Rio Haryanto
Rio Haryanto alcumado "Hary" (nado o 22 de xaneiro de 1993) é un piloto de Fórmula Un indonesio de Manor. Converteuse no primeiro piloto de F1 de Indonesia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xaneiro de 1993 (31 anos) Surakarta, Indonesia |
Relixión | Islam |
Altura | 1,7 m |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo, socialité, piloto de Fórmula Un |
Deporte | Fórmula 1 (2016–2016) GP2 (2012–2015) Auto GP (pt) (2011–2011) GP3 Series (pt) (2010–2011) Fórmula BMW (pt) (2009–2009) Australian Drivers' Championship (en) (2009–2009) Fórmula BMW (pt) (2008–2008) Fórmula Renault (pt) (2008–2008) Asian Formula Renault Challenge (en) (2008–2009) |
Sitio web | rioharyanto.com |
Haryanto gañou a Fórmula BMW Pacific en 2009 e completou 4 tempadas na GP2 gañando tres carreiras en 2015. Haryanto está patrocinado pola marca de aceite Indonesia Pertaminia o que o axudou a conseguir un asento en Manor Racing en 2016.
Carreira
editarAsian series
editarHaryanto comezou a súa andaina nas carreiras de coches no seu continente natal, competindo en tres series asiáticas durante o ano 2008: Asian Formula Renault Challenge, Formula Asia 2.0, e Formula BMW Pacific. Foi o máis competitivo na serie FAsia 2.0, gañando dúas carreiras para terminar terceiro no campionato detrás dos pilotos europeos expatriados Félix Rosenqvist e Matthias Beche. En 2009 volveu a competir en varias series, incluíndo o Australian Drivers' Championship e a Asian Formula Renault Challenge unha vez máis. O seu obxectivo principal deste ano, con todo, foi o campionato Formula BMW Pacific, que dominou con 11 vitorias das 15 carreiras (aínda que cinco destas carreiras foron gañadas por pilotos invitados que non participaban no campionato), pilotando para o equipo de Malaisia Meritus. Isto incluíu unhas carreira perfectas con catro vitorias absolutas, Pole Positions e voltas rápidas nas catro carreiras consecutivas celebradas no circuíto de casa en Sentul. Tamén competiu nunha rolda do equivalente European FBMW series, como piloto invitado nesta ocasión.
GP3 Series
editarHary achegouse á máis competitiva escena das carreiras de tempo completo Europeo de 2010 ao unirse ao equipo Manor Racing de Fórmula 1 nas GP3 Serie. Os seus tres compañeiros de equipo durante a tempada foron James Jakes, Adrien Tambay e Adrian Quaife-Hobbs. Nunha impresionante primeira tempada neste nivel, gañou unha carreira en Istanbul Park e logrou dous podios para terminar no quinto lugar no campionato de pilotos, liderando aos pilotos de Manor. A súa forma foi "unha das sorpresas da tempada", de acordo coa revista Autosport.[1] Quedou co equipo en 2011, agora chamado Marussia Manor Racing, xunto Quaife-Hobbs e Matias Laine. Malia lograr dúas vitorias en Nürburgring e en Hungaroring, a súa inconsistencia, incluíndo unha racha de sete carreiras sen sumar puntos no inicio do ano, viuno baixar ao sétimo lugar no campionato, detrás de Quaife-Hobbs. Ambas vitorias foron en condicións de choiva, dándolle unha reputación como especialista en pistas molladas.[2][3][4]
Auto GP
editarAdemais das súas carreiras de GP3, Hary tamén pilotou para o equipo DAMS nas Auto GP series, competindo en todas menos unha proba do campionato, xa que coincidía co calendario da GP3. Logrou unha vitoria no Circuíto Ricardo Tormo en Valencia e terminou sétimo na clasificación de pilotos. Os esforzos de Hary, Afanasiev, Tambay, e o substituto de Hary, Kevin Korjus, foron suficientes para que o equipo DAMS gañara o campionato de equipos.
GP2 Series
editarHaryanto fixo o seu debut na GP2 Series con DAMS nunha carreira fóra de campionato no final de tempada en Yas Marina en 2011. Participou a tempo completo en 2012 con Carlin apoiado polo equipo Marussia, con Max Chilton como compañeiro. É o primeiro indonesio en competir a este nivel do automobilismo desde Ananda Mikola, que competiu na Fórmula 3000 Internacional durante o 2000 e 2001. Na súa primeira tempada da GP2, Hary logrou unha soa volta rápida, unha única pole position en condicións de humidade en Spa, o que confirma a súa reputación como especialista en mollado e un mellor final de carreira en quinto lugar na carreira principal en Valencia, asegurando o 14º posto no campionato ao final da tempada. Correu na GP2 Series de 2013 para o Barwa Addax Team. Xunto ao seu compañeiro de equipo Jake Rosenzweig.[5] O 30 de xuño de 2013, logrou o seu primeiro podio nas GP2 Series en Silverstone e ao mesmo tempo, o primeiro podio para o Barwa Addax Team na GP2 de 2013.[6]
Para as GP2 Series de 2014 trasladouse a EQ8 Caterham Racing, como compañeiro de Alexander Rossi.[7] O 24 de maio de 2014, logrou o seu segundo podio nas GP2 Series en Mónaco e, ao mesmo tempo, o primeiro podio da tempada 2014 das GP2 Series. Haryanto cambiou a Campos para a tempada 2015 da GP2 Series[8] Logo de tomar o segundo lugar na carreira principal en Bahrain, Hary logrou a súa primeira vitoria na GP2 na carreira ao sprint do día seguinte[9] logrou a súa segunda vitoria na carreira de velocidade no Red Bull Ring malia ter un alerón dianteiro danado.[10] Haryanto terminou a tempada 2015 de GP2 Series no cuarto lugar con 138 puntos.[11]
Fórmula Un
editarHaryanto relacionouse co equipo Virgin Racing / Marussia F1 / Manor Racing desde a súa primeira tempada na GP3 con Manor en 2010, xa que pilotou para os equipos xuvenís co seu apoio desde entón. No outono dese ano, gañou o dereito a probar con Virgin ao final da tempada 2010 de Fórmula Un, debido á súa posición final como o piloto Manor de máis alto rango na clasificación final da GP3[12] probou para Virgin en Abu Zabi o 16 de novembro. Sufriu problemas co cambio, rexistrou o tempo máis lento dos trece corredores na sesión da mañá.[13][14] Non recibiu o premio do test en 2011 debido a que o seu compañeiro de equipo Adrian Quaife-Hobbs gañoulle na táboa de posicións nesta ocasión.
Haryanto foi en 2012 o compañeiro de Max Chilton nas GP2 Series pilotando para Marussia nas primeiras probas de novos pilotos da tempada 2012 de Fórmula 1, que tivo lugar durante a tempada en Silverstone.[15] Correron durante dous días, Haryanto completou trescentos quilómetros de probas, cumprindo unha das condicións para ter dereito a unha super licenza e converténdose no primeiro piloto de Indonesia cualificado para competir na Fórmula 1.[16]
Manor Racing (2016-presente)
editarO 18 de febreiro de 2016 Haryanto foi confirmado como piloto de Manor Racing F1 Team para a tempada 2016.[Cómpre referencia] Fixo o seu debut no Gran Premio de Australia de 2016 o venres, 18 de marzo de 2016.[17] Terminou a primeira e segunda sesión de adestramentos libres no 19º e o 14º lugar, respectivamente.[18][19] Hary terminou a terceira práctica libre na 22ª posición.[20] Estivo implicado nun incidente que se produciu apenas uns segundos despois do comezo da terceira sesión de adestramentos, cando Hary e Romain Grosjean colisionaron no pit lane.[21] Hary recibiu posteriormente unha penalización de tres posicións polo incidente, así como dous puntos de penalización na súa licenza.[22] Hary retirouse da súa carreira de debut debido a un problema na articulación de accionamento na volta 18.[23]
O 10 de agosto de 2016, Manor confirmou que degradaran a Hary a piloto reserva, e anunciaron a Esteban Ocon como o seu substituto.[24]
Rexistro de carreiras
editarResumo da súa carreira
editarTempada | Series | Equipo | Carreiras | Gañados | Poles | V/rápidas | Podios | Puntos | Posición |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2008 | Asian Formula Renault Challenge | Asia Racing Team | 10 | 2 | 1 | 2 | 3 | 160 | 6º |
Formula Asia 2.0 | 13 | 1 | 1 | 2 | 7 | 121 | 3º | ||
Formula BMW Pacific | Pacific Racing | 5 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0† | NC† | |
2009 | Australian Drivers' Championship – National A | PHR Scuderia | 2 | 0 | 1 | 1 | 0 | 29 | 11º |
Australian Drivers' Championship – Gold Star | Astuti Motorsport | 2 | 0 | 0 | 0 | 0 | 18 | 8th | |
Asian Formula Renault Challenge | Asia Racing Team | 2 | 0 | 0 | 0 | 2 | 48 | 11º | |
Formula BMW Europe | Scuderia Coloni | 2 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0† | NC† | |
Formula BMW Pacific | Questnet Team Qi-Meritus | 15 | 11 | 7 | 9 | 12 | 250 | 1º | |
2010 | GP3 Series | Manor Racing | 16 | 1 | 0 | 0 | 3 | 27 | 5º |
Fórmula 1 | Marussia Virgin Racing | Piloto de probas | |||||||
2011 | GP3 Series | Marussia Manor Racing | 16 | 2 | 0 | 1 | 4 | 31 | 7º |
Auto GP | DAMS | 14 | 1 | 1 | 2 | 3 | 82 | 7º | |
GP2 Final | 2 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 17º | ||
2012 | GP2 Series | Carlin | 24 | 0 | 1 | 1 | 0 | 38 | 14º |
2013 | GP2 Series | Barwa Addax Team | 22 | 0 | 0 | 0 | 1 | 22 | 19º |
2014 | GP2 Series | EQ8 Caterham Racing | 22 | 0 | 0 | 0 | 1 | 28 | 15º |
2015 | GP2 Series | Campos Racing | 22 | 3 | 0 | 1 | 5 | 138 | 4º |
2016 | Fórmula 1 | Manor Racing | 12 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 24º |
* Tempada en curso.
† como Haryanto era un piloto invitado, non podía puntuar.
Resultados completos nas GP3 Series
editar(key) (Carreiras en negra indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2010 | Manor Racing | ESP FEA 20 |
ESP SPR 25 |
TUR FEA 8 |
TUR SPR 1 |
VAL FEA 6 |
VAL SPR 4 |
GBR FEA 2 |
GBR SPR Ret |
GER FEA Ret |
GER SPR Ret |
HUN FEA 20 |
HUN SPR 11 |
BEL FEA 18 |
BEL SPR 18 |
ITA FEA 3 |
ITA SPR 23 |
5º | 27 |
2011 | Marussia Manor Racing | TUR FEA 26 |
TUR SPR 10 |
ESP FEA 20 |
ESP SPR 11 |
VAL FEA 19 |
VAL SPR 22† |
GBR FEA 10 |
GBR SPR 4 |
GER FEA 1 |
GER SPR 10 |
HUN FEA 9 |
HUN SPR 1 |
BEL FEA 12 |
BEL SPR 9 |
ITA FEA 3 |
ITA SPR 2 |
7º | 31 |
Resultados completos de Auto GP
editar(key) (Carreiras en negra indican pole position) (carreiras en italica indican volta rápida)
Anor | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | Pos | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2011 | DAMS | MNZ 1 Ret |
MNZ 2 11 |
HUN 1 10 |
HUN 2 5 |
BRN 1 6 |
BRN 2 2 |
DON 1 11 |
DON 2 11 |
OSC 1 |
OSC 2 |
VAL 1 5 |
VAL 2 1 |
MUG 1 5 |
MUG 2 2 |
7º | 82 |
Resultados completos na GP2 Series
editar(key) (Carreiras en negra indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida)
† Pilotos que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
Resultados completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2016 | Manor | Manor MRT05 | Mercedes PU106B Hybrid 1.6 V6 t | AUS Ret |
BHR 17 |
CHN 21 |
RUS Ret |
ESP 17 |
MON 15 |
CAN 19 |
MAL 18 |
AUT 16 |
RU Ret |
HUN 21 |
ALE 20 |
BEL |
ITA |
SIN |
MAL |
XPN |
USA |
MEX |
BRA |
ABU |
24º | 0 |
Notas
editar- ↑ Glendenning, Mark (30 setembro 2010). "The top 10 GP3 drivers of 2010". autosport.com (Haymarket Publications). Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2016. Consultado o 27 marzo 2012.
- ↑ Freeman, Glenn (23 xullo 2011). "Rio Haryanto wins rain-hit GP3 thriller at the Nurburgring". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 27 marzo 2012.
- ↑ Freeman, Glenn (31 xullo 2011). "Rio Haryanto takes last-gasp GP3 win at wet Hungaroring". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 27 marzo 2012.
- ↑ Freeman, Glenn (15 decembro 2011). "The 2011 GP3 Series review". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 27 marzo 2012.
- ↑ "Rio Haryanto joins Barwa Addax for 2013 season". GP2 Series (GP2 Motorsport Limited). 18 December 2012. Consultado o 28 de febreiro de 2013.
- ↑ "LANCASTER SECOND HOME VICTOR IN SILVERSTONE". gp2series.com. Consultado o 30 de xuño de 2013.
- ↑ Beer, Matt (21 xaneiro 2014). "Rio Haryanto joins Alexander Rossi at Caterham for 2014 GP2 season". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 21 xaneiro 2014.
- ↑ "Rio Haryanto completes 2015 Campos GP2 line-up". Consultado o 10 febreiro 2015.
- ↑ "Bahrain GP2: Rio Haryanto claims maiden victory for Campos". Consultado o 19 de abril de 2015.
- ↑ "GP2: Implacable Haryanto denies Vandoorne his Austria sweep". Consultado o 22 de xuño de 2015.
- ↑ "GP2 RACE CANCELLED AFTER CRASH ON OPENING LAP". Consultado o 4 de decembro de 2015.
- ↑ "Virgin test for Indonesian GP3 driver.".
- ↑ "Ricciardo leads first rookie session". Autosport. 16 de novembro de 2010.
- ↑ "Rio Haryanto and Jerome D'Ambrosio drives in Abu Dhabi". virginracing.com. 16 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2010. Consultado o 18 de febreiro de 2016.
- ↑ Noble, Jonathan (10 de xullo de 2012). "Marussia confirms Max Chilton and Rio Haryanto for young driver test at Silverstone". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 10 de xullo de 2012.
- ↑ Mallett, Tom (13 xullo 2012). "Bottas keeps Williams on top as young driver test switches to Silverstone International circuit". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 13 xullo 2012.
Haryanto had been aiming to complete 300km over the two-day test in order to get his Formula 1 super licence and the team confirmed that he had achieved the required number of laps.
- ↑ "Rio Haryanto Living the Dream as Indonesia's First Formula One Driver". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2016. Consultado o 18 de marzo de 2016.
- ↑ "FP1: Hamilton Tercepat, Rio Haryanto ke-19" (en Indonesian). Consultado o 18 de marzo de 2016.
- ↑ "FP2: Hamilton Masih Tercepat, Rio Haryanto ke-14" (en Indonesian). Consultado o 18 de marzo de 2016.
- ↑ "Australian GP P3: Lewis Hamilton edges out Rosberg and Vettel". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2016. Consultado o 19 de marzo de 2016.
- ↑ Galloway, James (19 de marzo de 2016). "Australian GP P3: Lewis Hamilton edges out Rosberg and Vettel". Sky Sports. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2016. Consultado o 19 de marzo de 2016.
- ↑ Collantine, Keith (19 de marzo de 2016). "Haryanto given grid penalty for first race". F1Fanatic. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2016. Consultado o 19 de marzo de 2016.
- ↑ "Rio Haryanto tersingkir dari balapan di Melbourne" (en Indonesian). Consultado o 20 de marzo de 2016.
- ↑ "Manor F1 team replaces Rio Haryanto with Esteban Ocon". Autosport. Consultado o 10 August 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rio Haryanto |