Contaminación luminosa

(Redirixido desde "Contaminación lumínica")

A contaminación luminosa é a emisión de fluxo luminoso de fontes artificiais nocturnas en intensidades, direccións ou rangos espectrais innecesarios para a realización das actividades previstas na zona en que se instalan as luces. Entre outros efectos, reduce a visibilidade da maioría das estrelas causando problemas ós observatorios astronómicos e perturbando algúns ecosistemas.

Cidade de México iluminado pola contaminación luminosa.
Os Ánxeles de noite, co ceo iluminado pola contaminación luminosa.

HistoriaEditar

Dende comezos dos anos 80 existen diferentes movementos organizados de xente preocupada por este problema e que intentan promover campañas de redución da contaminación luminosa. A IDE (International Dark-Sky Assotiation) foi fundada en 1988 [1]. A contaminación luminosa afecta ás zonas máis densamente poboadas pero incluso cantidades reducidas de contaminación luminosa poden causar problemas. Amais da contaminación luminosa existe tamén a contaminación do espectro de radio causada polo incremento das telecomunicacións.

A contaminación luminosa detéctase principalmente como o brillo ou resplandor de luz no ceo nocturno producido pola reflexión e a difusión da luz artificial nos gases e nas partículas do aire polo uso de luminarias ou excesos de iluminación, así como a intrusión de luz ou de determinadas lonxitudes de onda do espectro en lugares non desexados. Un claro exemplo desta contaminación é o resplandor que rodea ós aeroportos debido á grande cantidade de luz necesarias para alumar as súas instalacións en horario nocturno.

A redución da contaminación luminosa foi acometida nalgunhas cidades por medio da instalación de sistemas de iluminación nocturnos máis adecuados que difunden unha menor cantidade de luz cara ó ceo e permiten reducir custos de electricidade.

 
Ceo nocturno sobre o VLT do Observatorio austral europeo, en Cerro Paranal, Chile.

MediciónEditar

O brillo do firmamento nocturno mídese en mag/arcsec2.

O ceo máis escuro posíbel ten un valor máximo de arredor de 22 mag/arcsec2; unha noite de luar, arredor de 18 (40 veces máis luminoso); áreas densamente poboadas, de 17 (100 veces máis luminoso) e menos.

Téñase en conta que é unha medición dunha área diminuta do ceo, de xeito que a maior escuridade corresponderá normalmente co cénit e pode aumentar bastante conforme baixamos cara ao horizonte, e variar coa orientación.

MeteoGalicia dispón de 14 estacións meteorolóxicas con medición de brillo do ceo nocturno.[2]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar