Gran Premio de México de 2017

O Gran Premio de México de 2017 (oficialmente coñecido como Gran Premio de Fórmula 1 de México de 2017)foi unha carreira de motor de Fórmula Un que se disputou o 29 de outubro de 2017 no Autódromo Hermanos Rodríguez en Cidade de México. A carreira foi a décimo novena carreira do Gran Premio de México, e a décimo sétima vez que a carreira disputouse como un evento do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en 1950.

Gran Premio de México de 2017
Detalles da carreira
Carreira 18 de 20 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2017.
Trazado do circuíto de Hermanos Rodríguez.
Trazado do circuíto de Hermanos Rodríguez.
Data 29 de outubro 2017
Nome oficial Gran Premio de México de Fórmula 1 de 2017
Localización Autódromo Hermanos Rodríguez, Cidade de México,México
Percorrido Percorrido permanente de carreira
4´304 km
Distancia 71 voltas, 305´584 km
Pole position
Piloto Alemaña Sebastian Vettel Ferrari
Tempo 1:16.488
Volta rápida
Piloto Alemaña Sebastian Vettel Ferrari
Tempo 1:18.785 na volta 68
Podio
Primeiro Países Baixos Max Verstappen Red Bull
Segundo Finlandia Valtteri Bottas Mercedes
Terceiro Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari

Informe editar

Cambio de pilotos editar

Pierre Gasly regresou a Scuderia Toro Rosso logo de perderse o Gran Premio dos Estados Unidos de 2017. Gasly substituíu a Daniil Kvyat, mentres que o equipo retivo a Brendon Hartley no seu segundo auto.[1]

Adestramento clasificatorio editar

Q1

Vantaxe para o dúo de Mercedes, sendo Hamilton o primeiro con 1m17s518, seguido de Bottas, a só 0s060 detrás do seu compañeiro de equipo. Líder da primeira sesión, Verstappen fechou terceiro co RBR, mentres o tetracampión Vettel foi o cuarto no Ferrari #5. Repetindo o bo desempeño dos adestramentos libres, Alonso fechou a Q1 nunha excelente quinta posición no cockpit de McLaren. Con problemas no coche, Gasly nin sequera saíu dos boxes, e saíu último co STR.

Eliminados: Pierre Gasly (STR), Romain Grosjean, Kevin Magnussen (ambos de Haas), Pascal Wehrlein e Marcus Ericsson (ambos de Ferrrari).

Q2

Por primeira vez na Q2, Hartley tivo que abandonar a segunda parte do adestramento por culpa dunha rotura do motor no STR. Na parte superior da clasificación, Verstappen pulverizou a marca da pista cunha volta en 1m16s524, colocando o RBR #33 na primeira posición. Na batalla polo título, Vettel foi o segundo, 0s346 detrás do holandés, con Hamilton na cola, terceiro. Nun fin de semana ruin, Williams non conseguiu colocar ningún dos pilotos na Q3, sendo Masa 11º e Stroll 12º. O dúo de McLaren nin sequera saíu dos boxes.

Eliminados: Stoffel Vandoorne, Fernando Alonso (ambos de McLaren), Brendon Hartley (STR), Lance Stroll e Felipe Massa (ambos de Williams).

Q3

Verstappen tratou de iniciar a última fase do adestramento dandoo todo: 1m16s574. Atrás del, Vettel con 1m16s833, seguido de Hamilton. O alemán de Ferrari, porén non quixo deixar pasar a oportunidade de saír por diante do seu rival inglés, e voou na última volta rápida para anotar a pole position en México con 1m16s488. O holandés de RBR mantivo o segundo posto, mentres o líder do campionato quedou terceiro. Na batalla interna de Renault, foi mellor Hulkenberg que fechou en oitavo, unha posición por diante do seu compañeiro de equipo Sainz, noveno.

 
Grella de saída

Carreira editar

A loita polo título de Hamilton comezou emocionante. Poucas curvas tras a saída, Max Verstappen conseguiu tomar o liderado a Sebastian Vettel tras un leve toque do piloto de Ferrari. Lewis tentou pasar o alemán, que non cedeu, e os dous tocáronse. Vettel rompeu o alerón dianteeiro, mentres o británico furou o pneumático traseiro. Os dous postulantes ao título entraron aos boxes e descenderon a última posición. Os incidentes foron considerados de carreira, non sendo necesaria ningunha investigación. Escenario perfecto para Verstappen, na dianteira da proba.

Tanto Vettel como Hamilton trocaron pneumáticos tras a parada nos boxes, mudando os ultrabrandos polos suaves, talvez indicando unha estratexia distinta. Na fronte, Bottas estaba segundo, seguido por Esteban Ocon, Nico Hülkenberg, Sergio Pérez e Felipe Masa. Daniel Ricciardo, que saíu 16º, xa estaba en oitavo tras tantas confusións. Cun forte ritmo de proba, Verstappen abría unha vantaxe cómoda con Bottas. En contrapartida, Ricciardo abandonaba a proba aínda no comezo. Masa tras un problema no seu pneumático e Sainz tamén entraban nos boxes para facer as súas respectivas paradas, colocando pneumáticos brandos. A gran sorpresa era a presenza de Marcus Ericsson no novenoposto.

Na volta 13, Masa vendeu caro a 15ª posición para Vettel, que pasouno tras case tocar no coche do brasileiro. O tetracampión se irritou e dixo que Felipe o intentara botar fóra da pista. Aínda así, conseguiu gañar a posición, mentres Hamilton continuaba no fondo do pelotón, no posto 19º e último. Instantes despois, Romain Grosjean sufría unha penalización de 5s por exceder os límites da pista. Mentres Verstappen lideraba, Vettel continuaba abrindo camiño colocanándose 13º tras pasar a Grosjean no fin da recta de boxes. Ata que, na volta 19, todo o público se levantou e, cos puños cerrados, lembrou as vítimas na traxedia ocorrida o último día 19 de setembro co terremoto en varias cidades ao redor do país. Sen dúbidas, o momento máis conmovedor de todo o domingo.

Ocon, que ía en terceiro lugar, entraba nos boxes para efectuar o seu troco de pneumáticos, co Force India colocando os pneumáticos brandos para ir ata o fin. Axiña, a proba tivo un dos momentos máis curiosos do ano: Hamilton foi dobrado por Verstappen. A última vez que ocorreu tal situación foi no Gran Premio de España de 2013, o último gañado por Fernando Alonso na F1. Lewis seguía na última posición e non conseguía pasar Sainz, o 18º. Mesmo coa falta de ritmo de Hamilton e Vettel escalando o pelotón, había só unha oportunidade para o alemán, terminar a proba polo menos en segundo lugar. No caso de que finalizase en terceiro, Lewis sería campión do mundo en México. Nico Hülkenberg, abandonaba a proba na volta 27 por culpa dun problema eléctrico no seu Renault. Finalmente, na volta seguinte, Hamilton conseguía pasar a Sainz e colocábase 18º. Moi lonxe de Vettel, que xa estaba décimo. Porén, cada vez máis preto do título, considerando que Vettel precisaba gañar aínda unha infinidade de posicións.

Na volta 32, outro motor Renault fallaba na fin de semana. Brendon Hartley ficaba novamente no camiño co seu Toro Rosso. Como parou nunha posición perigosa, a dirección de proba accionou o safety-car virtual, o que levou a todo o mundo a entrar en boxes. Hamilton resolveu trocar os brandos polos superbrandos. Vettel arriscou cos ultrabrandos. Restaban aínda 37 voltas para o fin da proba.

Verstappen continuaba liderando na fronte, con Bottas segundo e Räikkönen en terceiro. Vettel, a quen só interesaba terminar polo menos segundo, era oitavo, mentres Hamilton era 15º. Poucos adiantamentos entre os dous postulantes ao título a partir da volta 40. Vettel ocupaba a sétima posición, detrás do ídolo local Sergio Pérez. Hamilton viña tranquilo, no 13º lugar, só esperando o momento da consagración.

Na volta 51, Vettel pasaba a 'Checo' Pérez para tomar o sexto lugar, ficando detrás de Lance Stroll. Ocon, en cuarto, estaba moito máis á cabeza. O mexicano arriscou e entrou nos boxes para facer nova parada e colocar pneumáticos ultrabrandos para o seu stint final, mentres Hamilton xa era 12º, sen se arriscar, detrás do McLaren de Vandoorne e do Williams de Masa. Mais non demorou moito en entrar na zona de puntos facendo dous adiantamentos para subir ao décimo lugar. Vettel tamén abríase camiño e chegaba ao cuarto lugar na volta 58, con Räikkönen diante, 24s031 faltando 11 voltas para o fin. Ao ser informado por Ferrari sobre a diferenza co Ferrari, Vettel brincou: "Mamma mia!".

Nas voltas finais, Hamilton escoltaba a Alonso, noveno, e a Kevin Magnussen, oitavo. Lewis tentou pasar ao seu primeiro gran rival na F1. Foi un duelo emocionante entre dous dos grandes nomes da historia do deporte. O británico pasouno en carreira e colocouse noveno. Un brillo final nunha xornada con drama e emoción para confirmar o tetracampionato dúas voltas despois.

 
Resultado da carreira

Clasificación editar

Cualificación editar

Pos. Piloto Construtor Tempos de cualificación} Grella
Final
Q1 Q2 Q3
1 5   Sebastian Vettel Ferrari 1:17.665 1:16.870 1:16.488 1
2 33   Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 1:17.630 1:16.524 1:16.574 2
3 44   Lewis Hamilton Mercedes 1:17.518 1:17.035 1:16.934 3
4 77   Valtteri Bottas Mercedes 1:17.578 1:17.161 1:16.958 4
5 7   Kimi Räikkönen Ferrari 1:18.148 1:17.534 1:17.238 5
6 31   Esteban Ocon Force India-Mercedes 1:18.336 1:17.827 1:17.437 6
7 3   Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 1:18.208 1:17.631 1:17.447 16[2]
8 27   Nico Hülkenberg Renault 1:18.322 1:17.792 1:17.466 7
9 55   Carlos Sainz Renault 1:18.405 1:17.753 1:17.794 8
10 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:18.020 1:17.868 1:17.807 9
11 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 1:18.570 1:18.099 10
12 18   Lance Stroll Williams-Mercedes 1:18.902 1:19.159 11
13 28   Brendon Hartley Toro Rosso 1:18.683 sen tempo 17[3]
14 14   Fernando Alonso McLaren-Honda 1:17.710 no time 18[4]
15 2   Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 1:18.578 sen tempo 19[5]
16 9   Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:19.176 12
17 94   Pascal Wehrlein Sauber-Ferrari 1:19.333 13
18 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:19.443 14
19 8   Romain Grosjean Haas-Ferrari 1:19.473 15
107% tempo: 1:22.944
10   Pierre Gasly Toro Rosso sen tempo 20[6]
Fonte:[7]

Carreira editar

Pos. Piloto Construtor voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 33   Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 71 1:36:26.552 2 25
2 77   Valtteri Bottas Mercedes 71 +19.678 4 18
3 7   Kimi Räikkönen Ferrari 71 +54.007 5 15
4 5   Sebastian Vettel Ferrari 71 +1:10.078 1 12
5 31   Esteban Ocon Force India-Mercedes 70 +1 volta 6 10
6 18   Lance Stroll Williams-Mercedes 70 +1 volta 11 8
7 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 70 +1 volta 9 6
8 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 70 +1 volta 14 4
9 44   Lewis Hamilton Mercedes 70 +1 volta 3 2
10 14   Fernando Alonso McLaren-Honda 70 +1 volta 18 1
11 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 70 +1 volta 10
12 2   Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 70 +1 volta 19
13 10   Pierre Gasly Toro Rosso 70 +1 volta 20
14 94   Pascal Wehrlein Sauber-Ferrari 69 +2 voltas 13
15 8   Romain Grosjean Haas-Ferrari 69 +2 voltas 15
Ret 55   Carlos Sainz Renault 59 Motor 8
Ret 9   Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 55 Motor 12
Ret 28   Brendon Hartley Toro Rosso 30 Motor 17
Ret 27   Nico Hülkenberg Renault 24 Eléctrico 7
Ret 3   Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 5 Motor 16
Fonte:

Posicións logo da carreira editar

  • Texto en negra indica que Mercedes e Lewis hamilton son campións do mundo.

Notas editar

  1. "Hartley retained for Mexican Grand Prix". Speedcafe. 24 de outubro de 2017. Consultado o 25 de outubro de 2017. 
  2. Daniel Ricciardo recibiu unha penalización de 20 posicións na grella por exceder a súa cota de compoñentes da unidade de potencia.
  3. Brendon Hartley recibiu unha penalización de 20 postos na grella por exceder a súa cota de compoñentes da unidade de potencia.
  4. Fernando Alonso recibiu unha penalización de 20 postos na grella por exceder a súa cota de compoñentes da unidade de potencia.
  5. Stoffel Vandoorne recibiu unha penalización de 35 postos na grella por exceder a súa cota de compoñentes da unidade de potencia.
  6. Pierre Gasly non puido establecer un tempo dentro da norma do 107%, pero recibiu o permiso dos comisarios para comezar a carreira; tamén recibiu unha penalización na grella de 15 posicións por exceder a súa cota de compoñentes da unidade de potencia.
  7. "Formula 1 Gran Premio de México 2017 – Qualifying". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 28 October 2017. Consultado o 28 October 2017. 


Carreira anterior:
Gran Premio dos Estados Unidos de 2017
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2017
Carreira seguinte:
Gran Premio do Brasil de 2017
Carreira anterior:
Gran Premio de México de 2016
Gran Premio de México Carreira seguinte:
Gran Premio de México de 2018