Gran Premio de Abu Zabi de 2013
O Gran Premio de Abu Zabi de 2013 (oficialmente o Etihad Airways Gran Premio de Abu Zabi de Fórmula 1 de 2013) foi a décimo sétima proba da tempada de 2013. Disputouse o 3 de novembro de 2013 no Circuíto de Yas Marina na Illa Yas, unha illa nos arredores de Abu Dabi nos Emiratos Árabes Unidos. Foi a quinta carreira do Gran Premio de Abu Zabi.
Nome oficial | 2013 Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Abu Zabi |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2013 |
Distancia do evento | 55 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Yas Marina 24°28′13″N 54°36′22″L / 24.470244, 54.606075 |
Lonxitude | 5,554 km |
País | Emiratos Árabes Unidos |
Data | 3 de novembro de 2013 |
Competición | |
Primeiro posto | Sebastian Vettel |
Pole position | Mark Webber |
Volta máis rápida | Fernando Alonso |
Informe
editarAntecedentes
editarEclipse solar parcial
editarDurante a carreira poderase observar unha eclipse solar parcial ( ver Eclipse solar do 3 de novembro de 2013) das 17:22 as 17:39 Hora local cando o sol poñerase.
Adestramentos libres
editarRomain Grosjean e Lewis Hamilton lideraron na primeira sesión de adestramentos[1].
O piloto de Red Bull Sebastian Vettel venceu a seu compañeiro de equipo Mark Webber por unha décima de segundo na segunda sesión de adestramentos.[2]
Durante a terceira sesión de adestramentos o piloto de Red Bull Sebastian Vettel terminou dúas décimas de segundo por diante de Mark Webber, que á súa vez era menos dunha centésima de segundo máis rápido que Lewis Hamilton de Mercedes.[3]
Eliminatorias
editarMark Webber logrou a pole position en Abu Dabi. O compañeiro de Webber en Red Bull, Sebastian Vettel clasificou en segundo lugar. Os pilotos de Mercedes Lewis Hamilton e Nico Rosberg clasificaron na segunda fila da grella. Fernando Alonso clasificou décimo primeiro.
Jules Bianchi foi penalizado antes do inicio da cualificación con cinco posicións na grella por un cambio de caixa de cambios non programado.[4]
Posteriormente á clasificación
editarKimi Räikkönen foi descualificado e relegado á vixésimo segunda posición da grella desde o quinto lugar conseguido orixinalmente na grella porque o chan do seu Lotus non pasou as probas de flexibilidade.[5][6]
Carreira
editarA carreira comezou con Sebastian Vettel no segundo posto da grella aínda que adiantou a Mark Webber na primeira curva e logo liderou ata a bandeira a cadros. Nico Rosberg acadou a segunda posición, mentres que Kimi Räikkönen que partía da última posición da grella rompeu a suspensión dianteira dereita despois de bater con Giedo van der Garde, retirándose da carreira. O alemá Nico Hülkenberg, durante a súa primeira parada en boxes considerouse que fixo unha saída pouco segura e foi penalizado cun drive through. Romain Grosjean, avanzou desde a sexta posición á cuarta posición logo da saída. Durante a primeira metade da carreira, Felipe Massa marchou por diante do seu compañeiro de equipo, Fernando Alonso, pero foi superado por Alonso nas últimas fases da carreira. Logo da segunda parada en boxes de Alonso, ao saír da rúa de boxes case bate con Jean-Eric Vergne, para esquivalo saíuse da pista de carreiras coas catro rodas nun movemento que foi investigado polos comisarios de carreira. Vettel gañou a carreira por 30´8s sobre Webber.
Logo da carreira
editarDurante a volta posterior a finalización Vettel realizou un donut (derrape en círculo), como o fixo logo da carreira anterior na India. Vettel non foi penalizado polos comisarios.[7][8]
Alonso foi enviado a revisión médica por precaución logo dun impacto nos pianos medido en 25g.[9]
Clasificación
editarCualificación
editarPos. | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Q3 | Grella |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | Mark Webber | Red Bull-Renault | 1:41.568 | 1:40.575 | 1:39.957 | 1 |
2 | 1 | Sebastian Vettel | Red Bull-Renault | 1:41.683 | 1:40.781 | 1:40.075 | 2 |
3 | 9 | Nico Rosberg | Mercedes | 1:41.420 | 1:40.473 | 1:40.419 | 3 |
4 | 10 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:40.693 | 1:40.477 | 1:40.501 | 4 |
5 | 7 | Kimi Räikkönen | Lotus-Renault | 1:41.276 | 1:40.971 | 1:40.542 | 22[10] |
6 | 11 | Nico Hülkenberg | Sauber-Ferrari | 1:41.631 | 1:40.931 | 1:40.576 | 5 |
7 | 8 | Romain Grosjean | Lotus-Renault | 1:41.447 | 1:40.948 | 1:40.997 | 6 |
8 | 4 | Felipe Massa | Ferrari | 1:41.254 | 1:40.989 | 1:41.015 | 7 |
9 | 6 | Sergio Pérez | McLaren-Mercedes | 1:41.687 | 1:40.812 | 1:41.068 | 8 |
10 | 19 | Daniel Ricciardo | Toro Rosso-Ferrari | 1:41.884 | 1:40.852 | 1:41.111 | 9 |
11 | 3 | Fernando Alonso | Ferrari | 1:41.397 | 1:41.093 | 10 | |
12 | 14 | Paul di Resta | Force India-Mercedes | 1:41.676 | 1:41.133 | 11 | |
13 | 5 | Jenson Button | McLaren-Mercedes | 1:41.817 | 1:41.200 | 12 | |
14 | 18 | Jean-Eric Vergne | Toro Rosso-Ferrari | 1:41.692 | 1:41.279 | 15 | |
15 | 16 | Pastor Maldonado | Williams-Renault | 1:41.365 | 1:41.395 | 14 | |
16 | 17 | Valtteri Bottas | Williams-Renault | 1:41.862 | 1:41.447 | 15 | |
17 | 12 | Esteban Gutiérrez | Sauber-Ferrari | 1:41.999 | 16 | ||
18 | 15 | Adrian Sutil | Force India-Mercedes | 1:42.051 | 17 | ||
19 | 21 | Giedo van der Garde | Caterham-Renault | 1:43.252 | 18 | ||
20 | 20 | Jules Bianchi | Marussia-Cosworth | 1:43.398 | 21[11] | ||
21 | 22 | Charles Pic | Caterham-Renault | 1:43.528 | 19 | ||
22 | 23 | Max Chilton | Marussia-Cosworth | 1:44.198 | 20 | ||
107% tempo: 1:47.741 | |||||||
Fonte:[12] |
Carreira
editarPosicións despois da carreira
editar
|
|
- Nota: Só os cinco primeiros postos están incluídos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
editar- ↑ "Grosjean fastest in Abu Dhabi first practice". Reuters. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2013. Consultado o 2 de novembro de 2013.
- ↑ "Normal service continues as Red Bull and Sebastian Vettel dominate Abu Dhabi second practice". Daily Mirror. Consultado o 2 de novembro de 2013.
- ↑ "Red Bull ahead of Mercedes as practice ends". New Straits Times. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2019. Consultado o 2 de novembro de 2013.
- ↑ "Qualifying - superb Webber beats Vettel to pole in Abu Dhabi". Formula1.com. Consultado o 2 de novembro de 2013.
- ↑ "Raikkonen’s car fails post-qualifying floor deflection test". Formula1.com. Consultado o 2 de novembro de 2013.
- ↑ "Kimi Raikkonen excluded from Abu Dhabi GP qualifying after Lotus car fails floor test". Sky Sports F1. Consultado o 2 de novembro de 2013.
- ↑ "Abu Dhabi GP: Sebastian Vettel unpunished after donut celebrations". Autosport. Consultado o 4 de novembro de 2013.
- ↑ "Vettel wie im Rausch, aber auch geschockt" (en alemán). Kicker.de. Consultado o 3 de novembro de 2013.
- ↑ "Formula 1 - Alonso had 'big hit' in Vergne moment". Eurosport. 3 de novembro de 2013. Consultado o 4 de novembro de 2013.
- ↑ Kimi Räikkönen clasificou quinto, pero foi descualificado porque o chan do seu Lotus non pasou as probas de flexibilidade
- ↑ Jules Bianchi 20º cualificado, foi penalizado con cinco lugares na grella por cambiar a caixa de cambios
- ↑ "2013 Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix Qualifiying Results". Formula1.com(Formula One Administration). 2 de novembro de 2013. Consultado o 2 de novembro de 2013.
- ↑ "2013 Abu Dhabi Grand Prix Race Results". Formula1.com. Consultado o 3 de novembro de 2013.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Abu Zabi de 2013 |
Carreira anterior: Gran Premio da India de 2013 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2013 |
Carreira seguinte: Gran Premio dos Estados Unidos de 2013 |
Carreira anterior: Gran Premio de Abu Zabi de 2012 |
Gran Premio de Abu Zabi | Carreira seguinte: Gran Premio de Abu Zabi de 2014 |