Abrir o menú principal

Deserto de Atacama

deserto en Suramérica
Deserto de Atacama

O deserto de Atacama é o maior deserto de Suramérica. Con preto de 200 km² de extensión, está situado ao norte de Chile, na rexión de Atacama. Está considerado o deserto máis alto e máis seco do mundo, pois chega a botar décadas sen recibir choiva.

As temperaturas varían entre os 0 °C á noite e 40 °C durante o día. En función destas condicións existen poucas cidades e vilas nel. A máis importante é San Pedro de Atacama, que ten pouco máis de 3.000 habitantes e está a 2.400 metros de altitude. Moi illada, é o principal punto de encontro de viaxeiros do mundo enteiro, mochileiros, fotógrafos, astrónomos, científicos, investigadores ou aventureiros.

HistoriaEditar

Estivo primeiramente habitada polos atacameños, pobo da rexión que lle deu nome ao deserto, e mais polos aimarás. Ambos deixaron un legado arqueolóxico inestimábel, gardado en importantes museos, salientando o Museo de San Miguel de Azapa, localizado no Val de Azapa a case 12 km de Aripa, e o Museo del Padre Le Paige, en San Pedro de Atacama.

Hai importantes manifestacións de arte rupestre precolombiana, na rexión e é o berce dunha das maiores esculturas de figura humana feita na prehistoria, o Xigante de Atacama. Ao facermos incursións polas entrañas do deserto tamén podemos descubrir ruínas intactas como as vivendas circulares de Tulor que datan do 800 a.C, e as pukaras, fortalezas de defensa en Quitor e Lasana, alén do centro administrativo inca en Catarpe e Aripa.

Puntos turísticosEditar

O deserto componse de diferentes paisaxes, que son tamén os principais atractivos turísticos: o Valle de La Luna, o Valle de la Muerte, os géyseres, o Gran Salar, as termas de Puritama, as ruínas de Tulor, e os volcáns Licancabour e Lascar entre os máis coñecidos. Outro atractivo do deserto son as enigmáticas figuras marcadas no chan, algunhas delas con case 200 m de longo, que só poden ser identificadas a través de vista aérea. Son de orixe descoñecida.

Véxase taménEditar