Facebook

rede social de internet

Facebook é unha rede social de internet fundada o 4 de febreiro de 2004 por Mark Zuckerberg, estudante na Universidade Harvard.

Facebook



Editar o valor em Wikidata
TipoFotografía e vídeo
Fundación4 de febreiro de 2004 (20 anos)
Localización1 Hacker Way (aka 1601 Willow Creek)
Menlo Park, California, Estados Unidos
FundadorMark Zuckerberg
Eduardo Saverin
Andrew McCollum
Dustin Moskovitz
Chris Hughes
IndustriaInternet
ProdutosFacebook Messenger
Facebook Lite
Facebook Watch
Facebook Gameroom
Na rede
https://www.facebook.com, https://facebookwkhpilnemxj7asaniu7vnjjbiltxjqhye3mhbshg7kx5tfyd.onion e https://m.facebook.com
Twitter: FacebookApp Instagram: facebook Youtube: UCcr9tciZbuvJrEVAgIXCp8Q Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Mark Zuckerberg, creador de Facebook.
Sede de Facebook en Palo Alto (California).

Características editar

Nun primeiro momento o acceso estaba limitado aos propios alumnos da universidade pero progresivamente ampliouse a alumnos doutras universidades da Ivy League e posteriormente a calquera estudante universitario, dos institutos e na actualidade calquera persoa maior de 13 anos cunha conta de correo electrónico pode rexistrarse.

A mediados de 2007 publicáronse as versións en francés, alemán e castelán para impulsar a súa expansión fóra de Estados Unidos. Posteriormente traduciuse a outras linguas, como o galego. No ano 2011, Facebook contaba con 750 millóns de membros, e traducións a 70 idiomas.[1]

Historia editar

Zuckerberg escribiu o software para unha web chamada Facemash o 28 de outubro de 2003 durante o seu segundo ano en Harvard. Segundo The Harvard Crimson, o sitio era comparable a Hot or Not e usaba fotos compiladas de anuarios subidos á rede de nove facultades, colocando dúas delas unha a cada lado e os usuarios tiñan que escoller o individuo máis atractivo[2][3]. Para conseguilo Zuckerberg hackeou a rede informática protexida de Harvard e copiou imaxes privadas. Harvard non tiña un anuario común nesa época pero as diversas facultades tiñan anuarios de alumnos desde mediados da década de 1980. Facemash logrou 450 visitantes e 22.000 fotos vistas nas súas primeiras catro horas en funcionamento.[2][4] Aos poucos días a administración de Harvard eliminou a web e ameazou coa expulsión a Zuckerberg por violar dereitos de propiedade, a privacidade individual e por romper a seguridade da rede da universidade pero esta acabou retirando os cargos..[5] En xaneiro de 2004 Zuckerberg comezou a escribir o código para unha nova web, segundo declaracións súas inspirado nunha editorial de The Harvard Crimson sobre Facemash.[6] e o 4 de febreiro lanzou "Thefacebook", orixinalmente localizado en thefacebook.com.[7]

Seis días despois de lanzar a web, tres alumnos de Harvard (Cameron Winklevoss, Tyler Winklevoss e Divya Narendra) acusaron a Zuckerberg de intencionalmente facelos crer que lles axudaría a crear unha rede social de nome HarvardConnection.com e afirmaron que no canto usaron as súas ideas para construír un produto competidor.[8]

Ao comezo o acceso estaba limitado a estudantes de Harvard e ao mes máis da metade dos estudantes estaban rexistrados no servizo.[9] En marzo de 2004 permitiuse o rexistro os alumnos das universidades de Columbia, Stanford e Yale.[10], progresivamente abriuse a todas as universidades dos Estados Unidos e o Canadá [11][12]

No ano 2005 a compañía eliminou o the do seu nome logo de mercar o nome de dominio facebook.com por 200.000 dólares.[13] En setembro de 2005 fíxose unha versión para estudantes de secundaria [14] e Facebook permitiu o rexistro a empregados de certas compañías, incluíndo Apple Inc. e Microsoft.[15] e o 26 de setembro de 2006, Facebook permitía o acceso a calquera maior de 13 anos cun enderezo de correo electrónico válido.[16]

A finais de 2007, Facebook tiña 100.000 páxinas comerciais, que comezaron como páxinas de grupos pero que pasaron a denominarse páxinas de compañías.[17] O 24 de outubro de 2007, Microsoft anunciou que mercara o 1,6% de Facebook por 240 millóns de dólares, dándolle a Facebook un valor total de 15 mil millóns de dólares.[18] O paquete mercado por Microsoft incluía dereitos para colocar anuncios internacionais na rede social.[19] En outubro de 2008 Facebook anunciou que ía establecer a súa sede internacional na capital irlandesa, Dublín.[20]

En 2021 Frances Haugen revelou fallos no control de contido.[21][22][23]

Notas editar

  1. Facebook. "- Facebook llegó a los 500". LA RAZÓN.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2010. Consultado o 14 de outubro de 2010.  (en inglés)
  2. 2,0 2,1 Locke, Laura (17 de xullo de 2007). "The Future of Facebook". Time (New York). Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2010. Consultado o 13 de novembro de 2009. 
  3. Tabak, Alan J. (9 de febreiro de 2004). "Hundreds Register for New Facebook Website". Cambridge, MA: The Harvard Crimson. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2005. Consultado o 7 de novembro de 2008. 
  4. McGirt, Ellen (1 de maio de 2007). "Facebook's Mark Zuckerberg: Hacker. Dropout. CEO". Fast Company (New York). Consultado o 5 de novembro de 2009. 
  5. Kaplan, Katherine (19 de novembro de, 2003). The Harvard Crimson, ed. "Facemash Creator Survives Ad Board". Cambridge, MA. Consultado o 5 de febreiro de 2009. 
  6. Hoffman, Claire (28 de xuño de 2008). Rolling Stone, ed. "The Battle for Facebook". New York. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2008. Consultado o 5 de febreiro de 2009. 
  7. Seward, Zachary M. (25 de xullo de 2007). The Wall Street Journal, ed. "Judge Expresses Skepticism About Facebook Lawsuit". New York. Consultado o 30 de abril de 2008. 
  8. Carlson, Nicolas (March 5, 2010). Business Insider, ed. "In 2004, Mark Zuckerberg Broke Into A Facebook User's Private Email Account". New York. Consultado o 5 de marzo de 2010. 
  9. Phillips, Sarah (25 de xullo de 2007). The Guardian, ed. "A brief history of Facebook". London. Consultado o 7 de marzo de 2008. 
  10. Facebook, ed. (1 de xaneiro de 2007). "Company Timeline". Consultado o 5 de marzo de 2008. 
  11. Rosmarin, Rachel (11 de setembro de 2006). Forbes, ed. "Open Facebook". New York. Consultado o 13 de xuño de 2008. 
  12. Nguyen, Lananh (12 de abril de 2004). "Online network created by Harvard students flourishes". The Tufts Daily (Medford, MA). Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2013. Consultado o 21 de agosto de 2009. 
  13. Williams, Chris (1 de outubro de 2007). The Register, ed. "Facebook wins Manx battle for face-book.com". London. Consultado o 13 de xuño de 2008. |
  14. Dempsey, Laura (3 de agosto de 2006). Dayton Daily News, ed. "Facebook is the go-to Web site for students looking to hook up". Ohio. 
  15. Lacy, Sarah (12 de setembro de 2006). BusinessWeek, ed. "Facebook: Opening the Doors Wider". New York. Consultado o 9 de marzo de 2008. 
  16. Abram, Carolyn (26 de setembro de 2006). The Facebook Blog, ed. "Welcome to Facebook, everyone". Consultado o 8 de marzo de 2008. 
  17. Richmond, Riva (27 de novembro de 2007). "Enterprise: Facebook, a Marketer's Friend; Site Offers Platform To Tout Products, Interact With Users". The Wall Street Journal (New York). p. B4. 
  18. Microsoft, ed. (24 de outubro de 2007). "Facebook and Microsoft Expand Strategic Alliance". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2012. Consultado o 8 de novembro de 2007. 
  19. "Facebook Stock For Sale". BusinessWeek (Nova York). Consultado o 6 de agosto de 2008. 
  20. "Facebook to Establish International Headquarters in Dublin, Ireland". Facebook. 2 de outubro de 2008. Consultado o 30 de novembro de 2008. 
  21. Morrow, Allison. "Jaw-dropping moments in WSJ's bombshell Facebook investigation". CNN (en inglés). 
  22. Fernández, Marcus. "Desvélase a identidade da filtradora dos informes internos de Facebook". Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia. Consultado o 5 de outubro de 2021. 
  23. Duffy, Clare. "Facebook whistleblower revealed on '60 Minutes,' says the company prioritized profit over public good". CNN (en inglés). 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar