Spark-Renault SRT 01E
Información | |
---|---|
Fabricante | Dallara Spark Racing Technology |
Deseñador | Frédéric Vasseur |
Produción | |
Predecesor | |
Sucesor | ningún |
Longo | 5.000 mm |
Largo | 1.800 mm |
Alto | 1.250 mm |
Peso | 898 Kg. mínimo (con piloto) |
Chasis | Monocasco de fibra de carbono e aluminio |
Suspensión | Pushrod, amortecedores dobres con barra de torsión (adiante) Spring (atrás) |
Motor | McLaren Electronic Systems MGU |
Potencia | 200 KW |
Transmisión | Hewland secuencial de cinco velocidades |
Tracción | |
Freos | Dous sistemas hidráulicos de material libre |
Prestacións | |
Pneumáticos | Michelin |
Debut | ePrix 2014 de Pequín |
Pilotos | 35 |
Carreiras | 11 |
Páxina oficial da Fórmula E |
O Spark-Renault SRT 01E é un monopraza eléctrico deseñado e construído especialmente para a tempada inaugural (2014-2015) da Fórmula E, competicón organizada pola Federación Internacional do Automóbil.
Desenvolvemento
editarO desenvolvemento do monopraza comezou en setembro do ano 2012. Lucas di Grassi foi nomeado como piloto de probas oficial, facendo unha demostración do prototipo, o Formulec EF01 (construído no 2010). O Formulec EF01 contaba cun chasis construído por Mercedes GP e motores fabricados por unha marca que non é de coches, Siemens. O coche empregouse no vídeo de promoción oficial e para demostracións en cidades de todo o mundo.
O 1 de novembro de 2012, annciouse que McLaren Electronic Systems sería provedor do motor eléctrico, da transmisión e dos sistemas electrónicos para a Fórmula E. A organización Fórmula E encargoulle 42 monoprazas a Spark Racing Technologies. Para cumprir con este pedido, Spark asociuse ao coñecido fabricante italiano, Dallara.
O 28 de marzo do 2013, Michelin foi nomeado como subministrador exclusivo de pneumáticos. O 15 de maio do mesmo ano tamén se anunciou que a fabricante de coches francesa, Renault sería un socio técnico de Spark Racing Technologies. A experiencia de Renault cos seus programas de Renault Z.E. (Cero Emisión) e Fórmula 1, sería aproveitada para beneficio da Fórmula E. Ese mesmo día, Fórmula E revelou o deseño do tan esperado Spark-Renault SRT 01E.
O deseño das baterías correu a cargo de Williams Advanced Engineering, parte do Grupo Williams ao cal a escudería WilliamsF1 tamén pertenence.