Eclipse solar

interposición da Lúa entre o Sol e a Terra

Unha eclipse solar ou eclipse de sol ocorre cando o Sol, a Lúa e a Terra están aliñados, coa Lúa no medio. Vista desde a Terra, a Lúa fica en fronte do sol, e así parte ou toda a luz do Sol é encuberta pola lúa.

Eclipse solar

Tipos de eclipses solares

editar
 
A eclipse anular

Hai catro tipos de eclipses solares:

A eclipse solar parcial
soamente unha parte do sol é ocultada polo disco lunar
A eclipse solar total
toda a luminosidade do Sol é escondida pola Lúa
A eclipse en anel ou eclipse anular
un anel da luminosidade solar pode ser vista ao redor da lúa (provocada polo feito da sombra da Lúa non estar atinxindo a superficie da Terra, o que pode acontecer se a Lúa estiver próxima do seu afelio. Isto é similar á ocorrencia do eclipse penumbral da lúa.
A eclipse híbrida
cando a curvatura da Terra fai que a eclipse sexa observada como anular nalgúns sitios e total noutros. A eclipse total é vista nos puntos da superficie terrestre que están ao longo do camiño da eclipse e están fisicamente máis próximos á Lúa, e poden, así, ser atinxidos pola sombra; outros lugares, menos próximos da Lúa debido á curvatura da Terra, caen na antumbra da Lúa, e observan unha eclipse anular.

O termo "eclipse" para a do sol non é exacto. O fenómeno é, estritamente, unha ocultación: unha "eclipse" acontece cando un corpo celeste pasa pola sombra producida por outro (como na eclipse de Lúa). Unha "ocultación" ten lugar cando un corpo pasa por diante doutro. Cando a Lúa pasa por diante de, ou oculta, o Sol, tal e como se ve desde a Terra, a Lúa tamén produce unha pequena sombra na Terra. Unha "ocultación" do Sol é, polo tanto, tamén unha "eclipse" parcial de Terra.

As eclipses solares poden acontecer apenas durante a fase de Lúa Nova, por ser o período en que a Lúa está posicionada entre a Terra e o Sol.

Causa e frecuencia das eclipses

editar
 
Gráfico explicativo dunha eclipse solar.

As eclipses do Sol acontecen cando a Lúa se aliña co Sol e a Terra, mais debido á orbita elíptica da Lúa, non sempre o Sol é totalmente cuberto pola Lúa.

Unha eclipse do Sol pode ser vista apenas nun punto da Terra, que se move debido á rotación da Terra e da traslación da Lúa. A distancia da Lúa en relación á Terra determina a cantidade de luz que é cuberta do Sol, ben como a anchura da penumbra e escuridade total (máis ou menos 100 quilómetros). Esa anchura estará no máximo se a Lúa aparece no perixeo, durante o cal a anchura pode atinxir até 270 km.

As eclipses totais do sol son eventos relativamente raros. Malia aconteceren nalgún lugar da Terra cada 18 meses, estímase que recaen (isto é, dúas veces) nun lugar dado apenas cada 300 ou 400 anos. Após un longo tempo esperando, a eclipse total do Sol dura apenas algúns minutos, dado que a sombra da Lúa se move cara ao leste a máis de 1700 km/h. A escuridade total non dura máis que 7 min 40 s. Cada milenio teñen lugar menos de 10 eclipses totais do Sol que superan máis de 7 min de duración. A última vez que iso aconteceu foi o 30 de xuño de 1973, e a próxima producirase o 25 de xuño de 2150. A eclipse total do sol máis longa durante un período total de 8.000 anos (entre 3000 a. C. e 5000) ocorrerá o 16 de xullo de 2186, cun tempo total de 7 minutos e 29 segundos.

Para os astrónomos, unha eclipse total do Sol é unha rara oportunidade de observar a coroa solar (a capa externa do Sol). Normalmente, a coroa solar non é visíbel a ollo nu debido ao feito de que a fotosfera é moito máis brillante do que a coroa solar.

Cálculo da data

editar

Sabendo o día e a hora dunha eclipse solar, pódense prever outras eclipses usando o ciclo de eclipses. Dous ciclos de eclipses ben coñecidos son os de Saros e o de Inex. O de Saros é probabelmente o máis coñecido. O ciclo Inex é por si mesmo un ciclo máis pobre, mais é bastante cómodo para a clasificación das eclipses solares. Após o termo dun ciclo de Saros, un novo Saros comeza un Inex despois (de aí o seu nome: in-ex).

Observación dunha eclipse solar

editar
 
Animación da eclipse solar que ocorreu o 22 de xullo de 2009.
Nunca olle directamente para o sol sen utilizar o equipamento de seguranza adecuado, mesmo durante unha eclipse, pois iso pode causar danos permanentes á súa retina, e afectar seriamente a visión!

A maneira mellor e máis segura de visualizar unha eclipse do sol, ou algún outro evento solar, é vía proxección indirecta. Isto pódese facer proxectando unha imaxe do sol sobre unha pantalla branca (que pode ser unha folla de papel ou cartón, o chan, ou unha parede) utilizando un par de binóculos normais, cunha das lentes cubertas, un telescopio, ou un pedazo de cartón cun furado pequeno feito cunha agulla dun milímetro de diámetro. A imaxe proxectada do Sol de calquera desas maneiras pode ser ollada sen problemas.

A pesar de non recomendarse, pódese observar directamente o sol utilizando equipamentos apropiados que dean garantía de seguranza. Pódense adquirir filtros para a observación solar, feitos especialmente, nalgúns planetarios e observatorios. Outra opción é o vidro afumado cun *degrau de opacidade de 14 ou máis, como os que se usan en soldadura. Tamén hai que utilizar filtros para protexer as cámaras.

Resulta perigoso observar a través de materiais "caseiros", como filmes fotográficos, os CD ou embalaxes de plástico metalizado, que non ofrecen ningunha protección contra a radiación ultravioleta, que é a que pode causar danos na retina. O maior perigo está no período de máxima escuridade, cando a falta de luz (catro veces menos do que o brillo dunha lúa chea) fai que a pupila se dilate e permita pasar máis luz. É o período en que a coroa solar se torna visíbel cando o seu brillo repentino pode causar danos irreversíbeis.

Eclipses na historia

editar

Unha eclipse dupla (solar e lunar) aconteceu 23 anos após a ascensión do Rei Shulgi da Babilonia. Aconteceu o 9 de maio (eclipse solar) e o 24 de maio (eclipse lunar) de 2138 a. C.. Porén, tal identificación é menos aceptada do que a eclipse de 763 a. C. A eclipse do 16 de xuño do 763 a. C., mencionada nun texto asirio, resulta fundamental para a cronoloxía do Oriente Próximo.

O 4 de xuño de 780 a. C. recolleuse unha eclipse solar na China.

Herodoto escribiu que Tales de Mileto predixo unha eclipse que tivo lugar durante a guerra entre os medos e os lidios. Os soldados dos dous bandos depuxeron as armas e declararon a paz. Non existe certeza sobre que eclipse foi, aínda que unha que ten bastantes probabilidades é a do 28 de maio de 585 a. C., posibelmente preto do río Halis, na Anatolia.

Herodoto menciona tamén unha eclipse anular do sol o 17 de febreiro do 478 a. C., cando Xerxes partía para a súa expedición contra Grecia, así como outra, observada en Esparta ao ano seguinte, o 1 de agosto.

Eclipses en Galicia

editar

Como en calquera outro lugar do planeta, en Galicia tamén se sucende as eclipses de Sol e de Lúa.

A modo de exemplo, véxase a Eclipse solar do 20 de marzo de 2015.

Outras circunstancias

editar

Eclipse solar causada pola Lúa simultánea a un tránsito dun planeta

editar

En principio, a ocorrencia simultánea dunha eclipse solar causada pola Lúa e o tránsito dun planeta (Mercurio ou Venus) é posíbel. Mais tales eventos son extremadamente raros. Estímase que o próximo evento deste tipo acontecerá o 5 de xullo de 6757, cunha eclipse solar e outra causada pola interferencia de Mercurio, e doutra eclipse solar dupla causada pola Lúa e por Venus o 15 de abril de 15232.

Apenas cinco horas após unha eclipse causada por Venus o 4 de xuño de 1769 houbo outra eclipse total do Sol, causada pola Lúa, que foi visíbel na América do Norte, Europa e o norte da Asia. O tempo entre as dúas eclipses é o menor dos rexistrados, entre dúas eclipses causadas unha pola Lúa e outra por un planeta.

Eclipses solares por satélites artificiais

editar

Os satélites artificiais pódense tamén aliñar entre a Terra e o Sol, nun instante dado da súa órbita. Porén, tales eventos son dificilmente notados, dada a pequena zona de escuridade creada polo satélite, que pasa en fronte do Sol nun segundo.

As eclipses solares máis longas entre o ano 0 e o 3000

editar

Eclipses totais do sol

editar
Data Duración
16 de xullo de 2186 7m29s
5 de xullo de 2168 7m26s
27 de xuño de 363 7m24s
27 de xullo de 2204 7m22s
8 de xullo de 381 7m22s
9 de xuño de 1062 7m20s
20 de xuño de 1080 7m18s
16 de xuño de 345 7m17s
3 de xuño de 699 7m16s
13 de xuño de 717 7m15s
1 de xuño de 132 7m14s
24 de xuño de 2150 7m14s
29 de maio de 1044 7m12s
25 de xuño de 2522 7m12s
12 de xuño de 150 7m12s
19 de xullo de 399 7m11s
3 de xullo de 2885 7m11s
14 de xuño de 2504 7m10s
23 de xuño de 2867 7m10s
23 de maio de 681 7m09s
20 de xuño de 1955 7m08s
8 de agosto de 2222 7m06s
22 de maio de 114 7m05s
1 de xullo de 1098 7m05s
8 de xuño de 1937 7m04s
30 de xuño de 1973 7m04s
5 de xullo de 2540 7m04s
16 de xullo de 2903 7m04s
6 de xuño de 327 7m03s
22 de xuño de 168 7m02s
25 de xuño de 735 7m02s
12 de xuño de 2849 7m00s

A eclipse solar de maior duración na fase de total escuridade nunha eclipse total do Sol no século XXI aconteceu o 22 de xullo de 2009, con 6m 39s.

Eclipses anulares do Sol

editar
Data Duración
7 de decembro de 150 12m24s
25 de novembro de 132 12m16s
17 de decembro de 168 12m15s
14 de decembro de 1955 12m09s
14 de xaneiro de 3080 12m09s
24 de xaneiro de 3098 12m05s
24 de decembro de 1973 12m03s
25 de decembro de 1628 12m02s
2 de decembro de 1937 12m00s

A eclipse solar anular de maior duración na fase anular dunha eclipse anular do Sol no século XXI aconteceu o 15 de xaneiro de 2010, con 11m08s. A eclipse anular do 3 de outubro de 2005 foi visíbel desde Galiza.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar