20 segundos por diante do seu compañeiro Bottas con Ricciardo en terceiro lugar. Sebastian Vettel superou a Sergio Pérez na penúltima volta para terminar na cuarta posición detrás de Ricciardo. Anteriormente Pérez ignorara as peticións do seu equipo para permitir que o seu compañeiro de equipo máis rápido (Esteban Ocon) pasase para desafiar a Ricciardo para o último lugar do podium.[6]

ClasificaciónEditar

CualificaciónEditar

Pos. Piloto Construtor Tempos cualificación Grella
final
Q1 Q2 Q3
1 44   Lewis Hamilton Mercedes 1:12.692 1:12.496 1:11.459 1
2 5   Sebastian Vettel Ferrari 1:13.046 1:12.749 1:11.789 2
3 77   Valtteri Bottas Mercedes 1:12.685 1:12.563 1:12.177 3
4 7   Kimi Räikkönen Ferrari 1:13.548 1:12.580 1:12.252 4
5 33   Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 1:13.177 1:12.751 1:12.403 5
6 3   Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 1:13.543 1:12.810 1:12.557 6
7 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 1:13.435 1:13.012 1:12.858 7
8 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:13.470 1:13.262 1:13.018 8
9 31   Esteban Ocon Force India-Mercedes 1:13.520 1:13.320 1:13.135 9
10 27   Nico Hülkenberg Renault 1:13.804 1:13.406 1:13.271 10
11 26   Daniil Kvyat Toro Rosso 1:13.802 1:13.690 11
12 14   Fernando Alonso McLaren-Honda 1:13.669 1:13.693 12
13 55   Carlos Sainz Toro Rosso 1:14.051 1:13.756 13
14 8   Romain Grosjean Haas-Ferrari 1:13.780 1:13.839 14
15 30   Jolyon Palmer Renault 1:13.990 1:14.293 15
16 2   Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 1:14.182 16
17 18   Lance Stroll Williams-Mercedes 1:14.209 17
18 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:14.318 18
19 9   Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:14.495 19
20 94   Pascal Wehrlein Sauber-Ferrari 1:14.810 PL[7]
107% tempo límite: 1:17.772
Fonte:[8]

 

CarreiraEditar

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 44   Lewis Hamilton Mercedes 70 1:33:05.154 1 25
2 77   Valtteri Bottas Mercedes 70 +19.783 3 18
3 3   Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 70 +35.297 6 15
4 5   Sebastian Vettel Ferrari 70 +35.907 2 12
5 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 70 +40.476 8 10
6 31   Esteban Ocon Force India-Mercedes 70 +40.716 9 8
7 7   Kimi Räikkönen Ferrari 70 +58.632 4 6
8 27   Nico Hülkenberg Renault 70 +1:00.374 10 4
9 18   Lance Stroll Williams-Mercedes 69 +1 volta 17 2
10 8   Romain Grosjean Haas-Ferrari 69 +1 volta 14 1
11 30   Jolyon Palmer Renault 69 +1 volta 15
12 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 69 +1 volta 18
13 9   Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 69 +1 volta 19
14 2   Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 69 +1 voltas 16
15 94   Pascal Wehrlein Sauber-Ferrari 68 +2 voltas PL
16[9] 14   Fernando Alonso McLaren-Honda 66 Unidade de potencia 12
Ret 26   Daniil Kvyat Toro Rosso 54 Unidade de potencia 11
Ret 33   Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 10 Eléctrico 5
Ret 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 0 Colisión 7
Ret 55   Carlos Sainz Toro Rosso 0 Colisión 13
Fonte:

Posicións logo da carreiraEditar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

NotasEditar

  1. "Ultrasoft tyres the preferred choice for Canada". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 30 de maio de 2017. Consultado o 9 de xuño de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "Practice - Results - Canadian Grand Prix - 2017 - Formula 1". BBC Sport. Consultado o 10 de xuño de 2017. 
  3. "Lewis Hamilton top in Canadian Grand Prix first practice". BBC Sport (en inglés). 9 de xuño de 2017. Consultado o 10 de xuño de 2017. 
  4. "Canadian Grand Prix: Lewis Hamilton equals Ayrton Senna pole record". BBC Sport (en inglés). 2017-06-10. Consultado o 2017-06-13. 
  5. "Qualifying - Results - Canadian Grand Prix - 2017 - Formula 1". BBC Sport. Consultado o 2017-06-13. 
  6. "Lewis Hamilton wins in Canada for sixth time". BBC Sport (en inglés). 2017-06-11. Consultado o 2017-06-13. 
  7. Pascal Wehrlein penalizou cinco posicións na grella por un cambio non programado da caixa de cambios e tivo que sair do pit lane para cambiar a unha nova especificación da montaxe do á posterior.
  8. "Formula 1 Grand Prix du Canada 2017 – Qualifying". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 11 June 2017. Consultado o 11 June 2017. 
  9. † Pilotos que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 2017
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2017
Carreira seguinte:
Gran Premio de Acerbaixán de 2017
Carreira anterior:
Gran Premio do Canadá de 2016
Gran Premio do Canadá Carreira seguinte:
Gran Premio do Canadá de 2018