Circuíto urbano de Singapur

(Redirección desde «Circuíto urbano de Marina Bay»)
Circuíto urbano de Singapur
Plano do Circuíto
Marina bay circuit.svg
Datos
Inauguración 31 de agosto de 2008
Outros nomes Circuíto de Marina Bay
Carreiras FIA Fórmula 1
Localización Flag of Singapore.svg Singapur
Capacidade 90.000 espectadores
Lonxitude 5´065 km.
Curvas 23
Volta rápida (2016) 1:47.187
Piloto récord Australia Daniel Ricciardo
Escudería récord Red Bull
Coordenadas 1°17′29.05″N 103°51′50.93″L / 1.2914028, -103.8641472
Vista do Circuíto
Marina Bay Street Circuit, May 8, 2018 SkySat (cropped).jpg

O Marina Bay Street Circuit ou circuíto urbano de Singapur é un circuíto de carreiras urbano que hospeda o Gran Premio de Singapur de Fórmula 1 a partir da tempada 2008, entrando así á lista de Grandes Premios de Fórmula 1. O Gran Premio celebrase no trazado urbano da cidade-estado de Singapur, transcorrendo a través das rúas desta. As obras para a construción do trazado comezaron en setembro de 2007.

CircuítoEditar

 
A chicane sling foi eliminada antes da carreira de 2013

Do mesmo xeito que os circuítos de Mónaco e Valencia, a cidade e as súas rúas serán o escenario do Gran Premio.

O trazado mide 5,2 quilómetros, e ten 23 curvas, sendo a carreira no sentido contrario ás agullas do reloxo. Pódense alcanzar altas velocidades no circuíto, en rectas como a de Esplanade Drive ou Raffles Boulevard. A pista pasa por baixo dunha das bancadas do circuíto, creando así un túnel como Mónaco. Neste ciruito córrense un total de 61 voltas, a marca de volta é de 1:45.976 por parte do finlandés Kimi Räikkönen co equipo Ferrari no ano 2008.[1]

En 2013 produciuse un cambio no circuíto desaparecendo as chicanes "Singapore Sling" (Curvas 10, 10a, 10b)e converteuse nunha única curva cara á esquerda de media-alta velocidade que desemboca nas curvas 11 e 12. Este cambio produciuse polas queixas dos equipos que decian que era unha zona perigosa e por ese motivo suprimiuse.[2]

 
Vista

CaracterísticasEditar

  • Capacidade espectadores: 90.000
  • Lonxitude do circuíto: 5´065 quilómetros.
  • Distancia da carreira de Fórmula 1: 61 voltas = 308´082 quilómetros. 23 curvas en total. (10 dereitas, 13 esquerda)
  • Configuración aerodinámica: alta. Velocidade máxima estimada 305 km/h con DRS, 290 km/h sen DRS
  • Aceleración a fondo: 45% do tempo de volta.
  • Tempo de freado: 21% do tempo da volta.
  • Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
  • Consumo de combustible: kg por volta.
  • Cambio de marchas por volta:
  • Número de zonas de freado:
  • Desgaste dos freos: moi alto
  • Desgaste dos pneumáticos: medio
  • Distancia dos Boxes:
  • Perda de tempo nunha parada en boxes:
  • Tempo total necesario para a parada en boxes: 29 segundos
  • Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´37 segundos.
  • Marca volta: Sebastian Vettel Red Bull, 1.48.574 en 2013

InstalaciónsEditar

O circuíto conta cunha capacidade para máis de 80.000 espectadores, e en canto á parte técnica conta cunha zona de boxes permanente con instalacións de luxo, o paddock que está situada xunto ao complexo de Singapore Flyer.[3]

PolémicaEditar

Tras o anuncio de que Singapur hospedaría o primeiro Gran Premio nocturno na historia da Fórmula 1, iniciouse unha polémica debido ao potencial risco para os pilotos que podería supor a realización dunha carreira nocturna. Con todo, a FIA decidiu que o evento manteríase tras realizar dúas probas de iluminación cuxos resultados foron positivos.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de SingapurEditar

Ano Piloto Construtor Motor Pneus. Tempo Lonxitude Voltas Ø-Tempo Data GP de
1 2008  |Fernando Alonso Renault Renault B 1:57:16,304 h 5,067 km 61 158,139 km/h 28. setembro   Singapur
2 2009   Lewis Hamilton McLaren Mercedes B 1:56:06,337 h 5,067 km 61 159,656 km/h 27. setembro
3 2010   Fernando Alonso Ferrari Ferrari B 1:57:53,579 h 5,067 km 61 157,422 km/h 26. Setembro
4 2011   Sebastian Vettel Red Bull Renault P 1:59:06,757 h 5,073 km 61 155,810 km/h 25. setembro
5 2012   Sebastian Vettel Red Bull Renault P 2:00:26,144 h 5,073 km 591 149,044 km/h 23. setembro
6 2013   Sebastian Vettel Red Bull Renault P 1:59:13,132 h 5,065 km 61 155,426 km/h 22. setembro
7 2014   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 2:00:04,795 h 5,065 km 601 151,780 km/h 21. setembro
8 2015   Sebastian Vettel Ferrari Ferrari P 2:01:22,118 h 5,065 km 61 152,673 km/h 20. setembro
9 2016   Nico Rosberg Mercedes Mercedes P 1:55:48,950 h 5,065 km 61 159,993 km/h 18. setembro
10 2017   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 2:03:23,543 h 5,065 km 581 142,780 km/h 17. setembro
11 2018   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:51:11,611 h 5,063 km 61 166,578 km/h 16. setembro
12 2019   Sebastian Vettel Ferrari Ferrari P 1:58:33,667 h 5,063 km 61 156,226 km/h 22. setembro
- 2020 Cancelados pola Pandemia de COVID-19
- 2021
13 2022   Sergio Pérez Red Bull RBPT P 2:02:20.238 h 5,063 km 591 km/h 2. outubro

1 A carreira prevista de 61 voltas cancelouse anticipadamente debido ao tempo máximo de condución de dúas horas estipulado no regulamento.

GaleríaEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar