Gran Premio de Austria de 2017
O Gran Premio de Austria de 2017 (oficialmente Fórmula 1 Grosser Preis von Österreich 2017) foi unha carreira do Campionato do Mundo Fórmula 1 celebrada no Red Bull Ring en Spielberg, Austria, o 9 de xullo de 2017. Foi a 9ª carreira da tempada de Fórmula Un de 2017, e o 31º Gran Premio de Austria.
Nome oficial | Formula 1 Großer Preis von Österreich 2017 |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Austria |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2017 |
Distancia do evento | 71 |
Localización e Datas | |
Localización | A1-Ring (Spielberg) 47°13′11″N 14°45′53″L / 47.219722222222, 14.764722222222 |
Lonxitude | 4,318 km |
País | Austria |
Intervalo de tempo | 7 de xullo de 2017 – 9 de xullo de 2017 |
Data | 9 de xullo de 2017 |
Competición | |
Primeiro posto | Valtteri Bottas |
Pole position | Valtteri Bottas (01:04,251) |
Volta máis rápida | Lewis Hamilton (01:07,411) |
O piloto de Ferrari Sebastian Vettel camezou a rolda como o líder do campionato, cunha vantaxe de catorce puntos sobre Lewis Hamilton. Mercedes lidera sobre Ferrari por vinte e catro puntos na clasificación de construtores no inicio da rolda.
Informe
editarCualificación
editar- Q1
Os coches vermellos de Ferrari saíron dos boxes cando apareceu a bandeira verde. Os Haas tamén saíron pronto no inicio da sesión e, a pesar do bo desempeño do equipo americano na pista austríaca, Grosjean acabou na trampa de grava, sen maiores consecuencias para o francés, que conseguiu retornar ao trazado sen auxilio dos comisarios de pista. O piloto de Haas, Magnussen foi vítima dos altos bordos do Circuíto de Spielberg, que danaron a súa suspensión, obrigando ao piloto a entrar en boxes coa suspensión da roda dianteira dereita rota. Hamilton fixo o mellor tempo da Q1 e tamén da historia do Circuíto de Spielberg (non oficial), con 1:05.064, con Vettel a 0.521 atrás do seu rival.
Eliminados: Jolyon Palmer (Renault), Felipe Massa (Williams), Lance Stroll (Williams), Marcus Ericsson (Sauber) e Pascal Wehrlein (Sauber).
- Q2
Nesta qenda Mercedes non perdeu tempo e saco aos seus dous pilotos á pista tan pronto como o cronómetro comezou a contar. cos superbrandos, o británico plverizo a marca do circuíto, con 1:04.800. Mais o seu compañeiro Bottas non deixoullo doado e rexistrou un tempo 1m04s640, dominando todos os sectores da pista austríaca. A marca oficial do trazado é de 1m08s337, anotada por Michael Schumacher en 2003. No volta final, Vettel anotou 1:04.772 e se qedou entre os compañeiros de Mercedes, no segundo lugar.
Eliminados: Nico Hülkenberg (Renault na Fórmula 1), Fernando Alonso (McLaren), Stoffel Vandoorne (McLaren), Daniil Kvyat (Toro Rosso) e Kevin Magnussen (Haas).
- Q3
A Q3 comezou chea de expectativas, Mercedes calzou os ultrabrandos e liberaron a besta que hai dentro do motor alemán. Tamén polo feito de que Lewis Hamilton precisaba o mellor tempo para minimizar a sanción de cinco posicións na grella. E na primeira tentativa de volta rápida na Q3, a historia foi parecida coa da Q2: Hamilton fixo 1:04.424, mais Bottas voou e deixou ao seu compañeiro no segundo lugar ao anotar 1:04.251. Sebastian Vettel inmisciuse entre os dous novamente con 1:04.293. Hamilton tentou mellorar súa marca, mais acabou fallando. Na segunda volta, un Haas parouse no medio da pista provocou a bandeira amarela e frustrou as oportunidades do británico de diminuír os danos causados pola sanción, xa que coa bandeira amarela, o piloto da Mercedes non tivo máis oportunidades. Así, Bottas desbancou aos favoritos e garantiu a pole para o GP de Austria, a segunda da súa carreira. No final, lembrando un pouco un dos adestramentos libres do Acerbaixán, Max Verstappen saíu da pista e por pouco non bateu co muro, para delirio da masa laranxa que enchía o Circuíto de Spielberg.
Clasificación
editarCualificación
editarPos. | Nº. | Piloto | Construtor | Tempos cualificación | Grella Final | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Q1 | Q2 | Q3 | |||||
1 | 77 | Valtteri Bottas | Mercedes | 1:05.760 | 1:04.316 | 1:04.251 | 1 |
2 | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 1:05.585 | 1:04.772 | 1:04.293 | 2 |
3 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:05.064 | 1:04.800 | 1:04.424 | 8[1] |
4 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 1:05.148 | 1:05.004 | 1:04.779 | 3 |
5 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull Racing-TAG Heuer | 1:05.854 | 1:05.161 | 1:04.896 | 4 |
6 | 33 | Max Verstappen | Red Bull Racing-TAG Heuer | 1:05.779 | 1:04.948 | 1:04.983 | 5 |
7 | 8 | Romain Grosjean | Haas-Ferrari | 1:05.902 | 1:05.319 | 1:05.480 | 6 |
8 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 1:05.975 | 1:05.435 | 1:05.605 | 7 |
9 | 31 | Esteban Ocon | Force India-Mercedes | 1:06.033 | 1:05.550 | 1:05.674 | 9 |
10 | 55 | Carlos Sainz | Toro Rosso | 1:05.675 | 1:05.544 | 1:05.726 | 10 |
11 | 27 | Nico Hülkenberg | Renault | 1:06.174 | 1:05.597 | 11 | |
12 | 14 | Fernando Alonso | McLaren-Honda | 1:06.158 | 1:05.602 | 12 | |
13 | 2 | Stoffel Vandoorne | McLaren-Honda | 1:06.316 | 1:05.741 | 13 | |
14 | 26 | Daniil Kvyat | Toro Rosso | 1:05.990 | 1:05.884 | 14 | |
15 | 20 | Kevin Magnussen | Haas-Ferrari | 1:06.143 | sen tempo | 15 | |
16 | 30 | Jolyon Palmer | Renault | 1:06.345 | 16 | ||
17 | 19 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 1:06.534 | 17 | ||
18 | 18 | Lance Stroll | Williams-Mercedes | 1:06.608 | 18 | ||
19 | 9 | Marcus Ericsson | Sauber-Ferrari | 1:06.857 | 19 | ||
20 | 94 | Pascal Wehrlein | Sauber-Ferrari | 1:07.011 | 20 | ||
107% tempo límite: 1:09.618 | |||||||
Fonte:[2] |
Carreira
editarPos. | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 77 | Valtteri Bottas | Mercedes | 71 | 1:21:48.523 | 1 | 25 |
2 | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 71 | +0.658 | 2 | 18 |
3 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull Racing-TAG Heuer | 71 | +6.012 | 4 | 15 |
4 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 71 | +7.430 | 8 | 12 |
5 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 71 | +20.730 | 3 | 10 |
6 | 8 | Romain Grosjean | Haas-Ferrari | 71 | +1:13.160 | 6 | 8 |
7 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 70 | +1 volta | 7 | 6 |
8 | 31 | Esteban Ocon | Force India-Mercedes | 70 | +1 volta | 9 | 4 |
9 | 19 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 70 | +1 volta | 17 | 2 |
10 | 18 | Lance Stroll | Williams-Mercedes | 70 | +1 volta | 18 | 1 |
11 | 30 | Jolyon Palmer | Renault | 70 | +1 volta | 16 | |
12 | 2 | Stoffel Vandoorne | McLaren-Honda | 70 | +1 volta | 13 | |
13 | 27 | Nico Hülkenberg | Renault | 70 | +1 volta | 11 | |
14 | 94 | Pascal Wehrlein | Sauber-Ferrari | 70 | +1 volta | PL | |
15 | 9 | Marcus Ericsson | Sauber-Ferrari | 69 | +2 voltas | 19 | |
16 | 26 | Daniil Kvyat | Toro Rosso | 68 | +3 voltas | 14 | |
Ret | 55 | Carlos Sainz | Toro Rosso | 44 | Motor | 10 | |
Ret | 20 | Kevin Magnussen | Haas-Ferrari | 29 | Hidráulica | 15 | |
Ret | 14 | Fernando Alonso | McLaren-Honda | 1 | Accidente | 12 | |
Ret | 33 | Max Verstappen | Red Bull Racing-TAG Heuer | 0 | Accidente | 5 | |
Fonte: |
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
editar- ↑ Lewis Hamilton recibiu unha penalización de cinco postos na grella por un cambio da caixa de cambios non programado.
- ↑ "FORMULA 1 GROSSER PREIS VON ÖSTERREICH 2017 - QUALIFYING". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 8 de xullo de 2017. Consultado o 8 de xullo de 2017.
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Austria de 2017 |
- Official event website Arquivado 03 de xullo de 2016 en Wayback Machine.
Carreira anterior: Gran Premio de Acerbaixán de 2017 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2017 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Reino Unido de 2017 |
Carreira anterior: Gran Premio de Austria de 2016 |
Gran Premio de Austria | Carreira seguinte: Gran Premio de Austria de 2018 |