Gran Premio de Las Vegas de 2024
O Gran Premio de Las Vegas de 2024 (coñecido oficialmente como Fórmula 1 Heineken Silver Las Vegas Grand Prix 2024) é unha carreira de motor de Fórmula 1 que celebrouse o 23 de novembro de 2024, no Circuíto urbano de Las Vegas en Paradise, Nevada, Estados Unidos. Foi a vixésimo segunda proba do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024. George Russell de Mercedes acadou a pole position para a carreira.
Tipo | carreira automobilística |
---|---|
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto urbano de Las Vegas 36°06′36″N 115°09′42″O / 36.11, -115.1618 |
País | Estados Unidos de América |
Intervalo de tempo | 21 de novembro de 2024 – 23 de novembro de 2024 |
Antecedentes
editarO evento celebrouse no Circuíto urbano de Las Vegas en Paradise, Nevada, por segunda vez na historia do circuíto, durante a fin de semana do 21 ao 23 de novembro.[1] O Gran Premio foi a vixésimo segunda proba do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024 e a segunda carreira do Gran Premio de Las Vegas.[2]
Clasificación do campionato antes da carreira
editarAntes do fin de semana, Max Verstappen lideraba o Campionato de Pilotos con 393 puntos, 62 puntos por diante de Lando Norris segundo e 86 por diante de Charles Leclerc en terceiro lugar. McLaren, con 593 puntos, entrou nesta rolda como líder do Campionato de Construtores con Ferrari e Red Bull Racing, segundo e terceiro con 557 e 544 puntos, respectivamente.[3]
Permutacións do campionato
editarO líder do Campionato de Pilotos Max Verstappen ten a oportunidade de conseguir o seu cuarto título consecutivo neste evento. Logo da conclusión do Gran Premio de Las Vegas, quedarían dúas carreiras no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024, sendo o Gran Premio de Qatar cunha carreira ao sprint, con 60 puntos en xogo nas dúas últimas roldas do Campionato de Pilotos. Lando Norris, polo tanto, tería que superar a Verstappen en polo menos tres puntos para ter unha oportunidade matemática de gañar o título.[4]
Pneumáticos dispoñibles
editar- Artigo principal: Pneumáticos de Fórmula 1.
O provedor de pneumáticos Pirelli levou os compostos de pneumáticos C3, C4 e C5 (os tres máis brandos da súa gama) designados como duro, medio e brando, respectivamente, para que os equipos os usaran no evento.[5]
Pneus para pista seca | Pneus para chuvia | |||
---|---|---|---|---|
Duros (Tipo C3) | Medios (Tipo C4) | Brandos (Tipo C5) | Intermedios |
Chuvia |
Práctica
editarRealizáronse tres sesións de adestramentos libres para o evento. A primeira sesión de adestramentos libres celebrouse o 21 de novembro de 2024 ás 18:30 hora local (UTC–8),[6] e encabezouna Lewis Hamilton de Mercedes por diante do seu compañeiro de equipo George Russell e Lando Norris de McLaren.[7] A segunda sesión de adestramentos libres celebrouse o mesmo día, ás 22:00 hora local, encabezouna Hamilton por diante de Norris e Russell.[8] A terceira sesión de adestramentos celebrouse o 22 de novembro de 2024, ás 18:30 hora local, encabezouna Russell por diante de Oscar Piastri de McLaren e Carlos Sainz de Ferrari.[9]
Clasificación
editarA Clasificación celebrouse o 22 de novembro de 2024 ás 22:00 hora local (UTC−8).[6]
Clasificación da cualificación
editarPos. | Nº | Piloto | Construtor | Tmpos cualificación | Grella | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Q1 | Q2 | Q3 | |||||
1 | 63 | George Russell | Mercedes | 1:33.186 | 1:32.779 | 1:32.312 | 1 |
2 | 55 | Carlos Sainz | Ferrari | 1:33.484 | 1:32.711 | 1:32.410 | 2 |
3 | 10 | Pierre Gasly | Alpine-Renault | 1:33.691 | 1:32.879 | 1:32.664 | 3 |
4 | 16 | Charles Leclerc | Ferrari | 1:33.446 | 1:33.016 | 1:32.783 | 4 |
5 | 1 | Max Verstappen | Red Bull Racing-Honda RBPT | 1:33.299 | 1:33.085 | 1:32.797 | 5 |
6 | 4 | Lando Norris | McLaren-Mercedes | 1:33.592 | 1:33.099 | 1:33.008 | 6 |
7 | 22 | Yuki Tsunoda | RB-Honda RBPT | 1:33.789 | 1:33.089 | 1:33.029 | 7 |
8 | 81 | Oscar Piastri | McLaren-Mercedes | 1:33.450 | 1:33.024 | 1:33.033 | 8 |
9 | 27 | Nico Hülkenberg | Haas-Ferrari | 1:33.920 | 1:33.114 | 1:33.062 | 9 |
10 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:33.225 | 1:32.567 | 1:48.106 | 10 |
11 | 31 | Esteban Ocon | Alpine-Renault | 1:33.968 | 1:33.221 | 11 | |
12 | 20 | Kevin Magnussen | Haas-Ferrari | 1:33.991 | 1:33.297 | 12 | |
13 | 24 | Guanyu Zhou | Kick Sauber-Ferrari | 1:34.079 | 1:33.566 | 13 | |
14 | 43 | Franco Colapinto | Williams-Mercedes | 1:33.746 | 1:33.749 | PL[10] | |
15 | 30 | Liam Lawson | RB-Honda RBPT | 1:34.087 | 1:34.257 | 14 | |
16 | 11 | Sergio Pérez | Red Bull Racing-Honda RBPT | 1:34.155 | 15 | ||
17 | 14 | Fernando Alonso | Aston Martin Aramco-Mercedes | 1:34.258 | 16 | ||
18 | 23 | Alexander Albon | Williams-Mercedes | 1:34.425 | 17 | ||
19 | 77 | Valtteri Bottas | Kick Sauber-Ferrari | 1:34.430 | 19[11] | ||
20 | 18 | Lance Stroll | Aston Martin Aramco-Mercedes | 1:34.484 | 18 | ||
107% tempo: 1:39.709 | |||||||
Fonte:[12][13] |
Carreira
editarA carreira celebrouse o 23 de novembro de 2024 ás 22:00 hora local (UTC−8) e disputouse durante 50 voltas.[6]
Clasificación da carrreira
editarPosicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
- Os competidores en negra e marcados cun asterisco son os Campións do Mundo de 2024.
Notas
editar
- Referencias
- ↑ "Las Vegas". StatsF1.com. Consultado o 3 de novembro de 2024.
- ↑ "Grands Prix Las Vegas". StatsF1.com. Consultado o 3 de novembro de 2024.
- ↑ "São Paulo 2024 – Championship". Stats F1. 3 de novembro de 2024. Consultado o 3 de novembro de 2024.
- ↑ https://www.skysports.com/f1/news/12433/13226671/f1-title-permutations-what-lando-norris-needs-to-do-to-overhaul-max-verstappen-for-2024-championship
- ↑ "All compounds on track to end the season". Pirelli.com. 31 de outubro de 2024. Consultado o 31 de outubro de 2024.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "Las Vegas Grand Prix 2024 – F1 Race". Formula 1. Consultado o 3 de novembro de 2024.
- ↑ "FP1: Hamilton leads Mercedes 1–2 during first practice in Las Vegas". Formula 1.com. 22 de novembro de 2024. Consultado o 22 de novembro de 2024.
- ↑ "FP2: Hamilton keeps Mercedes on top in second Las Vegas GP practice". Formula 1.com. 22 de novembro de 2024. Consultado o 22 de novembro de 2024.
- ↑ "FP3: Russell leads Piastri and Sainz in final Las Vegas GP practice". Formula 1.com. 23 de novembro de 2024. Consultado o 23 de novembro de 2024.
- ↑ Franco Colapinto clasificouse 14º, pero foi obrigado a comezar a carreira desde o pit lane xa que o seu coche modificouse en condicións de parque pechado e utilizáronse compoñentes adicionais da caixa de cambios.
- ↑ Valtteri Bottas recibiu unha penalización de cinco postos na grella por cambiar elementos da unidade de potencia do motor.
- ↑ "Formula 1 Heineken Silver Las Vegas Grand Prix 2024 – Qualifying". Formula 1. 22 de novembro de 2024. Consultado o 22 de novembro de 2024.
- ↑ 13,0 13,1 "Formula 1 Heineken Silver Las Vegas Grand Prix 2024 2023 – Starting Grid". Formula 1. 22 de novembro de 2024. Consultado o 22 de novembro de 2024.
- ↑ Inclúe un punto pola volta rápida
- ↑ "Formula 1 Heineken Silver Las Vegas Grand Prix 2024 – Race Result". Formula 1. 23 de novembro de 2024. Consultado o 23 de novembro de 2024.
- ↑ "Formula 1 Heineken Silver Las Vegas Grand Prix 2024 – Fastest Laps". Formula 1. 23 de novembro de 2024. Consultado o 23 de novembro de 2024.
- ↑ "Las Vegas 2024 – Result". Stats F1. Consultado o 24 de novembro de 2024.
- ↑ 18,0 18,1 "Las Vegas 2024 – Championship". Stats F1. 24 de novembro de 2024. Consultado o 24 de novembro de 2024.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Las Vegas de 2024 |
Bibliografía
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Carreira anterior: Gran Premio do Brasil de 2024 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2024 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Qatar de 2024 |
Carreira anterior: Gran Premio de Las Vegas de 2023 |
Gran Premio de Las Vegas | Carreira seguinte: Gran Premio de Las Vegas de 2025 |