Gran Premio de Bahrain

(Redirección desde «Gran Premio de Bahrein»)

O Gran Premio de Bahrain (árabe: جائزة البحرين الكبرى), coñecido oficialmente como Gulf Air Bahrain Grand Prix por motivos de patrocinio, é unha carreira do campionato de Fórmula 1 en Bahrain.[1] A primeira carreira tivo lugar no Circuíto Internacional de Bahrain o 4 de abril de 2004. Fixo historia como o primeiro Gran Premio de Fórmula Un que se celebrou no Oriente Medio, e recibiu o premio ao "Mellor Gran Premio organizado" pola FIA.[2] A carreira foi no pasado a segunda, terceira ou cuarta carreira do calendario de Fórmula Un. Porén, na tempada de 2006, Bahrain trocou lugares coa tradicional carreira inaugural, o Gran Premio de Australia, que foi atrasado para evitar un enfrontamento cos Xogos da Commonwealth. En 2010, Bahrein protagonizou a carreira inaugural da tempada 2010 e os coches percorreron o "circuíto de resistencia" completo de 6.299 km. para celebrar o "xubileo de diamante" da F1. En 2021, o Gran Premio de Bahrain volveu ser o inicio da tempada porque o Gran Premio de Australia de 2021 foi cancelado debido á pandemia de COVID-19.

Bahrain Gran Premio de Bahrain
"Trazado actual" do 2004 ó 2009 e desde 2012
PatrocinadorGulf Air (desde 2004)
Lonxitude circuíto5.412
Distancia308´405
Anos2004-2010, 2012-presente
Nº Edición20º
Piloto máis vitorias Lewis Hamilton (5)
Construtor máis vitoriasItalia Ferrari (7)
Páxina webhttp://www.bahraingp.com
Texto final

Historia editar

Fíxo historia como o primeiro Gran Premio de Fórmula Un que se celebrou no Oriente Medio, e logrou o premio ó "Gran Premio mellor organizado" outorgado pola FIA.[2]

O Gran Premio de Bahain foi xeralmente a terceira carreira do calendario de Fórmula Un. Pero, na tempada 2006, Bahrain cambiou de lugar coa primeira carreira tradicional, o Gran Premio de Australia, que foi atrasado para evitar a coincidencia cos Xogos da Commonwealth. En 2010, Bahrain organizou a primeira carreira da tempada de Fórmula Un de 2010 e os coches a disputaron sobre o circuíto de 6´299 chamado "Endurance Circuit" para celebrar as "vodas de diamante" da F1.

O Gran Premio de 2011, que se celebraría o 13 de marzo, foi cancelado o 21 de febreiro debido as protestas de Bahrain de 2011,[3] logo das protestas dos pilotos incluíndo Damon Hill e Mark Webber.[4]

Os activistas de dereitos humanos pediron a cancelación da carreira de 2012. Debido ás denuncias de presuntas violacións de dereitos humanos cometidas polas autoridades de Bahrain. O persoal dos equipos tamén expresaron a súa preocupación pola seguridade, Pero a carreira, con todo, levouse a cabo como estaba previsto, o 22 de abril de 2012.

A carreira de 2014 levouse a cabo como unha carreira nocturna con luz artificial. Converteuse na segunda carreira nocturna da Fórmula Un logo do Gran Premio de Singapur, para conmemorar o décimo aniversario da primeira posta en escena do Gran Premio.[5] Foi gañado por Lewis Hamilton.

Logo dos tests de febreiro de Fórmula Un de 2014, os organizadores do Gran Premio de Bahrain anunciaron a decisión de nomear á icónica primeira curva do circuíto co nome do ex sete veces campión do mundo, o piloto alemán Michael Schumacher en honor aos seus logros e tamén para apoialo despois de que o piloto sufrira un accidente de esquí case fatal a finais de decembro de 2013.[6]

A carreira de 2015 tamén disputouse como unha carreira nocturna con luz artificial e foi gañadapor Lewis Hamilton conMercedes.

A construción do Circuíto Internacional de Bahrain en Sakhir iniciouse en 2002 cun alto interese nacional sobre o proxecto, xa que vese como o futuro para a próxima xeración de corredores de Bahrain. Cando finalizou a construción, o circuíto converteuse no centro dos deportes de motor no Pérsico, no que disputaronse moitas outras carreiras, como carreiras de resistencia, carreiras de GT, carriras de Fórmula 3 e a serie V8 Supercar australiana.[7]

A primeira carreira foi en 2004. A carreira foi gañada polo piloto alemán Michael Schumacher para Ferrari. Fernando Alonso gañou o segundo Gran Premio de Bahrain con Renault en 2005, e logo converteuse no primeiro en repetir vitoria na carreira de Oriente Medio en 2006 (de novo con Renault), logo dunha carreira emocionante e cunha longa batalla con Michael Schumacher. En 2007 e 2008, o brasileiro Felipe Massa gañou a carreira con Ferrari. 2009 viu a vitoria de Jenson Button con Brawn GP. Logo do seu triunfo en 2010. Alonso converteuse no primeiro ganador en tres ocasións.

A carreira de 2010 viu unha nova configuración de circuíto utilizado para o Gran Premio. Utilizouse o deseño de "Endurance Circuit", que alarga a lonxitude de volta a 6´299 km..[8] A pista volveu ao seu deseño orixinal para a carreira de 2011,[9] e tamén fíxoo para a carreira de 2012.[10]

2011 cancelación editar

Artigo principal: Gran Premio de Bahrain de 2011.

O 21 de febreiro de 2011, anunciouse que o Gran Premio de Bahrain de 2011 programado para o 13 de marzo fora cancelado debido ás protestas de Bahrain de 2011.[3][11] O 3 de xuño, a FIA decidiu reprogramar a carreira para o 30 de outubro. O piloto campión do mundo Damon Hill, solicitou á Fórmula Un non volver a programar dicindo que se a carreira seguía adiante "imos ter sempre o sambenito de vernos asociados ao uso de métodos represivos para lograr a orde".[12] e Bernie Ecclestone díxolle á BBC nunha entrevista: "Esperemos que haberá paz e tranquilidade e poderemos volver no futuro, pero por suposto que non está no calendario non se pode reprogramar sen o acordo dos participantes, son os feitos."[13] Unha semana logo da súa decisión de reprogramar a carreira, a Fórmula Un anunciou a cancelación da carreira de 2011.[4]

2012 controversia editar

Artigo principal: Gran Premio de Bahrain de 2012.

Activistas de dereitos humanos pediron a cancelación do Gran Premio de Bahrain de 2012, que tivo lugar o 22 de abril, debido a informes sobre o uso continuo de forza excesiva polas autoridades e o uso da tortura durante as detencións.[14][15][16] O 9 de abril de 2012, The Guardian informou que segundo declarara un destacado membro non identificado dun dos equipos, "os equipos de Fórmula Un queren que os organizadores do deporte cancelen, ou polo menos pospoñan, o Gran Premio de Bahrain ..., debido ás crecentes preocupacións de seguridade no medio das protestas en curso no reino ... Séntome moi incómodo por ir a Bahrain. Se son brutalmente franco, o único xeito que poden desenvolver esta carreira sen incidentes é ter un bloqueo militar total. E creo que iso sería inaceptable, tanto para a F1 como para Bahrain. Pero eu non vexo ningunha outro xeito de poder facelo"..[17]

Nese contexto, Anonymous lanzou o 21 de abril de 2012, a operación opBahrain, ameazando aos representantes da Fórmula 1 cun ciberataque no caso de que seguir co Gran Premio de Bahrain. Horas máis tarde, os hackers de Anonymous atacaron a páxina web f1-racers.net. [18]

O Gran Premio de 2012 volveu utilizar a configuración de circuíto de 15 curvas utilizado por última vez en 2009, en lugar da configuración de resistencia do circuíto utilizado en 2010.

Aprazamento de 2020 editar

En resposta á pandemia de COVID-19, os organizadores do evento anunciaron que ningún espectador estaría autorizado a asistir á carreira que debía ter lugar o 22 de marzo.[19] Non obstante, quince días antes de que tivese lugar a carreira, a carreira foi aprazada indefinidamente.[20] A carreira foi reprogramada para o 29 de novembro e foi un dos dous eventos celebrados ao redor do Circuíto Internacional de Bahrain durante dous fins de semana, coa segunda carreira tivo lugar no trazado exterior e recibiu o nome de Gran Premio de Sakhir.

Queixa legal polo contrato de Bahrain editar

O 27 de outubro de 2022, a F1 recibiu unha denuncia legal de que fixo a vista gorda ante as violacións dos dereitos humanos cando anunciou en febreiro que o GP de Bahrain permanecerá no calendario ata 2036. A denuncia, feita a través do Punto de Contacto Nacional do Reino Unido (NCP) do goberno británico, foi atendida polo Instituto de Bahrain para os Dereitos e a Democracia (Bird) e dous supostos superviventes de torturas de Bahrain, Najah Yusuf. e Hajer Mansoor.[21]

Gañadores do Gran Premio de Bahrain editar

Ano Piloto gañador Equipo gañador Data Resultados
2004   Michael Schumacher Ferrari 4 de abril de 2004 Resultados
2005   Fernando Alonso Renault 3 de abril de 2005 Resultados
2006   Fernando Alonso Renault 12 de marzo de 2006 Resultados
2007   Felipe Massa Ferrari 15 de abril de 2007 Resultados
2008   Felipe Massa Ferrari 6 de abril de 2008 Resultados
2009   Jenson Button Brawn-Mercedes 26 de abril de 2009 Resultados
2010   Fernando Alonso Ferrari 14 de marzo de 2010 Resultados
2011 cancelado
2012   Sebastian Vettel Red Bull-Renault 22 de abril de 2012 Resultados
2013   Sebastian Vettel Red Bull-Renault 21 de abril de 2013 Resultados
2014   Lewis Hamilton Mercedes 6 de abril de 2014 Resultados
2015   Lewis Hamilton Mercedes 19 de abril de 2015 Resultados
2016   Nico Rosberg Mercedes 3 de abril de 2016 Resultados
2017   Sebastian Vettel Ferrari 15 de abril de 2017 Resultados
2018   Sebastian Vettel Ferrari 8 de abril de 2018 Resultados
2019   Lewis Hamilton Mercedes 31 de marzo de 2019 Resultados
2020   Lewis Hamilton Mercedes 29 de novembro de 2020 Resultados
2021   Lewis Hamilton Mercedes 28 de marzo de 2021 Resultados
2022   Charles Leclerc Mercedes 20 de marzo de 2022 Resultados
2023   Max Verstappen Red Bull-Honda RBPT 5 de marzo de 2023 Resultados
2024   Max Verstappen Red Bull-Honda RBPT 2 de marzo de 2024 Resultados

Marcas do Gran Premio de Bahrain editar

Notas editar

  1. Grandprix.com. "Gulf Air to sponsor Bahrain Grand Prix". www.grandprix.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2021. Consultado o 2021-05-05. 
  2. 2,0 2,1 Huda Al Shamlan (29 de marzo de 2012). "Formula One Comes Back". Bahrain News Agency. Arquivado dende o orixinal o 8 de abril de 2018. Consultado o 20 de abril de 2012.  Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome "BNA501343" está definido varias veces con contidos diferentes
  3. 3,0 3,1 "Bahrain Grand Prix called off due to protests", bbc.co.uk, 21 de febreiro de 2011. Retrieved 21 de febreiro de 2011.
  4. 4,0 4,1 "Bahrain's Crash Course; Formula One drivers for democracy", 9 de xuño de 2011, The Wall Street Journal.
  5. Benson, Andrew (2013-11-29). "Bahrain F1 Grand Prix to become night race in 2014". BBC Sport. Consultado o 2013-11-30. 
  6. "Michael Schumacher has Bahrain corner named in his honour". BBC. 2 de febreiro de 2014. Consultado o 2 de febreiro de 2014. 
  7. "Bahrain Grand Prix: in pictures". The Telegraph. 2011. Consultado o 2012-04-20. 
  8. Noble, Jonathan (2010-01-25). "Bahrain unveils new layout for F1 race". autosport.com (Haymarket Publications). Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2010. Consultado o 2010-01-25. 
  9. "Sakhir reverts to old layout for 2011 Bahrain Grand Prix | Formula 1 | Formula 1 news, live F1 | ESPN F1". En.espnf1.com. 2010-08-16. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2013. Consultado o 2012-03-05. 
  10. "Race Preview: 2012 Bahrain Grand Prix 20-22 de abril de 2012". FIA. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2012. Consultado o 2012-04-20. 
  11. Baldwin, Alan (3 de xuño de 2011). "Motor racing-Bahrain GP to go ahead this year - circuit chairman". Reuters. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2015. Consultado o 20 de abril de 2015. 
  12. Cary, Tom (2 de xuño de 2011). "Damon Hill calls on Bernie Ecclestone and Formula One to abandon Bahrain Grand Prix". The Daily Telegraph. 
  13. "Bahrain GP cannot go ahead - Bernie Ecclestone | Bahrain Grand Prix | Formula 1 news, live F1 | ESPN F1". En.espnf1.com. 8 de xuño de 2011. Consultado o 2012-03-05. 
  14. Lubbock, John; Rajab, Nabeel (30 de xaneiro de 2012). "Bahrain has failed to grasp reform – so why is the grand prix going ahead?". The Guardian. Consultado o 2012-04-20. 
  15. "Ecclestone insists on Bahrain GP despite human rights abuses". Al-Akhbar English. 12 de abril de 2012. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2015. Consultado o 2012-04-20. 
  16. "Bahrain: Grand Prix Decision Ignores Abuses. F1 Should Consider Rights Implications of Scheduled Race". Human Rights Watch. 14 de abril de 2012. Consultado o 2012-04-20. 
  17. Weaver, Paul; Black, Ian (9 de abril de 2012). "Formula One 2012. F1 teams want FIA to postpone Bahrain Grand Prix". The Guardian. Consultado o 2012-04-20. 
  18. Protalinski, Emil (21 de abril de 2012). "Anonymous hacks Formula 1". ZDNet. Consultado o 22 de abril de 2012. 
  19. Chapman, Simon (8 de marzo de 2020). "No spectators for Bahrain Grand Prix". Speedcafe. Arquivado dende o orixinal o 1 de marzo de 2021. Consultado o 12 de marzo de 2020. 
  20. "Bahrain and Vietnam Grands Prix postponed". www.formula1.com (en inglés). 13 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2020. Consultado o 13 de marzo de 2020. 
  21. Richards, Giles (27 de outubro de 2022). "F1 faces legal challenge over Bahrain contract and sportswashing". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2022. Consultado o 27 de outubro de 2022. 

Ligazóns externas editar

Coordenadas: 26°01′55″N 50°30′47″L / 26.032, 50.513