Observatorio
Un observatorio é unha localización empregada para a observación de acontecementos terrestres e/ou celestiais. A astroloxía, astronomía, climatoloxía/meteoroloxía, xeoloxía, oceanografía e vulcanoloxía son exemplos de disciplinas para as cales foron construídas observatorios. Historicamente os observatorios eran tan sinxelos coma un sextante (para medir a distancia entre estrelas) ou Stonehenge (que ten algunhas aliñacións cara fenómenos astronómicos).
Observadores astronómicos
editarObservatorios terrestres
editarEstes observatorios, localizados na superficie da Terra, empréganse para facer observacións nas porcións do espectro electromagnético da frecuencia de radio e da luz visible. A maioría dos telescopios ópticos están resgardados dentro dunha cúpula ou estrutura similar para protexer os delicados instrumentos dos elementos naturais. As cúpulas de telescopios conteñen unha comporta ou outra abertura no teito que pode abrirse para a observacións e pecharse cando o telescopio non está sendo empregado. Na maioría dos casos, a parte superior da cúpula pode rotar coa finalidade de permitir que o instrumento observe distintas seccións do ceo nocturno. Os radiotelescopios xeralmente non teñen cúpula.
Observatorios ópticos
editarNo tocante aos telescopios ópticos, a maioría dos emprazados no chan están localizados lonxe dos maiores centros de poboación para evitar os efectos da contaminación lumínica. As localizacións ideais para os telescopios modernos son sitios que teñen ceos escuros, unha alta porcentaxe de noites despexadas ao ano, aire seco e en altitudes elevadas. Nestas altas cotas a atmosfera terrestre é máis fina, polo que se minimizan os efectos de turbulencia atmosférica.
Un dos observatorios ópticos máis coñecidos é o de Cerro Paranal (na foto á esquerda), operado por European Southern Observatory (sigla en inglés: ESO; tradución ó galego: "Observatorio Europeo Austral") e situado a 2653 msnm no deserto de Atacama, 130 km preto de Antofagasta (Chile), en terreos doados polo goberno. Consta de catro telescopios de 8,2 m de diámetro (con nomes en mapuche [1]) que conforman o VLT (sigla de Very Large Telescope; tradución ó galego: "Telescopio Moi Grande") que poden ser coordinados mediante o interferómetro VLTI (Very Large Telescope Interferometer). O sistema está respaldado por outros catro telescopios auxiliares (AT) de 1,8 m, o VST de 2,5 m e o VISTA de 4 m. A axencia ESO posúe ademais os observatorios de Llanos de Chajnantor e de La Silla, ambos tamén en Chile.
Observatorios de radio
editarComezando nos anos trinta, os radiotelescopios teñen sido construídos no campo da radioastronomía. Tal instrumento, ou agrupamento deles, xunto con outras construcións adxuntas coma centros de control, centros de redución de información, e de mantemento, son chamados observatorios de radio. Os observatorios de radio están tamén localizados lonxe dos maiores núcleos de poboación para evitar as interferencias electromagnéticas da radio, televisión, radar... Pero a diferenza dos observatorios ópticos, os observatorios de radio son emprazados en vales para escudalos destas interferencias. Algúns dos maiores observatorios de radio son o Very Large Array, en Novo México, USA, Jodrell Bank no Reino Unido, Arecibo, Porto Rico e Parkes e Nova Gales do Sur, Australia.
Observatorios espaciais
editarOs observatorios espaciais son telescopios ou outros instrumentos localizados no espazo exterior, moitos en órbita ao redor da terra. Os observatorios espaciais poden ser empregados na observación astronómica de obxectos a lonxitudes de onda do espectro electromagnético que non poden penetrar na atmosfera terrestre, e son, polo tanto, imposibeis de observar empregando telescopios terrestres. A atmosfera terrestre é opaca ás radiacións ultravioleta, raios X, raios gamma e parcialmente opaca á infravermella, polo que as observacións nestas porcións do espectro electromagnético son mellor levadas a cabo por riba da atmosfera do noso planeta.
Notas
editar- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2009. Consultado o 08 de xuño de 2011.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Observatorio |